sexta-feira, 24 de maio de 2013

Comunicado oficial dos Filloas de Sangue

Comunicado oficial dos Filloas de Sangue, chegado a esta redacción no día de hoxe, que reproducimos íntegro a continuación:

Con obxecto de loitar contra a normativa que obriga a presentar 6 palanadores nas finais, o que ao noso ver favorece ás superfranquicias da LNB e prexudica ás equipas máis auténticas, os Filloas de Sangue vímonos obrigados a realizar unha busca-express de palanadores sen ningún tipo de relación contractual para poder completar a nosa plantilla. Atopar xogadores que se puidesen encadrar na nosa filosofía foi complicado debido a que cada vez máis membros da LNB se están a definir como abstemios e veganos, o que consideramos unha auténtica desviación dos verdadeiros valores que definen a nosa equipa e o noso deporte.

Porén, durante o día de hoxe conseguimos chegar a bo porto con dúas fichaxes que combinan á perfección xuventude e veteranía, eixos que levamos por bandeira desde a nosa creación e que nos levaron a encher de títulos o noso palmarés. Durante a mañán retocamos os últimos flecos para anunciar a fichaxe de Cristian Puente, un dos palanadores máis explosivos do circuito, con quen xa tiveramos contactos de cara á próxima temporada nos últimos abertos da conferencia. Ademais, chegamos a un acordo cun palanador histórico, que xa formara parte de conxuntos míticos coma os Petapouco e a Ekipa-Safari e que actualmente non se atopaba vinculado a ningunha franquicia. Trátase de Tonho Randeeira, quen tras a reunión clandestina nun galpón de San Pedro de Visma, e unha vez superada a emoción do momento, dedicounos as súas primeiras palabras como membro-satélite da equipa, que incluímos no comunicado porque todos subscribimos: "Avante Filloas! En Marrozos, o sangue vai correr a eito!"

A Coruña, a venres 24 de maio de 2013

Filloas de Sangue

2 comentários:

Anónimo disse...

O ano pasado clasificandovos non fuchedes. Porque despois de 5 anos de existencia non conseguirades xogadores non temos que pagalo os demáis.

Anónimo disse...

Desde já e depois do emotivo primeiro parágrafo, atopamos umha fanquicia irmá em Filhoas de Sangue.

Desde a Faísca esperamos que o verdadeiro espíritu do nosso desporto siga adiante e proclamaremos a indecencia de actitudes tam cobardes coma a dos veganos e abstemios coma inimigas da LNB e do povo galego.

Esperamos brindar pola consecuçom dos nossos objectivos comúns nas finais de Marroços.


Nom pacerám, veganos fóra!