domingo, 13 de março de 2011

Cerceda, epicentro mundial da billarda!

Palanadores e panaladoras, billardeiras e billardeiros, o sábado 26 de marzo non fagades plans porque Cerceda se prepara para ser sede dun dos maiores acontecementos da historia da nosa conferencia!
Na rúa do Centro de Saúde, en pleno centro da vila, desputarase unha nova xornada da nosa liga. Mais isto non é todo, xa que queremos celebrar como se merece que un novo concello se une ao tren da LNB. Tras o aberto, programado para as 12 h, celebraremos un xantar de confraternización coa xente da Asociación Cultural Lucerna, que está a organizar o evento, así como con palanadores das outras conferencias que se achegarán a Cerceda en tan sinalada data. O lugar escollido é a de Primo, e o prezo será de 10 €.
Pronto teremos o cartaz no que se recollerán todos os acontecementos do día, mais adiantamos que pola tarde-noite está programada unha festa na Taberna da vila con pinchadas de música galega.
Aínda que esta semana colgaremos mapas e máis información, podedes ir confirmando asistencia ao xantar da I Festa da Billarda de Cerceda enviando un correo a lnbnoroeste@gmail.com ou chamando a un destes teléfonos de contacto: 679908773 ou 658847377

segunda-feira, 28 de fevereiro de 2011

Clasificacións da 5º Xornada.

Individual

Xan (Bateas) 10
Geni (Roteiros) 8
Xosé Rodiño (Bateas) 6
Ivan (Bateas) 6
Lois (Filloas) 4
Luis (Bateas) 4
Daniel (Roteiros) 4
Roi (Filloas)4
Cristian Castro (Franquicia Branca) 2
Reyes (Roteiros) 2
Franco (Roteiros) 2
David (Filloas) 2
Maceira (Xarutos) 2
Serxio (Xarutos) 2
Isa (Roteiros) 2
Mari Carmen (Franquicia Branca) 2
Xosé Moris (Filloas) 1
Maika (Bateas) 1
Leti (Xarutos) 1
Juan (Xarutos) 1
Alberto (Xarutos) 1
Carola (Filloas) 1

Equipas

Bateas 26
Roteiros 14
Filloas de Sangue 11
Xarutos 6

Feminina

Geni (Roteiros) 8
Reyes (Roteiros) 2
Isa (Roteiros) 2
Mari Carmen (Franquicia Branca) 2
Maika (Bateas) 1
Leti (Xarutos) 1
Carola (Filloas) 1


Coma case sempre na pista da Sardiñeira, e na nosa conferencia non houbo ningún varado nesta xornada.

Xeral

Despois de desputar xa a metade das xornadas da nosa conferencia parece que Xan de Bateas xa ten máis de media liga no peto, conseguiu gañar en catro das cinco xornadas desputadas ata o momento, e o segundo clasificado, Roi de Filloas, xa está a 20 puntos, en cambio pode haber moita loita polo segundo posto, que podería ser importante de cara a Conxo, para ter mellores cruces, xa que Serxio de Xarutos e Lois de Filloas están a tan só dous puntos de Roi, con 22.

Individual

Xan (Bateas) 44
Roi (Filloas) 24
Serxio (Xarutos) 22
Lois (Filloas) 22
Luis (Bateas) 18
Xose Rodiño (Bateas) 17
David (Filloas) 16
Toño (Bateas) 14
Xosé (O Pino) 10
Maceira (Xarutos) 9
Basilio (O Pino) 8
Geni (Roteiros) 8
Ivan (Bateas) 8
Cristian (Xarutos) 7
Xosé (Filloas de Sangue) 7
Xan (A Treu) 6
Leti (Xarutos) 5
Carola (Filloas de Sangue) 5
Alberto (Xarutos) 5
Marcos (Remourelle) 4
Martiño (Remourelle) 4
Jandro (Bateas) 4
Daniel (Roteiros) 4
Uxío (Xarutos) 3
Lijó (A Treu) 3
Anxo (Taravelas) 3
Davide (Xarutos) 3
Lucas (A Treu) 2
Román (Filloas de Sangue) 2
Isa (Roteiros) 2
Mari Carmen (Franquicia Branca) 2
Marcos (A Treu) 2
Suso (Remourelle) 2
Flores (Remourelle) 2
Ivan (O Pino) 2
Carmela (O Pino) 2
Begoña (O Pino) 2
Reyes (Roteiros) 2
Franco (Roteiros) 2
Xosé Antón (O Pino) 2
Cristian Castro (Franquicia Branca) 2
Juan (Xarutos) 2
Marica (Taravelas) 2
Maika (Bateas) 2
Sak (Filloas de Sangue) 1
Sheila (O Pino) 1
Wea (A Treu) 1
Davide (A Treu) 1
Cris (As invencibles) 1
Bea (As invencibles) 1
Alba (As invencibles) 1
Anka (Bateas) 1
Jorge (Taravelas) 1
Maika (Bateas) 1
Román (Filloas) 1
Santos (Franquicia Branca) 1
Lucas (A Treu) 1

Por equipas, Bateas cada vez consegue máis distancia na xeral, xa leva 30 sobre os Filloas de Sangue, ou o que é o mesmo, unha xornada perfecta, algo que estivo moi preto de conseguir Bateas nesta xornada, xa que meteu a 3 xogadores nas semifinais.


Equipas

Bateas 103
Filloas de Sangue 72
Xarutos 49
O Pino 22
A Treu 14
Roteiros 14
Remourelle Bulls 12
Taravelas 6
As Invencibles 3

Na feminina, a debutante Geni colócase coma lider cós seus oito puntazos conseguidos grazas a quedar segundo na xornada de onte.

Feminina

Geni (Roteiros) 8
Leti (Xarutos) 5
Carola (Filloas de Sangue) 5
Marica (Taravelas) 2
Carmela (O Pino) 2
Isa (Roteiros) 2
Begoña (O Pino) 2
Mari Carmen (Franquicia Branca) 2
Reyes (Roteiros) 2
Maika (Bateas) 2
Sheila (O Pino) 1
Cris (As invencibles) 1
Bea (As invencibles) 1
Alba (As invencibles) 1
Anka (Bateas) 1

A clasificación que parece que vai estar máis igualada será a de varados, os palanadores terán que estar atinados cando se volva a xogar nun pavillón, xa que se por algo se caracteriza esta conferencia é polas súas longas e complicadas pistas.

Varados

Xosé Rodiño (Bateas) 3
Roi (Filloas) 3
Serxio (Xarutos) 2
Xan (Bateas) 2

Por outra parte destacar que xa participaron na nosa conferencia 57 palanadores e 9 equipas, non está nada mal.

domingo, 27 de fevereiro de 2011

Última hora: novo asalto á Sardiñeira

Como xa explicamos no noso facebook, a impracticabilidade do campo de terra de Labañou obríganos a realizar a xornada na Agra dos Mallos, detrás do Centro Cívico e do pavillón da Sardiñeira, onde xa desputamos un aberto este ano. Será esta tarde ás 16:30.
Avante a LNB!

domingo, 13 de fevereiro de 2011

Clasificacións aberto de Sada

O pasado domingo no pavillón de Sada desputouse unha nova xornada da Conferencia NorOeste, na que Xan Rodiño (Bateas) volveu saír vitorioso tras unha dura final fronte a Serxio (Xarutos). Os Bateas, que tamén meteron en semifinais a Lois e en cuartos a Xosé Rodiño, aumentaron a súa distancia con respecto aos Filloas de Sangue.
Tamén hai que resaltar a participación de catro palanadores de Remourelle, que debutaron na nosa liga, sendo un deles o seleccionador galego, Flores, que incluso nos deleitou con varios chistes ao finalizar o aberto.

Desde esta redacción tamén queremos apuntar que a tranquilidade reinante até este momento na nosa liga foi rota por un novo enfrontamento protagonizado polos Bateas, que xa tiverán algunha que outra liorta en diferentes conferencias. O palán de David Fontán, xogador dos Filloas de Sangue, tronzou cando se dispoñía a facer o varado que mantería empatada a súa eliminatoria fronte a Xosé Rodiño (era xa o segundo desempate). Esta situación, da que máis dun palanador culpa a unha posíbel estratexia dos do Portonovo, fixo que a billarda saíse desviada e o xogador dos Bateas pasase unha ronda máis para enfrontarse ao seu irmán en 1/4. Esta equipa, en cambio, sinala a David Fontán como executor dun atentado contra a integridade física do máis novo dos Rodiño. Curioso que sexan eles os que fan tal acusación, cando é outro palanador da súa equipa, Luis, o que día tras día, ao quedar eliminado, envía o seu palán en calquera dirección e con total arbitrariedade. Mais a deportividade dos Filloas de Sangue quedou patente unha vez máis cando estes non decidiron levar o acontecemento os tribunais, mais si falar na pista, que é onde os deportistas deben facer as cousas.
Tras este imparcial comentario pasamos a ofrecervos as clasificacións:

Individual

Xan (Bateas) 10
Serxio (Xarutos) 8
Lois (Bateas) 6
Roi (Filloas) 6
Marcos (Remourelle)4
Xan (A Treu) 4
Martiño (Remourelle) 4
Xosé Rodiño (Bateas) 4
David (Filloas) 2
Lois (Filloas) 2
Lijó (A Treu) 2
Suso (Remourelle) 2
Cristian (Xarutos) 2
Flores (Remourelle) 2
Marcos (A Treu) 2
Uxío (Xarutos) 2
Román (Filloas) 1
Xosé (Filloas) 1
Leti (Xarutos) 1
Maceira (Xarutos) 1
Juan (Xarutos) 1
Santos (Franquicia Branca) 1
Lucas (A Treu) 1

Feminina

Leti (Xarutos) 1

Equipos

Bateas 20
Xarutos 13
Remourelle 12
Filloas de Sangue 11
A Treu 9

Varados

Xosé Rodiño (Bateas) 3
Roi (Filloas) 2
Serxio (Xarutos) 2
Xan (Bateas) 2



Xeral individual

Xan (Bateas) 34
Roi (Filloas de Sangue) 20
Serxio (Xarutos) 20
Lois (Filloas de Sangue) 18
Luis (Bateas) 14
David (Filloas de Sangue) 14
Toño (Bateas) 14
Xosé Rodiño (Bateas) 11
Xosé (O Pino) 10
Basilio (O Pino) 8
Maceira (Xarutos) 7
Cristian (Xarutos) 7
Xan (A Treu) 6
Xosé (Filloas de Sangue) 6
Leti (Xarutos) 4
Marcos (Remourelle) 4
Martiño (Remourelle) 4
Alberto (Xarutos) 4
Jandro (Bateas) 4
Carola (Filloas de Sangue) 4
Uxío (Xarutos) 3
Lijó (A Treu) 3
Anxo (Taravelas) 3
Davide (Xarutos) 3
Lucas (A Treu) 2
Román (Filloas de Sangue) 2
Marcos (A Treu) 2
Suso (Remourelle) 2
Flores (Remourelle) 2
Ivan (O Pino) 2
Carmela (O Pino) 2
Begoña (O Pino) 2
Xosé Antón (O Pino) 2
Ivan (Bateas) 2
Marica (Taravelas) 2
Sak (Filloas de Sangue) 1
Sheila (O Pino) 1
Wea (A Treu) 1
Davide (A Treu) 1
Maika (Bateas) 1
Cris (As invencibles) 1
Bea (As invencibles) 1
Alba (As invencibles) 1
Anka (Bateas) 1
Jorge (Taravelas) 1

Xeral feminina

Leti (Xarutos) 4
Carola (Filloas de Sangue) 4
Marica (Taravelas) 2
Carmela (O Pino) 2
Begoña (O Pino) 2
Maika (Bateas) 1
Sheila (O Pino) 1
Cris (As invencibles) 1
Bea (As invencibles) 1
Alba (As invencibles) 1
Anka (Bateas) 1


Xeral equipos


Bateas 77
Filloas de Sangue 61
Xarutos 43
O Pino 22
Remourelle 12
Taravelas 6
A Treu 14
As Invencibles 3


Xeral varados


Xosé Rodiño (Bateas) 3
Roi (Filloas) 3
Serxio (Xarutos) 2
Xan (Bateas) 2

quinta-feira, 3 de fevereiro de 2011

Aberto de Sada!

Este domingo a partir das 16:30 a Conferencia NorOeste fai unha incursión fóra da cidade da Coruña. O pavillón de Sada é a sede escollida para a desputa desta 4ª xornada.

Non será a primeira vez que xoguemos alí, polo que moitos dos palanadores da nosa liga xa coñecen a pista, algo que intentarán aproveitar para apretar todo o posíbel a clasificación. Os Bateas, na xeral por equipos, e Xan, na individual, buscarán defender o seu primeiro posto e incluso aumentar a súa vantaxe cos seguintes clasificados.

Podemos adiantar tamén que a falta de confirmación para o lugar 5º xornada, que será o 20 de febreiro, está preparada unha nova saída, esta vez a terras descoñecidas para a tribo billardeira do NorOeste. O mes de marzo é firme candidato para acoller o I Aberto de Cerceda, que será organizado en colaboración coa Asociación Cultural Lucerna. Seguiremos informando.

Afiade as billardas, adiante co Varal!

domingo, 23 de janeiro de 2011

3º Xornada

Xosé (O Pino) faise co aberto fronte a Basilio (O Pino), tras deixaren fóra en semifinais a David Fontán (Filloas de Sangue) e Toño (Bateas), respectivamente. Tras o Aberto da Sardiñeira desputouse a Supercopa Centro-NorOeste, entre os dous campións dos Abertos de Trazo e da Sardiñeira, Iván e Xosé, saíndo este último vencedor.

Individual

Xosé (O Pino) 10
Basilio (O Pino) 8
David (Filloas) 6
Toño (Bateas) 6
Lois (Filloas) 4
Maceira (Xarutos) 4
Xan (Bateas) 4
Roi (Filloas) 4
Xose (Filloas) 2
Ivan (Bateas) 2
Xan (A Treu) 2
Serxio (Xarutos) 2
Ivan (O Pino) 2
Carmela (O Pino) 2
Begoña (O Pino) 2
Xosé Antón (O Pino) 2
Wea (A Treu) 1
Lucas (A Treu) 1
Lijó (A Treu) 1
Davide (A Treu) 1
Sak (Filloas) 1
Román (Filloas) 1
Lois (Bateas) 1
Xose Rodiño (Bateas) 1
Maika (Bateas) 1
Sheila (O Pino) 1
Leti (Xarutos)v1
Cristian (Xarutos) 1
Davide (Xarutos) 1
Uxio (Xarutos) 1


Feminina

Carmela (O Pino) 2
Begoña (O Pino) 2
Maika (Bateas) 1
Sheila (O Pino) 1
Leti (Xarutos) 1


Equipos

O Pino 22
Filloas de Sangue 16
Bateas 13
Xarutos 8
A Treu 5



Xeral Individual


Xan (Bateas) 24
Lois (Filloas de Sangue) 16
Roi (Filloas de Sangue) 14
Toño (Bateas) 14
Serxio (Xarutos) 12
David (Filloas de Sangue) 12
Xosé (O Pino) 10
Basilio (O Pino) 8
Lois (Bateas) 8
Xosé Rodiño (Bateas) 7
Maceira (Xarutos) 6
Xosé (Filloas de Sangue) 5
Cristian (Xarutos) 5
Alberto (Xarutos) 4
Jandro (Bateas) 4
Carola (Filloas de Sangue) 4
Anxo (Taravelas) 3
Leti (Xarutos) 3
Davide (Xarutos) 3
Ivan (O Pino) 2
Carmela (O Pino) 2
Begoña (O Pino) 2
Xosé Antón (O Pino) 2
Ivan (Bateas) 2
Xan (A Treu) 2
Marica (Taravelas) 2
Sak (FIlloas de Sangue) 1
Román (Filloas de Sangue) 1
Sheila (O Pino) 1
Wea (A Treu) 1
Lucas (A Treu) 1
Lijó (A Treu) 1
Davide (A Treu) 1
Maika (Bateas) 1
Uxío (Xarutos) 1
Cris (Las invencibles) 1
Bea (Las invencibles) 1
Alba (Las invencibles) 1
Anka (Bateas) 1
Jorge (Taravelas) 1


Xeral Feminina


Carola (Filloas de Sangue) 4
Leti (Xarutos) 3
Marica (Taravelas) 2
Carmela (O Pino) 2
Begoña (O Pino) 2
Maika (Bateas) 1
Sheila (O Pino) 1
Cris (Las invencibles) 1
Bea (Las invencibles) 1
Alba (Las invencibles) 1
Anka (Bateas) 1


Xeral Equipos

Poucos cambios nesta clasificación. Os Bateas conservan o liderato, mais os Filloas de Sangue achéganse pouco a pouco. Por outra banda, os Xarutos afiánzanse na terceira posición, e a xente do Pino, debutantes na nosa liga, xa ocupan o cuarto lugar.

Bateas 57
Filloas de Sangue 50
Xarutos 30
O Pino 22
Taravelas 6
A Treu 5
Las Invencibles 3


Xeral Varados

Ningún varado na longa e complicada pista da Sardiñeira, polo que nas tres xornadas que levamos tan só se viu un varado na nosa Conferencia.

Roi (Filloas de Sangue) 1

sexta-feira, 21 de janeiro de 2011

I Aberto da sardiñeira!!!

"O meu reino por unhas sardiñas!!!" - Ricardo III de Inglaterra.

Os Mallos é un barrio ben coñecido na Coruña. Entre a avenida da Sardiñeira e a de Arteixo sitúase o lugar onde todos os martes polas mañás, así como o segundo e terceiro sábado de cada mes, se celebra a mítica feira dos Mallos. Mais non é este o único evento a destacar realizado na denominada Agra dos Mallos. Esta área coñecida como a Sardiñeira, que comprende tamén o instituto, o complexo deportivo e o Centro Cívico, xa foi sede de máis abertos da nosa Conferencia en pasadas temporadas.
Mais por que "sardiñeira"? Ben sabemos que as sardiñas son un elemento básico da dieta coruñesa, alcanzando os seus niveis máximos de venda, por suposto, no mes de San Xoán. Sardiñeira é o termo utilizado para o aparello de pesca que se dedica á pesca da sardiña, mais a outra acepción é para as mulleres que viven da venda deste peixe.
Non fai tanto tempo, nesta mesma cidade, as sardiñeiras eran unha figura típica da vida cotiá. Camiñaban polas rúas coruñesas cargando co seu produto, e incitaban a súa compra baixo o berro de "sardiñas viviñas!". Ese grito aínda resoa na mente dos nosos palanadores coruñeses, que o domingo a partir das 16 h pretenderán emular a estas míticas mulleres baixo o berro común de "billardas viviñas!". Porque as billardas están agora máis vivas que nunca na nosa Conferencia.
Na Sardiñeira teremos invitados doutras conferencias, así como novas incorporacións, sendo algunha delas todo un boom para os vellos coñecedores da liga. A volta do A Treu e a continuidade das Invencibles daranlle un novo pulo a esta histórica liga.
Este aberto corresponde á 3ª xornada da liga, na que se comezará a albiscar cales poden ser as equipas e os xogadores que loitarán polo título. Admítense apostas, mais mellor será que apostes por ti mesmo e te unas á serpe multicolor da LNB, que este domingo chega coa súa caravana de cor e emoción á Agra dos Mallos! A lata de sardiñas, quizais non tan viviñas coma antes, así como a botella de Carolines para acompañar, doada polos Bateas á conferencia nun encontro anterior, serán os premios deste día para o palanador que se faga co aberto. Non nos mires, únete! Este domingo ás 16 h na Agra dos Mallos (a Sardiñeira), nova xornada da Conferencia NorOeste. AS billardas están máis vivas ca nunca!

PD: O sábado en Trazo, tamén ás 16 h, desputarase unha nova xornada da Conferencia Centro. Anímamosvos a asistir! Haberá representación do NorOeste!
PD2: Novo salto internacional da Auténtica, máis info aquí. Avante o Galiza-Catalunya!