sexta-feira, 10 de fevereiro de 2012

8º Xornada!

A Conferencia NorOeste non para!

Por segunda semana consecutiva haberá xornada da nosa Conferencia, desta vez a pesar do frío será ao aire libre, xa que volvemos, por primeira vez na tempada á dificil pista da Sardiñeira.
Os palanadores están convocados ás 16:00 na pista da Sardiñeira!

Nesta oitava xornada, veremos se as clasificacións acláranse un pouco na zona alta, ou pola contra iguálase todo aínda máis. Vendo as clasificacións, unha mala xornada dos palanadores ou equipos que están a loitar polo título da Conferencia, pode ser mortal. Parece que a emoción durará ata o final!

Por outra parte, con esta decisión de xogar na Sardiñeira, seguimos cumplindo a nosa intención de poder disputar todas as xornadas en pistas diferentes, para así poder espallar o máximo posible a billarda polos barrios coruñeses e os seus arredores!

Esperámosvos a todos os palanadores que así o desexedes o Domingo na Sardiñeira.

1 comentário:

TodoLNB disse...

VANSE PODER PARAR AS BILLARDAS?

 Está prohibido mover, parar ou desviar a billarda intencionadamente mentras está en movemento, pero antes do lanzamento, permítese colocar a billarda ou xirala sobre o seu eixo, pero non desplazala. Se un lanzamento toca no terrero de xogo e sae fóra polo lateral da pista ó seguinte faise dende o punto da liña por onde a billarda saiu fóra,  o que chamamos "saque de banda", pero si a billarda sae polo lateral directamente sin tocar no chan, vólvese ó sitio de donde lanzamos. (SACADO DO REGULAMENTO DE BILLARDA LNB 2011-2012. Referencia ASCD O Varal)