sexta-feira, 31 de março de 2017

9ª XORNADA




BILLARDA ALL-STAR 2017. PRAIA DE LAXE

DESDE A CONFERENCIA NOROESTE QUEREMOS AGRADECER A GRANDE PARTICIPACIÓN NESTA XORNADA ASÍ COMO O TRABALLO DA XENTE QUE COLABOROU NA ORGANIZACIÓN E NO SEU DESENVOLVEMENTO NESTE DÍA.

Foto de Eduardo Garcia Santiago.


PARTICIPACIÓN 61 ABERTO DAS ESTRELAS

42 CONCURSO DE TRIPLAS


CONCURSO DE TRIPLAS

COLLAZO CONFERENCIA NOROESTE
XAN CONFERENCIA RÍAS BAIXAS
CARLIÑOS CONFERENCIA NOROESTE


ABERTO DAS ESTRELAS

IVÁN CONFERENCIA NOROESTE
LITO CONFERENCIA RÍAS BAIXAS
SALVA CONFERENCIA RÍAS BAIXAS

TROFEO CONFERENCIA
CONFERENCIA RÍAS BAIXAS


VIDEO DA ENTREGA DE PREMIOS
https://www.facebook.com/xosemiguel.perezblecua/videos/10211059109107010/

RESULTADOS NO GALICIA EN GOLES
https://drive.google.com/file/d/0BzMHlQf3DO3wV2ZZdUc2VnlWcU0/view

TES MAIS INFORMACIÓN SOBRE TODO O QUE PASOU NESTA XORNADA NOS BLOGUES TODOLNB E O VARAL E TAMÉN NO FACEBOOK https://www.facebook.com/billarda.lnbnoroeste

http://todolnb.blogspot.com.es/2017/03/all-stars-2017_23.html

http://ovaral.blogspot.com.es/2017/03/billarda-all-stars2017-un-feixe-de-anos.html

http://ovaral.blogspot.com.es/2017/03/da-zapateira-laxe-lnb-tensa-o-adival-da.html

quinta-feira, 9 de março de 2017

BILLARDA ALL-STAR 2017. PRAIA DE LAXE

UN MAR DE BILLARDAS!


Golpean co palán e brincan as billardas aos ríos e ao mar.
 
As billardas de Billardeiros Musicais dende a ría comezan a percorrer o mar Cantábrico coas de Troitas Bravas que baixaron polo río Eo,  xuntándose coas de Remourelle Bulls e tamén coas da Ekipa Bítere que descenderon polo río Masma. As de Polka Miseria percorren o río Azúmara uníndose ás de Carabullo ata o río Miño e descendendo por este xúntanse coas de Chaínzos/Cadaval que viñeron polo río Lea e coas de Billarda Verde que baixaron polo río Chamoso, percorrendo todas o río Miño ata a súa desembocadura.

Dende a ría da Coruña as billardas de Filloas de Sangue e as de Zumbapaus percorren o mar Atlántico xuntándose coas de Croa do Castro-Cerqueda. As de Vimianzo percorren o río Grande. As de Billarda Campo da Feira-Paiosaco xúntanse coas de APB Santa Marta e descenden o río Anllóns. As de Cochikeiros da Billarda percorren río Lengüelle ata o río Tambre e polo que baixan as de Furabolos descendendo xuntas ata a ría de Muros e Noia.

Bótanse ao mar nas Rías Baixas as billardas de Valpaços-Terra Quente e van cara a ría de Pontevedra xuntándose coas de Corredoiras, as de Gharaboto, as de Rinoceronte, as de Armandiña, as de Andarela e as de Lúa de Forza. Seguindo cara a ría de Arousa únense ás de Laxe de Rons e ás de Casilledín que baixaron polo río Umia.

Percorren todas a costa galega, xúntanse na Costa da Morte e fronte á praia de Laxe forman un “mar de billardas”.



LNB-10 ANOS DE ACTIVIDADE E HIPERENXEBRISMO.

Este sábado 11 ás 6 da tarde no local municipal, sito na rúa Valle Inclán (detras da casa do concello), presentaremos o Billarda All-Star 2017 e falaremos do xogo-deporte da billarda e da historia da LNB-Liga Nacional de Billarda. Tamén poderás ver a exposición itinerante de carteis "LNB-10 anos de actividade e hiperenxebrismo".






PON A CAMISOLA DA LNB E PARTICIPA! 

Participar na Liga Nacional de Billarda e no All-Star Praia de Laxe é aberto, gratuíto e sen límites de idade. Só tes que achegarte e se traes o teu palán e billarda mellor, senón pretámosche nós o material para xogar. 



PARA O XANTAR É IMPRESCINDIBLE ANOTARSE NO TLF. 658596765 ANTES DO MÉRCORES 15.