sábado, 19 de março de 2011
I Festa da Billarda de Cerceda!
A serpe multicolor da LNB ten xa unha nova parada: Cerceda! Dentro dunha semana, o sábado 26 de marzo, celebrarase a I Festa da Billarda de Cerceda, organizada coa inestimábel colaboración da Asociación Cultural Lucerna.
Todo comezará ás 12 h, coa desputa dun aberto na rúa Saúl Ordas (a que vai cara ao centro médico), en pleno centro da vila, e que será puntuábel para a nosa conferencia. En caso de que o tempo non acompañe, o aberto terá lugar no polideportivo do Piñeiro.
Máis tarde, ao redor das 14:30, terá lugar o xantar de confraternización entre os palanadores das diferentes conferencias que se acheguen e a xente de Lucerna. O lugar escollido é a de Primo, moi pertiño da rúa onde se desputará o aberto, e o prezo é de 10 €.
Para apuntarvos, enviade un correo a aclucerna@gmail.com ou chamade a un destes teléfonos móbiles: 679908773 (David Fontán) ou 658847377 (Roi Moris).
Pola tarde, a festa continuará cunha conferencia-coloquio sobre a Revolución Billarda. Máis tarde, xa á beira da noite (20:30 h), poñeraselle punto final a tan intensa xornada cunha pinchada de música en galego e Galeoke na Taberna de Cerceda
Esperámosvos a tod@s para desfrutar da grande canfurnada billardeira de Cerceda!
Contacto:
aclucerna@gmail.com
David Fontán - 679908773
Roi Moris - 658847377
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário