UN MAR DE BILLARDAS!
Golpean
co palán e brincan as billardas aos ríos e ao mar.
As
billardas de Billardeiros Musicais dende a ría comezan a
percorrer o mar Cantábrico coas de Troitas Bravas que
baixaron polo río Eo, xuntándose coas de Remourelle Bulls e tamén
coas da Ekipa Bítere que descenderon polo río Masma. As
de Polka Miseria percorren o río Azúmara uníndose ás de
Carabullo ata o río Miño e descendendo por este xúntanse
coas de Chaínzos/Cadaval que viñeron polo río Lea e coas de
Billarda Verde que baixaron polo río Chamoso, percorrendo
todas o río Miño ata a súa desembocadura.
Dende a ría da Coruña as
billardas de Filloas de Sangue e as de Zumbapaus percorren o mar Atlántico xuntándose coas de Croa do
Castro-Cerqueda. As de Vimianzo percorren o
río Grande. As de Billarda Campo da Feira-Paiosaco
xúntanse coas de APB Santa Marta e descenden o río Anllóns.
As de Cochikeiros da Billarda percorren río Lengüelle ata o
río Tambre e polo que baixan as de Furabolos descendendo
xuntas ata a ría de Muros e Noia.
Bótanse
ao mar nas Rías Baixas as billardas de Valpaços-Terra Quente
e van cara a ría de Pontevedra xuntándose coas de Corredoiras,
as de Gharaboto, as de Rinoceronte, as de Armandiña,
as de Andarela e as de Lúa de Forza. Seguindo cara a
ría de Arousa únense ás de Laxe de Rons e ás de Casilledín
que baixaron polo río Umia.
Percorren todas a costa galega, xúntanse na Costa da Morte e fronte á praia de
Laxe forman un “mar de billardas”.
LNB-10 ANOS DE ACTIVIDADE E HIPERENXEBRISMO.
Este sábado 11 ás 6 da tarde no local municipal, sito na rúa Valle Inclán (detras da casa do concello), presentaremos o Billarda All-Star 2017 e falaremos do xogo-deporte da billarda e da historia da LNB-Liga Nacional de Billarda. Tamén poderás ver a exposición itinerante de carteis "LNB-10 anos de actividade e hiperenxebrismo".
PON A CAMISOLA DA LNB E PARTICIPA!
Participar na Liga Nacional de Billarda e no All-Star Praia de Laxe é aberto, gratuíto e sen límites de idade. Só tes que achegarte e se traes o teu palán e billarda mellor, senón pretámosche nós o material para xogar.
PARA O XANTAR É IMPRESCINDIBLE ANOTARSE NO TLF. 658596765 ANTES DO MÉRCORES 15.
Sem comentários:
Enviar um comentário