O campo de xogos do MELGA acollerá este domingo 13 de setembro o seu primeiro aberto de billarda con motivo das Festas da Barquiña. Está organizado pola Fundación Ricardo
Pérez e Verdes, e o
MELGA (Museo Etnolúdico
de Galicia), e coa Comisión de Festas
do Concello de
Ponteceso e a Conferencia Noroeste da Liga Nacional de Billarda.
Haberá 3 categorías GRUPO A: de
6 a 14 anos; GRUPO B:
de 15 a 30 anos e
GRUPO C: de 31 anos en diante.
É imprescindíbel apuntarse antes das 14 horas do xoves 10 de setembro.
MELGA: 981 715 442
BERDILLO: 687 607 477
I
ABERTO DE BILLA de PONTECESO (Domingo, 13 de setembro de 2015)
REGULAMENTO
1.- Poderán participar no I ABERTO DE BILLA de Ponteceso, todas aquelas persoas que o desexen, sempre e cando estean inscritos para o devandito concurso/competición. A inscrición será GRATUÍTA. As inscricións levaranse a cabo por teléfono, fax ou correo electrónico ou ben directamente no MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia), sito no Centro Cultural de Ponteceso, en horario de mañá de 9,00 h. a 13,00 h. e polas tardes de 17,00 h. a 20,00 h. Os participantes inscribiranse de forma individual. O prazo límite de inscrición finalizará o xoves 10 de setembro ás 14,00 h.
2.- Este
Festival Galego do Xogo e o Deporte Tradicional, celebrarase o
DOMINGO día 13 de setembro de 2015 ás
11,00 h.
da mañá, con motivo das festas Patronais
da Barquiña,
organizado pola Fundación Ricardo
Pérez e Verdes, e o
MELGA (Museo Etnolúdico
de Galicia), e coa Comisión de Festas
do Concello de
Ponteceso, a Liga Nacional de Billarda e
a Conferencia Noroeste de Galicia.
3.-O
lugar da carreira/tirada será no Campo de
Xogos do MELGA
anexo ao Centro Cultural de Ponteceso.
4. -Haberá
tres categorías: GRUPO A: de
6 a 14 anos; GRUPO B:
de 15 a 30 anos e
GRUPO C: de 31 anos en diante,
tanto en masculino e feminino.
5.- Todos os
competidores que se inscriban, deberán levar
obrigatoriamente, os seus palans
e as súas correspondentes billas.
En caso de que algúns tiradores/ras non posúan os elementos do xogo
(billa-palán), a
organización poderá, en calidade de préstamo e excepcionalmente,
ceder os devanditos implementos para realizar a competición.
6.- O
palán,
será de madeira, e terá unha
lonxitude de 60 cm. e un diámetro máximo de
3 cm. e un mínimo de 1,5 cm.
A billa,
tamén será de madeira, e a súa
lonxitude máxima será de 25 cm. e mínima de
18 cm. cun diámetro máximo de 3 cm. e un mínimo de 1,5 cm.
O palán
deberá ir suxeito o pulso da man por unha
fita de seguridade que será OBRIGATORIA para
participar no concurso.
7.- A
cancha de xogo, será un terreo (herba, cemento ou terra) o mais
chairo posible sen obstáculos, e terá unhas dimensións aproximadas
de 50 x 20 m.
Ademais terá un Varal que son dous postes
situados a 3,60 m.
un do outro, colocado na liña que delimita a meta final do campo de
xogo. Enfrontado e oposto ao Varal, na
liña de saída, localízase un cadrado (madeira, terra, pedra lisa)
de 60 x 60 cm. que será a Zona do saque ou
inicio da partida.
8.-
O concurso
desenvolverase por enfrontamento dun xogador contra outro, é dicir,
entre parellas.
9.-
O xogo consistirá en tratar de chegar
coa billa
ata o Varal, traspasando totalmente este,
no menor número de golpes posible e antes que o seu contrincante.
10.-
Coa billa
sobre o chan na zona de saque, o xogador/a
golpeará co palán
nun dos seus extremos puntiagudos
da billa,
para que salte cara a arriba e unha vez no aire, golpeala de novo
fortemente, intentando dirixila cara ao varal, coa finalidade de
traspasala entre os dous paus.
11.- Todo
xogador/a terá un tiro en cada acción.
Sempre que toque a billa o
palán, aínda que esta non
se levante, contabilizarase un tiro válido e o golpeo pasará ao
seguinte palanador/a.
En cambio, SI estará permitido que o
xogador/a poida
golpear varias veces a billa,
segundo a súa habilidade e desexo, cando esta
se encontra aínda no aire.
12.-
Os palanadores/ras
dende a zona de saque farán os seus lanzamentos
en orde alternativa.
13.- Cando
un xogador/a consegue introducir a billa
no varal dun só golpe denomínaselle
"Varado". Se o primeiro lanzamento
non se consegue varado, o palanador/a
fai o seguinte lanzamento dende o lugar onde se detén a
billa.
14.- Está
prohibido mover, parar ou desviar a
billa intencionadamente
mentres está en movemento, pero antes do
lanzamento permítese colocar a billa
ou xirala sobre o seu eixe, pero nunca se
pode desprazar.
15.- Se
o terreo de xogo, tivese algunha irregularidade
que non facilitase o correcto golpeo de lanzamento, permitirase
ao competidor/a unha axuda extra, que consiste en colocar debaixo da
súa billa
algún obxecto (pedra,
outra billa,
afundido en terra, etc.), que eleve a punta da mesma e se poida
efectuar o golpeo
axeitadamente.
16.- Se
unha billa toca o terreo de xogo, despois de ser golpeada e sae fóra
polo lateral da pista, o seguinte tiro farase dende o punto da liña
por onde a billa
saíu fóra, o que
se chama "saque de banda".
Pero se a billa sae
polo lateral directamente sen tocar o chan, volverase ao lugar de
onde foi lanzada.
17.- Se
o lanzamento sae pola liña de fondo, toque ou non a pista antes de
saír, volverase ao lugar do lanzamento.
18.- Un
tiro considerarase non válido, cando non traspase completamente a
liña de marca do terreo de xogo. O mesmo
acontece no Varal, a billa
ten que superar completamente a liña de meta para que sexa o tanto
válido.
19.- As
árbores, farois, ou distintos obxectos fixos que existan na pista de
xogo, considéranse elementos do xogo, polo
tanto se a billa bate
contra eles será coma se golpease contra o poste do varal,
considerándose válido o lugar en que remata a
billa. O
mesmo acontece se a billa
golpea accidentalmente noutro xogador, no
árbitro ou en calquera espectador que
distraído puidera cruzar a pista no momento do lance do xogo.
20.- Se
ao ser golpeada unha billa
por un
palanador/a
golpea outra billa
que estea parada no chan, esta debe
volverse ao sitio e a que golpeou quedarase onde se pare.
21.- Se
o xogador que ten a quenda de tiro fose, a criterio do árbitro,
molestado no momento de golpear a
billa, poderá
optar ou non por repetir o golpe. Cando
o infractor sexa outro xogador, que faga
intencionalmente a devandita acción, este será
penalizado coa perda de dous (2) puntos á súa clasificación final.
22.- A
competición do I
ABERTO DE BILLA
farase, un contra un,
en sistema de TODOS CONTRA TODOS,
seguindo as Táboas de
competición Internacional. Unha vez comezado
o concurso, non se admitirán mais participantes, a
excepción de que o grupo estea cun número impar e non se iniciase a
segunda rolda da
xornada.
23.- No caso
de contar con moitos xogadores/ás en
cada grupo, a competición estableceríase
polo sistema de ELIMINITARIA
DIRECTA ou
faríanse, si fora posible, varios grupos.
24.- Gañará
a partida ou carreira, aquel xogador/a que consegue meter a
billa no
varal antes que o seu contrincante, pero sempre co mesmo número de
lances feitos por cada xogador. Se ambos os
dous pasan o varal co mesmo número de golpes, producirase un empate.
25.- No
caso de empate, tanto nas fases
clasificatorias coma en varados, os xogadores/ás mediranse, dende a
liña de saída, nun só lanzamento, gañando
aquel que consiga chegar máis preto ao varal ou traspase este.
26.- A
cada xogador/a que gañe un encontro concederáselle dous (2) puntos
e ao perdedor un punto (1). Os
dous palanadores/ás
que consigan máis puntuación, nos seus
respectivos grupos, mediranse nunha GRAN
FINAL.
27.- Todos
os encontros estarán supervisados por xuíces
ou árbitros cualificados. As
súas decisións son inapelables. No caso de
que un palanador/a
non estivese de acordo cunha decisión arbitral, poderase
presentar unha reclamación por escrito, dirixida ao Presidente do
Comité da Organización.
28.- O
sábado 12 de setembro, día anterior á Gran
Final, a partir das 16,00 h.
e ata as 20,00 h.,
a Organización do Torneo habilitará para todos aqueles
palanadores/ás que o
desexen, o campo de xogo do MELGA,
para realizar unha sesión práctica de adestramento
antes da competición final. A sesión estará
dirixida por varios monitores da Conferencia Noroeste de
Billarda
de Galicia.
29.- Os
premios que se concederán neste I ABERTO DE BILLA de
Ponteceso, serán os
seguintes: un trofeo ao campión e subcampión de cada grupo; un
premio especial para os palanadores/as
mellor clasificados do
concello de
Ponteceso nas
súas respectivas categorías; un recordo para o xogador/a máis novo
e outro para o xogador máis veterano e un trofeo feminino e outro
masculino, para os "Paláns
de OURO"
(aqueles que consiga traspasar o varal nun só golpeo).
30.- En caso
de que o tempo non nos acompañe, o I ABERTO DE BILLA
do Concello de
Ponteceso, NON SE
SUSPENDERÁ, xa que este se trasladaría ao
Polideportivo Municipal.
31.-
A todos os participantes inscritos, a Organización lles fará
entrega en dito momento ou antes de que comece o concurso, do
regulamento de dito deporte tradicional.
32.- O
presente regulamento será de exclusiva aplicación neste
concurso/competición. Para todo o non considerado neste, nos
remitiremos ao Comité Organizador do evento, que estudará,
analizará, e avaliará as reclamacións pertinentes presentadas,
para a súa aprobación ou reprobación final.
O COMITÉ
ORGANIZADOR
I
ABERTO DE BILLA de PONTECESO (Domingo, 13 de setembro de 2015)
PROGRAMA
10,00
a 10,15 h.: RECEPCIÓN E ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN A XUGADORES/AS
10,15
a 10,30 h.: PRESENTACIÓN E CONTROL DO MATERIAL DE XOGO
10,30
a 11,00 h.: ADESTRAMENTO NO TERREO DE XOGO
11,00
a 11,45 h.: INICIO
DA COMPETICIÓN OFICIAL PARA OPRIMEIRO GRUPO
CANCHA 1: GRUPO “A” –
CANCHA 2: GRUPO “B” (ADESTRAMENTO)
DESCANSA: GRUPO “C”
11,45
a 12,30 h.: COMPETICIÓN
OFICIAL SEGUNDO GRUPO
CANCHA 1: GRUPO “B” – CANCHA 2: GRUPO
“C”(ADESTRAMENTO)
DESCANSA: GRUPO “A”
12,30
a 13,15 h.: COMPETICIÓN
OFICIAL TERCEIRO GRUPO
CANCHA 1: GRUPO “C” –
CANCHA 2: GRUPO “C”
DESCANSA: GRUPO “A” e GRUPO
“B”
13,15
a 13,45 h.: GRAN
FINAL
CANCHA CENTRAL: CAMPEÓN E SUBCAMPEÓN DE CADA
GRUPO
14,00
h.: ENTREGA DE TROFEOS E PREMIOS
14,30
h.: CLAUSURA DO I ABERTO DE BILLA DE PONTECESO
OBSERVACIÓNS:
- O programa posiblemente poderá sufrir algunha modificación no transcurso da competición. Si isto acontecese, todos os palanadores/as serían puntualmente informados pola boa marcha da xornada.
- Prégase RESPECTAR OS HORARIOS establecidos pola Organización.
Sem comentários:
Enviar um comentário