Mañá desputaremos unha dobre xornada para poñer fin a esta 4ª temporada da liga regular do NorOeste. Ás 12 h da mañá estaremos na Sardiñeira, onde se celebra a Feira dos Mallos, e a partir das 16 h no Parque de Santa Margarida!
Tras a caída da localización fixada, Celas de Peiro, tivemos que recorrer a estas dúas pistas clásicas para poñer un bo final a este intenso ano. Animádevos a participar neste día no que uns palanadores loitarán pola clasificación para o Play Off Nacional de Conxo, mentres que outros que xa o teñen matematicamente feito farán probas de cara a ese domingo 29 de maio.
Saúde e billarda!
Sem comentários:
Enviar um comentário