quarta-feira, 2 de maio de 2012
Seguinte xornada
O próximo Domingo haberá xornada seguro, será ás 11:45 da mañán, nun principio tiñamos pensado xogar no campo de terra de Eiris, para que os nosos palanadores foran preparándose para Conxo, pero coma sempre ultimamente hai previsión de chuvia, polo que estamos intentando conseguir un pavillón, senón se consigue vai haber que xogar igual aínda que nos mollemos, xa que non temos máis datas para facer as dúas xornadas que quedan.
A última xornada se todo vai ben será o día 20 de Maio, se pode ser e nolo permiten será nos campos de herba artificiais da Torre de Hércules.
Por último recordar a todos os palanadores da LNB que a Conferencia NorOeste está que arde, con case todalas clasificacións abertas, a máis clara é a feminina na que Geni xa ten case asegurado o título.
Pero tanto nos varados coma na clasificación por equipos coma na individual está todo moi igualado.
Na clasificación por equipos os Filloas de Sangue, que queren volver a conquistar a Conferencia NorOeste por terceira vez, están a ver nas últimas xornadas coma os Bateas ameazan o seu liderato, colócandose na última xornada a tan só 8 puntos, polo que un erro poder facerlles perder a conferencia, que iria a parar a mans dos campións nacionais, os Bateas, que conseguirian este título por segundo ano consecutivo. Pero non só importan estos dous equipos, xa que os Xarutos e os Cochikeiros están loitando por un posto en Conxo, agora mesmo teñen unha pequena vantaxe os cochikeiros, pero tan só de 7 puntos, nada definitivo nin moito menos.
Na clasificación de varados houbo moitos cambios nas ultimas xornadas, Lois có seu famoso varado conseguido nos despachos (levaba meses reclamando un varado que non estaba apuntado en ningún lado, e ao final no xuizo o árbitro daquela xornada recoñeceu o seu erro) consegue colocarse coma lider, un punto por encima de Daniel, esta clasificación podería resultar definitiva se as dúas últimas xornadas xóganse en aberto, xa que as pistas na que se xogaría serían demasiado longas, e moi dificil conseguir máis varados.
E por último na individual parece que Roi e Serxio están empeñados en darse o un ao outro tantas oportunidades que Daniel, Lois e Balea poden botarselles encima nestas dúas últimas xornadas, entre Roi e Serxio hai tan só un punto de diferencia, polo que pase o que pase nesta 11º xornada, nada vai quedar sentenciado ata a última xornada. O que mellor saiba xogar coa presión de poder conseguir o título da Conferencia pode levarse a gloria. O duelo entre estes dous palanadores é constante e pode acabar convertendose en mítico, xa que o ano pasado Serxio eliminou a Roi en Conxo, que conseguiu a súa pequena vendetta na primeira xornada desta tempada, e dende esa primeira xornada os dous primeiros postos sempre estiveron reservados para estes dous palanadores menos na terceira xornada, aínda así ningún dos dous pode relaxarse, xa que vendo como están as cousas está claro que non poden errar máis, por detrás esperan os seus erros con moitas gañas.
Pero non só os palanadores que loitan polo título xoganse moito, tamén hai moitos Palanadores que están a loitar por conseguir un posto nos play-offs de Conxo, clasifícanse 12, pero recordamos que moitos dos que están entre os doce primeiros non son nativos, polo que non aspiran a un posto pola nosa conferencia, o que pecha a día de hoxe os clasificados para Conxo sería Juan dos Xarutos.
Dende aquí para rematar animarvos a todos os palanadores a pasarvos polo NorOeste o Domingo para ver o nivel da nosa Conferencia e para desfrutar xogando á billarda. Moita sorte a todolos palanadores.
Avante o NorOeste!
Adiante co Varal!
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário