Tras a desputa do I Aberto do Castrillón e do I Aberto da Castaña en Celas, a Conferencia NorOeste achégase a Oleiros, un concello que até o de agora nunca acollera á LNB. A pista polideportiva de Meixón Frío, na rúa Manuel Gutierrez Meliado (Liáns, Santa Cruz) é a escollida para a desputa desta terceira xornada da liga coa inestimábel axuda do concello de Oleiros. Unha expedición de palanadores do NorOeste deu a súa aprobación unánime ao confirmar que a pista cumpre perfectamente as medidas. Atención ao cambio de horario: o aberto desputarase este domingo día 6 en horario matinal, así que todo o mundo ás 11:45 na pista de Meixón Frío.
Se lles proe máis lles ha proer, porque esta revolución non hai quen a pare!
Billarda sempre, adiante co varal!
Sem comentários:
Enviar um comentário