A última xornada desta tempada tivo momentos moi especiais para todos.
O aberto gañouno Balea (Bateas), despois de estar en case que todalas carreiras contra as cordas, pero foi capaz de remontar en todas para conseguir o aberto nunha interesantísima final contra Daniel (Roteiros).
Falando xa das clasificacións xerais, os títulos que estaban máis abertos eran o de equipos e o individual.
No individual, os que mellor colocados chegaban eran Serxio e Roi, e o bombo deparou un enfrentamento a vida ou morte nos oitavos de final entre eles dous. Tras unha mala primeira carreira a causa dos entendibles nervios dos dous palanadores, Roi conseguiu o primeiro punto da eliminatoria, o que fixo que se desprendera da presión e facer unha moi boa segunda carreira, o que descartaba a Serxio para o título e facia que Roi se eliminaba a Franco conseguía o título, e se perdía tería que esperar a que Balea e Lois non gañaran o aberto.
O primeiro golpe de Roi facía pensar que xa o tiña feito, pero atrancouse a escasos metros do Varal, e finalmente caeu derrotado nas dúas carreiras contra Franco.
Todo dependia de Balea e de Lois, que estaban os dous nas semifinais. Balea - Franco e Lois - Daniel foron as semifinais.
Na primeira Balea perdeu a primeira carreira, pero conseguiu remontar contra Franco e meteuse na final contra un gran Daniel. Na final todos os espectadores desfrutaban do xogo, e debatían sobre o seu favorito para a final do aberto, e por outra parte estaba Roi, rezando para que Daniel gañara e lle dera o título, pero non foi asi, Balea fixo unha grandísima final e conseguiu gañar o aberto.
Isto significaba que Roi e Balea empataban na clasificación xeral, o que implicaba un desempate entre estes dous palanadores. A tensión era enorme, xa que estaba en xogo o título de Conferencia, o traballo de todo o ano en dúas carreiras.
Os nervios apreciabanse nos golpes dos dous palanadores, xa que a primeira carreira foi longa, ata que Roi despois de 5 golpes conseguiu o primeiro punto e como xa fixera na eliminatoria con Serxio na segunda carreira conseguiu entrar en dous golpes, polo que Balea non tivo opción para a remontada, e Roi conseguiu o seu segundo título de Conferencia.
Na foto o golpe definitivo:
Na clasificación por equipos, os Bateas tiveron unha xornada bastante tranquila, so houbo un momento no que puidose dubidar do seu triunfo, xa que Balea e Lois comezaron perdendo a súa eliminatoria dos cuartos de final, e os tres Filloas tiñan posibilidades de pasar, pero ao final foi totalmente ao contrario, pasaron Lois e Balea, e Roi, Xose e David finalmente quedaron fóra.
Na loita polo segundo posto, Os Cochikeiros e os Xarutos tiveron moitas baixas para esta derradeira xornada, ambos equipos contaron con tan so tres palanadores. Nos xarutos Serxio e Maceira conseguiron pasar da rolda de grupos, mentres que os Cochikeiros so meteron a Alberte nos oitavos, polo que os Xarutos colocáronse por diante na Xeral, e os Cochikeiros dependían de Alberte, que non foi quen de eliminar a David, polo que os Cochikeiros non poderán representar ao NorOeste en Conxo, e por segundo ano consecutivo os representantes serán Os Filloas de Sangue e os Xarutos.
Polo demais, ningún cambio nin na clasificación de Varados nin na Feminina, nas que Xan Rodiño e Geni son os flamantes campións.
Campións Conferencia NorOeste da Liga Nacional de Billarda:
Individual: Roi
Coma cabeza de serie clasificouse tamén Serxio.
Equipos: Bateas
Varados: Xan Rodiño
Feminino: Geni
Clasificados para Conxo á espera da confirmación oficial:
Individual:
Cabezas de Serie: Roi e Serxio
Viqueira, Lois Fontán, David, Xose, Alberto, Berdillo, Maceira, Antón, Juan, Leti
Equipos:
Filloas de Sangue, Xarutos
Varados:
Roi, David, Isma, Serxio, Xose
Feminina:
Leti, Zaida, María, Mila, Laura
1 comentário:
Na primeira carreira de cuartos non empecei perdendo. Gañei todas as carreiras menos na semifinal. apertas.
Enviar um comentário