quinta-feira, 3 de abril de 2008

VI Xornada

Despois do éxito do I Aberto de Lugo, no que a franquicia Madia Leva (do centro social co mesmo nome) se erixe como primeira equipa da cidade das murallas, achégase o V Torneo da nosa conferencia.
Un día antes do noso partido tamén se desputará o I Aberto de Mos, no que teremos postos os ollos todos os palanadores da Galiza. Isto é o arranque da Conferencia Sur en Torroso, onde a franquicia dos Palaganas conta coa maior experiencia. Tanto na súa web coma no Varal poderedes seguir as incidencias desa histórica tarde.
Como xa comentamos, a nosa conferencia sigue o seu curso este domingo 6. Esperamos unha asistencia masiva para a VI xornada na que pouco a pouco se irán decidindo as franquicias e os palanadores con máis opcións cara ao final da liga.

Día: domingo 6 de abril
Hora: 18:00
Lugar: Pista de billarda da Zapateira

Sem comentários: