Comezou a primeira xornada da conferencia NorOeste cos Xarutos imparáveis no primeiro posto con 19 pontos, grazas en parte à nova fichaxe, Miguel, que xunto con Jano de Atreu lideran a clasificacion individual, e deixan aos segundos a 5 pontos de distáncia. O resto da franquícias entre 10 e 14 pontos agardan impacientes a segunda xornada para dar-lles caza aos Xarutos, se se deixan. Salientar a estrea de duas novas franquícias: Fenians Galegos e Furabolos.
Esta fin de semana comeza a temporada billardeira. O domingo 28, às 16:30 na pista da Zapateira da Coruña comezamos nós a Conferéncia NorOeste.
Por outra banda o sábado 27, às 17:00 faino a Conferéncia Sur, na pista do coléxio Fernández López do Porriño, nas Festas do Cristo. e na Conferéncia NorLeste comezan tamén o domingo às 16:30.
Así que agarrade os paláns e afiade as billas que imos.
Con esta imaxe do primeiro All Star no que os daquela únicos palanadores da Galiza se achegaban á pista da Zapateira na Coruña, queremos ilustrar o post que anuncia que está todo listo no NorOeste para que esa data que todos levabamos agardando se produza co éxito que avanza o isuperabel cartaz de Nachok. Todos os palanadores e seguidores deste espectáculo están ansiosos por coñecer e participar no desenlace da competición e para eles vai a folla de ruta previa ao encontro das estrelas:
Adestramentos oficiais dirixidos polo seleccionador Venres ás 17:00 Pista da Zapateira
Os adestramentos servirán para a concentración psicolóxica antes do choque e a posta a punto do material, ademáis de facer piña entre os palanadores amigos e rivais durante un ano que agora partirán na mesma expedición cara Compostela. O adestramento estará dirixido por Lois Fontán, seleccionador do NorOeste.
Subida ao autocarro do NorOeste Domingo ás 10:00 Esplanada de Riazor (diante do estadio do Liceo)
A autocarro do NorOeste partirá cara o complexo deportivo de Conxo no que se disputará o PlayOff, coas súas equipacións regulamentarias e cos siareiros e acompañantes incluido. O autocarro do NorOeste pon a disposición de todos os seguidores da billarda-LNB as prazas dispoñibles, polo que animamos a todos os seguidores (coñecidos ou non) a que se suban ao carro gañador.
A partir dese momento desputarase a competición segundo o previsto:
12:00 Final do campionato de mulleres 13:00 Final do campionato de equipos
16:00 Final do campionato de varados 17:00 Final individual
Auténtica envexa sinte calquera competición deportiva por este cartaz que anuncia a data que ficará para a historia:
15 de xuño de 2008
Primeiro Play-off Nacional de Billarda
Despois de anos de loita e décadas de arelas podemos gabarnos de poder anunciar a final da primeira competición deportiva nacional. A cita será recordada en décadas, porén non está sendo doada a preparación de tan ansiado día. Ainda así, e cun cartaz feito polo espectacular nachok que nen o mesmísimo Sonar chegará a alcanzar animámosvos a que vivades connosco o irrepetíbel Play Off.
Ésta é a equipa de valentes que enviamos para bregar en noble loita cos amigos e rivais da Conferencia NorLeste, capitaneados polo noso seleccionador Lois Fontán:
Equipa "Filloas de Sangue":
Roi David Lamas Lois Aitor Alberto Xende
Xogadores individuais:
Kiko Sak Sergio Alberto Lois Fontán David Fontán Juanjo Roi
O domingo 11 de maio de 2008 xogouse a oitava xornada da conferencia NorOeste na xa mítica pista de billarda da Zapateira. A esta xornada chegaban todos os palanadores conscientes das súas posibilidades reflectidas nas táboas finais pero un dos títulos máis desputados e cobizados era o de campión por equipos. Nunha histórica cita en Ledoira, electrónicos e filloas de sangue recurtaron distancias aos potentísimos xarutos; ficando a última xornada como decisiva.
E así comezaron as cousas cunha tensión que xa reflectían as crónicas lanzadas a o varal morse, que tentaban transmitir toda a tensión competitiva que se estaba a vivir na pista, na que os xogadores renunciaron ao típico quentamente previo ao partido 25 minutos antes deste, buscando concentración e soidade. Toda esta presión viviuse sobre o terreo de xogo, no que os xogadores das franquicias involucradas tiñan serios problemas para chegar aos seus habituais porcentaxes de acerto. Ainda así despois da primeira carreira de todos os xogadores comezouse a ver coma despuntaban os filloas de sangue, mentres xarutos e electrónicos se puñan nerviosos.
O partido avanzaba e os cálculos sobre as posibilidades de alcanzar aos xa en cabeza Filloas reducíanse ata chegar á última carreira na que Sak e Alberto se xogaban a victoria dos Filloas ou o empate e posterior prórroga; a tensión era máxima e nunha carreira en 5 interminables golpes Sak gañaba continuando coa emoción até o fin.
O desempate pactado antes do encontro consistía na escolla de 3 xogadores de cada franquicia a desempatar. O acaso quixo que Alberto e Sak voltaran a verse as caras na primeira das tres carreiras, mais o desenlace foi diferente, un empate que deixaba o resultado totalmente aberto. Despois foron Besbe e David, a este último non lle temblou o pulso e conseguiu unha carreira moi rápida que fulminou a Besbe. Por último Juanjo precisaba gañar para empatar e ir ao segundo desempate pactado, a billarda máis larga; mais Roi seguiulle á zaga e nun último punto no que se pararon os reloxos na pista, Roi tiña no seu palán o empate da carreira e por tanto a consecución do título para os filloas. Roi non fallou e a alegría estourou no equipo máis mozo da conferencia, que xuntaban nunha piña celebrándoo como os grandes campións que son. Axiña todos os palanadores os foron felicitar, nomeadamente os xa subcampións electrónicos e os tercieros clasificados xarutos.
Despois das felicitacións a foto de familia e dos equipos desta última xornada (especialmente mermada a tribu billardeira nesta ocasión) que quedarán para a historia.
FELICIDADES CAMPIÓNS!!!
E por último os comentarios dos palanadores no regreso de Televaral, en próximas edicións máis información deste impresionante día.