quarta-feira, 23 de novembro de 2011

Xosé Rodiño vence en Riazor!

Nesta 4º xornada da nosa Conferencia, con grande afluencia de palanadores de todalas conferencias, Xose Rodiño fixose coa vitoria nunha interesante final contra Roi, que resolveu cun fermoso varado no seu último golpe.
Os 35 palanadores que participaron nesta xornada puideron presenciar coma os Bateas, por segunda vez no que vai de tempada, arrasaban nesta xornada na clasificación por equipos, e conseguñia meter a tres palanadores nas semifinais, conseguindo 29 puntos, por 16 dos Filloas, que seguen no liderato, aumentando a súa diferenza en 6 puntos máis sobre os Xarutos, que seguen segundos na xeral a 18 puntos xa do liderato.
Tamén puideron ver os 15 varados que se realizaron na rapida pista do Frontón, que fan que nesta tempada os palanadores do NorOeste puideron ver 34 varados nestas 4 primeiras xornadas, os mesmos que puideron ver durante toda a tempada pasada, nótase este ano a grande melloria dos palanadores que participan este ano no NorOeste. Nesta clasificación, o lider esgue a ser Lois, de Bateas, con 4 varados.
Na feminina, Leti segue afianzandose no primeiro lugar da Xeral, facendo grandes actuacións en todas as xornadas desta tempada, aínda que so pasou unha vez a primeira rolda, nas outras xornadas sempre queda a nada de pasar de rolda, chegando a xogar xa algún desempate.
Na xeral individual foi na única clasificación na que houbo un cambio importante, xa que Roi, co seu segundo posto neste aberto, colócase coma lider, un punto por enriba de Serxio, e os dous distancianse un pouco do terceiro e cuarto clasificado, que son pai e fillo, David e Lois Fontán, empatados a 5 puntos do lider.
Grazas a todos os palanadores que estiveron o Domingo no Frontón e vos esperamos na seguinte xornada, que por certo, aproveitamos para avisar de que aínda non está confirmado cando se xogará, xa que é posible que cambie de día.
Parabens ao gañador da Xornada, que coma non, tivo o seu merecido premio!


Sem comentários: