Xa temos as clasificacións tanto da 6º Xornada coma da Xeral despois desta exitosa xornada en Cerceda, na que participaron ata 46 palanadores! record de asistencia da nosa Conferencia.
Aumenta o número de persoas que chegaron a participar esta tempada na nosa conferencia a 76 persoas xa! e 13 equipos.
Na xeral todo segue igual en todas as clasificacións.
Na individual Xan segue a sacarlle 20 puntos ao segundo, que é Roi, que ve como a súa vantaxe co terceiro queda reducida a metade, agora Serxio dos Xarutos está tan só a un punto.
Na de equipos os bateas aumentan aínda máis a súa diferenza respecto aos Filloas de Sangue, que pasa a ser de 40 puntos agora.
Na de varados Xose Rodiño e Roi fixeron un varado cada un, polo que a súa loita segue exactamente igual que antes.
Na feminina, Geni segue de lider, aumentando a sua vantaxe sobre Leti en 6 puntos xa.
A falta de 4 xornadas para o remate da tempada, temos xa dúas clasifacións case decididas, e dúas máis abertas, a feminina, aínda que parece complicado que a Geni escapeselle o liderate e sobre todo a de varados, na que Xose e Roi teñen unha dura loita.
Intentaremos poñer unha crónica máis extensa ao longo da semana.
Quedan en negrita os que agora mesmo estarían clasificados para a Final Nacional en Conxo o 29 de Maio, aínda que habería que facer varios desempates.
Individual
Guille (Roteiros)10
Ivan (Bateas) 8
Cesar (AC San Mateo) 6
Franco (Roteiros) 6
Geni (Roteiros) 4
Toño (Bateas) 4
Basilio (O Pino) 4
Cristian (Franquicia Branca) 4
Carmela (O Pino) 3
Lois (Bateas) 3
Serxio (Xarutos) 3
Reyes (Roteiros) 3
Xerman (equipa bitere) 3
Xose Rodiño (Bateas) 3
Santi (AC San Mateo) 3
Xose (Filloas de Sangue) 3
Raquel II (O Pino II) 2
Ruben (O Pino II) 2
Isa (Roteiros) 2
Raquel (O Pino II) 2
Ruben (AC San Mateo) 2
Lois (Filloas de Sangue) 2
David (Filloas de Sangue) 2
Alberto (Xarutos) 2
Roi (Filloas de Sangue) 2
Xan Rodiño (Bateas) 2
Leti (Xarutos) 1
Maceira (Xarutos) 1
Daniel (Roteiros) 1
Ivan (O Pino) 1
Yolanda (O Pino) 1
Ricardo (Franquicia Branca) 1
Xose Anton (O Pino) 1
Begoña (O Pino) 1
Maricarme (Franquicia Branca) 1
Rosabel (*) 1
Berdillo (O bilitroque) 1
Carliños (Cochiqueiros) 1
Bocixa (Cochiqueiros) 1
Emi (Cochiqueiros) 1
Davide (Cochiqueiros) 1
Zaida (Cochiqueiros) 1
Mila (O bilitroque) 1
Alberte (O bilitroque) 1
Carlos (O bilitroque) 1
Aron (O bilitroque) 1
Varados
Basilio (O Pino) 2
Cesar (AC San Mateo) 2
Guille (Roteiros) 1
Xose Rodiño (Bateas) 1
Roi (Filloas de Sangue) 1
David (Filloas de Sangue) 1
Santi (AC San Mateo) 1
Franco (Roteiros) 1
Geni (Roteiros) 1
Feminina
Geni (Roteiros) 4
Carmela (O Pino) 3
Reyes (Roteiros) 3
Raquel II (O Pino II) 2
Isa (Roteiros) 2
Raquel (O Pino II) 2
Begoña (O Pino) 1
Yolanda (O Pino) 1
Leti (Xarutos) 1
Maricarme (Franquicia Branca) 1
Rosabel (*) 1
Equipos
Roteiros 23
Bateas 18
AC San Mateo 11
Filloas de Sangue 9
O Pino 9
O Pino II 7
Xarutos 7
Cochiqueiros 4
O Bilitroque 4
Xeral
Invividual
Xan (Bateas) 46
Roi (Filloas) 26
Serxio (Xarutos) 25
Lois (Filloas) 24
Lois (Bateas) 21
Xose R (Bateas) 20
Toño (Bateas) 18
David (Filloas) 18
Ivan (Bateas) 16
Geni (Roteiros) 14
Basilio (O Pino) 12
Xosé (Filloas) 10
Maceira (Xarutos) 10
Xosé (O Pino) 10
Guille (Roteiros) 10
Franco (Roteiros) 8
Alberto (Xarutos) 7
Cristian (Xarutos) 7
Crisitan Castro (Franquicia Branca) 6
Cesar (AC San Mateo) 6
Leti (Xarutos) 6
Xan (A Treu) 6
Carmela (O Pino) 5
Reyes (Roteiros) 5
Daniel (Roteiros) 5
Carola (Filloas) 5
Marcos (Remourelle) 4
Martiño (Remourelle) 4
Jandro (Bateas) 4
Isa (Roteiros) 4
Uxío (Xarutos) 3
Ivan (O Pino) 3
Lijó (A Treu) 3
Xerman (equipa bitere) 3
Anxo (Taravelas) 3
Santi (AC San Mateo) 3
Xose Anton (O Pino) 3
Davide (Xarutos) 3
Begoña (O Pino) 3
Maricarme (Franquicia branca) 3
Lucas (A Treu) 2
Román (Filloas) 2
Marcos (A Treu) 2
Suso (Remourelle) 2
Flores (Remourelle) 2
Juan (Xarutos) 2
Marica (Taravelas) 2
Ruben (AC San Mateo) 2
Raquel II (O Pino II) 2
Ruben (O Pino II) 2
Maika (Bateas) 2
Sak (Filloas) 1
Sheila (O Pino) 1
Yolanda (O Pino) 1
Wea (A Treu) 1
Davide (A Treu) 1
Cris (As invencibles) 1
Bea (As invencibles) 1
Alba (As invencibles) 1
Anka (Bateas) 1
Jorge (Taravelas) 1
Maika (Bateas) 1
Santos (Franquicia Branca) 1
Lucas (A Treu) 1
Carliños (Cochiqueiros) 1
Bocixa (Cochiqueiros) 1
Emi (Cochiqueiros) 1
Davide (Cochiqueiros) 1
Zaida (Cochiqueiros) 1
Mila (O bilitroque) 1
Alberte (O bilitroque) 1
Carlos (O bilitroque) 1
Aron (O bilitroque) 1
Berdillo (O bilitroque) 1
Ricardo (Franquicia Branca) 1
Rosabel (*) 1
Feminino
Geni (Roteiros) 12
Leti (Xarutos) 6
Carmela (O Pino) 5
Carola (Filloas) 5
Reyes (Roteiros) 5
Isa (Roteiros) 4
Maricarmen (Franquicia Branca) 3
Raquel II (O Pino II) 2
Raquel (O Pino II) 2
Marica (Taravelas) 2
Begoña (O Pino) 2
Maika (Bateas) 2
Sheila (O Pino) 1
Cris (As invencibles) 1
Bea (As invencibles) 1
Alba (As invencibles) 1
Anka (Bateas) 1
Yolanda (O Pino) 1
Rosabel (*) 1
Equipos
Bateas 121
Filloas de Sangue 81
Xarutos 56
Roteiros 37
O Pino 31
A Treu 14
Remourelle 12
AC San Mateo 11
O Pino II 7
Taravelas 6
Cochiqueiros 4
O Bilitroque 4
As Invencibles 3
Varados
Xose Rodiño (Bateas) 4
Roi (Filloas) 4
Serxio (Xarutos) 2
Xan (Bateas) 2
Basilio (O Pino) 2
Cesar (AC San Mateo) 2
Guille (Roteiros) 1
David (Filloas de Sangue) 1
Santi (AC San Mateo) 1
Franco (Roteiros) 1
Geni (Roteiros) 1
segunda-feira, 28 de março de 2011
sexta-feira, 25 de março de 2011
Chega o día!
Quedan poucas horas para que dea comezo a I Festa da Billarda de Cerceda. No día de mañán, un aberto desputado na rúa Saúl Ordas (a da farmacia) ou no pavillón do Piñeiro se chove, e que será puntuábel para a Conferencia NorOeste, abrirá unha xornada cargada de deporte, música e cultura. A Asociación Cultural Lucerna e a LNB estreitan lazos para que esta data quede marcada coma o ferro quente na memoria de todos os asistentes.
E por se a motivación de figurar como primeiro campión en Cerceda non fose suficiente, os palanadores deixarán a pel por facerse co cotizado premio que mañán se descubrirá.
A serpe multicolor da LNB non pode evitar facer unha parada en Cerceda. E ti?
sábado, 19 de março de 2011
I Festa da Billarda de Cerceda!
A serpe multicolor da LNB ten xa unha nova parada: Cerceda! Dentro dunha semana, o sábado 26 de marzo, celebrarase a I Festa da Billarda de Cerceda, organizada coa inestimábel colaboración da Asociación Cultural Lucerna.
Todo comezará ás 12 h, coa desputa dun aberto na rúa Saúl Ordas (a que vai cara ao centro médico), en pleno centro da vila, e que será puntuábel para a nosa conferencia. En caso de que o tempo non acompañe, o aberto terá lugar no polideportivo do Piñeiro.
Máis tarde, ao redor das 14:30, terá lugar o xantar de confraternización entre os palanadores das diferentes conferencias que se acheguen e a xente de Lucerna. O lugar escollido é a de Primo, moi pertiño da rúa onde se desputará o aberto, e o prezo é de 10 €.
Para apuntarvos, enviade un correo a aclucerna@gmail.com ou chamade a un destes teléfonos móbiles: 679908773 (David Fontán) ou 658847377 (Roi Moris).
Pola tarde, a festa continuará cunha conferencia-coloquio sobre a Revolución Billarda. Máis tarde, xa á beira da noite (20:30 h), poñeraselle punto final a tan intensa xornada cunha pinchada de música en galego e Galeoke na Taberna de Cerceda
Esperámosvos a tod@s para desfrutar da grande canfurnada billardeira de Cerceda!
Contacto:
aclucerna@gmail.com
David Fontán - 679908773
Roi Moris - 658847377
domingo, 13 de março de 2011
Cerceda, epicentro mundial da billarda!
Palanadores e panaladoras, billardeiras e billardeiros, o sábado 26 de marzo non fagades plans porque Cerceda se prepara para ser sede dun dos maiores acontecementos da historia da nosa conferencia!
Na rúa do Centro de Saúde, en pleno centro da vila, desputarase unha nova xornada da nosa liga. Mais isto non é todo, xa que queremos celebrar como se merece que un novo concello se une ao tren da LNB. Tras o aberto, programado para as 12 h, celebraremos un xantar de confraternización coa xente da Asociación Cultural Lucerna, que está a organizar o evento, así como con palanadores das outras conferencias que se achegarán a Cerceda en tan sinalada data. O lugar escollido é a de Primo, e o prezo será de 10 €.
Pronto teremos o cartaz no que se recollerán todos os acontecementos do día, mais adiantamos que pola tarde-noite está programada unha festa na Taberna da vila con pinchadas de música galega.
Aínda que esta semana colgaremos mapas e máis información, podedes ir confirmando asistencia ao xantar da I Festa da Billarda de Cerceda enviando un correo a lnbnoroeste@gmail.com ou chamando a un destes teléfonos de contacto: 679908773 ou 658847377
Na rúa do Centro de Saúde, en pleno centro da vila, desputarase unha nova xornada da nosa liga. Mais isto non é todo, xa que queremos celebrar como se merece que un novo concello se une ao tren da LNB. Tras o aberto, programado para as 12 h, celebraremos un xantar de confraternización coa xente da Asociación Cultural Lucerna, que está a organizar o evento, así como con palanadores das outras conferencias que se achegarán a Cerceda en tan sinalada data. O lugar escollido é a de Primo, e o prezo será de 10 €.
Pronto teremos o cartaz no que se recollerán todos os acontecementos do día, mais adiantamos que pola tarde-noite está programada unha festa na Taberna da vila con pinchadas de música galega.
Aínda que esta semana colgaremos mapas e máis información, podedes ir confirmando asistencia ao xantar da I Festa da Billarda de Cerceda enviando un correo a lnbnoroeste@gmail.com ou chamando a un destes teléfonos de contacto: 679908773 ou 658847377
Subscrever:
Mensagens (Atom)