sábado, 5 de maio de 2012

Todos a Santa Cruz!

Finalmente a pista polideportiva de Meixón Frío, na rúa Manuel Gutierrez Meliado (Liáns, Santa Cruz) é a escollida para a desputa desta penúltima xornada da liga coa inestimábel axuda do concello de Oleiros. Así que vos esperamos a todo o mundo ás 11:45 na pista de Meixón Frío!! Avante o NorOeste!

quarta-feira, 2 de maio de 2012

Seguinte xornada

O próximo Domingo haberá xornada seguro, será ás 11:45 da mañán, nun principio tiñamos pensado xogar no campo de terra de Eiris, para que os nosos palanadores foran preparándose para Conxo, pero coma sempre ultimamente hai previsión de chuvia, polo que estamos intentando conseguir un pavillón, senón se consigue vai haber que xogar igual aínda que nos mollemos, xa que non temos máis datas para facer as dúas xornadas que quedan. A última xornada se todo vai ben será o día 20 de Maio, se pode ser e nolo permiten será nos campos de herba artificiais da Torre de Hércules. Por último recordar a todos os palanadores da LNB que a Conferencia NorOeste está que arde, con case todalas clasificacións abertas, a máis clara é a feminina na que Geni xa ten case asegurado o título. Pero tanto nos varados coma na clasificación por equipos coma na individual está todo moi igualado. Na clasificación por equipos os Filloas de Sangue, que queren volver a conquistar a Conferencia NorOeste por terceira vez, están a ver nas últimas xornadas coma os Bateas ameazan o seu liderato, colócandose na última xornada a tan só 8 puntos, polo que un erro poder facerlles perder a conferencia, que iria a parar a mans dos campións nacionais, os Bateas, que conseguirian este título por segundo ano consecutivo. Pero non só importan estos dous equipos, xa que os Xarutos e os Cochikeiros están loitando por un posto en Conxo, agora mesmo teñen unha pequena vantaxe os cochikeiros, pero tan só de 7 puntos, nada definitivo nin moito menos. Na clasificación de varados houbo moitos cambios nas ultimas xornadas, Lois có seu famoso varado conseguido nos despachos (levaba meses reclamando un varado que non estaba apuntado en ningún lado, e ao final no xuizo o árbitro daquela xornada recoñeceu o seu erro) consegue colocarse coma lider, un punto por encima de Daniel, esta clasificación podería resultar definitiva se as dúas últimas xornadas xóganse en aberto, xa que as pistas na que se xogaría serían demasiado longas, e moi dificil conseguir máis varados. E por último na individual parece que Roi e Serxio están empeñados en darse o un ao outro tantas oportunidades que Daniel, Lois e Balea poden botarselles encima nestas dúas últimas xornadas, entre Roi e Serxio hai tan só un punto de diferencia, polo que pase o que pase nesta 11º xornada, nada vai quedar sentenciado ata a última xornada. O que mellor saiba xogar coa presión de poder conseguir o título da Conferencia pode levarse a gloria. O duelo entre estes dous palanadores é constante e pode acabar convertendose en mítico, xa que o ano pasado Serxio eliminou a Roi en Conxo, que conseguiu a súa pequena vendetta na primeira xornada desta tempada, e dende esa primeira xornada os dous primeiros postos sempre estiveron reservados para estes dous palanadores menos na terceira xornada, aínda así ningún dos dous pode relaxarse, xa que vendo como están as cousas está claro que non poden errar máis, por detrás esperan os seus erros con moitas gañas. Pero non só os palanadores que loitan polo título xoganse moito, tamén hai moitos Palanadores que están a loitar por conseguir un posto nos play-offs de Conxo, clasifícanse 12, pero recordamos que moitos dos que están entre os doce primeiros non son nativos, polo que non aspiran a un posto pola nosa conferencia, o que pecha a día de hoxe os clasificados para Conxo sería Juan dos Xarutos. Dende aquí para rematar animarvos a todos os palanadores a pasarvos polo NorOeste o Domingo para ver o nivel da nosa Conferencia e para desfrutar xogando á billarda. Moita sorte a todolos palanadores. Avante o NorOeste! Adiante co Varal!

segunda-feira, 2 de abril de 2012

Clasificacións da 10º Xornada

Cada vez todo aprétase máis e máis aínda, a falta de dúas xornadas ningunha clasificación está decidida, nos próximos días unha pequena crónica da 10º Xornada e das posibles combinacións das últimas dúas xornadas!!
O campión do Aberto da Fábrica de Tabacos foi Xan Rodiño.


Individual

Xan Rodiño (Bateas) 10
Lois (Bateas) 8
Xose (Filloas) 7
Balea (Bateas) 7
Serxio (Xarutos) 5
Juan (Xarutos) 5
Luis Caminha (Gharaboto) 5
David (Filloas) 5
Boquete (Cochikeiros "B") 4
Elena (Bateas) 4
Roi (Filloas) 4
Lois (Filloas) 4
Isma (Cochikeiros) 4
Viqueira (Cochikeiros) 4
Martiño (Cochikeiros "B") 4
Gelin (Gharaboto) 4
Antón (Cochikeiros) 2
Leti (Xarutos) 2
Alberte (Cochikeiros) 2
Cheli (Gharaboto) 2
Ana (Gharaboto) 2
Berdillo (Cochikeiros) 2
Maceira (Xarutos) 2
Cristian (Bateas) 2
Carlinhos (Cochikeiros) 1
María (Xarutos) 1
Adrián (Cochikeiros) 1
Alberto (Maghua) 1
Zaida (Cochikeiros) 1
Homer (Maghua) 1


Equipos

Bateas 29
Filloas de Sangue 20
Xarutos 14
Gharaboto 13
Cochikeiros 12
Cochikeiros "B" 8
Maghua 2


Varados

Lois (Bateas) 3*
Balea (Bateas) 2
Xan Rodiño (Bateas) 1


Feminina

Elena (Bateas) 4
Leti (Xarutos) 2
Cheli (Gharaboto) 2
Ana (Gharaboto) 2
María (Xarutos) 1
Zaida (Cochikeiros) 1


Clasificacións Xerais



Individual

Roi (Filloas) - 54
Serxio (Xarutos) - 53
Daniel (Roteiros) - 47
Lois (Bateas) - 47
Balea (Bateas) - 46
Xan Rodiño (Bateas) - 40
David (Filloas) - 40
Viqueira (Cochikeiros) - 38
Xose (Filloas) - 37
Berdillo (Cochikeiros) - 37
Lois (Filloas) - 37
Alberto (Maghua) - 36
Geni (Roteiros) - 32
Franco (Roteiros) 31
Antón (Cochikeiros) - 30
Maceira (Xarutos) - 29
Luis Caminha (Gharaboto) - 24
Leti (Xarutos) - 23
Juan (Xarutos) - 23
Elena (Bateas) - 20
Christian (Xarutos) - 19
Luis (Bateas) - 19
Alberte (Cochikeiros) - 19
Adrián (Cochikeiros) - 16
Isma (Cochikeiros) - 16
Carlinhos (Cochikeiros) - 14
Zaida (Cochikeiros) - 12
Gelin (Gharaboto) 12
Xose Rodiño (Bateas) 10
Boquete (Cochikeiros "B") - 10
Alberto (Filloas) - 10
Homer (Maghua) - 9
Maria (Xarutos) - 9
Davide (Maghua) - 7
Reyes (Roteiros) - 7
Diego (Cochikeiros "B") - 6
Cristian (Bateas) - 6
Odilo (Bateas "B") 5
Charli (Spartak de Moimenta) 4
Ivan (Bateas) 4
Toño (-) - 4
Martiño (Cochikeiros "B") 4
Mosquera (Cochikeiros "B") 4
Kiko (Maghua) - 4
Isa (Roteiros) - 4
Ana (Madia Leva) - 4
Verónica (Cochikeiros "B") - 3
Cheli (Gharaboto) 3
Rafa (Maghua) 3
Ana (Maghua) - 3
Laura (Maghua) - 3
Patri (Xarutos) - 2
Adrián (Cochikeiros) - 2
Ana (Gharaboto) 2
Mabel (Maghua) - 1
Mila (Cochikeiros "B") 1
Xavi (Filloas) 1
Martin (Cochikeiros "B") 1
Ismael (Spartak de Moimenta) 1
Manuel (Franquicia branca) 1



Varados

Lois (Bateas) - 14
Daniel (Roteiros) - 13
Xan (Bateas) - 12
Roi (Filloas) - 8
David (Filloas) - 4
Balea (Bateas) - 4
Isma (Cochikeiros) - 4
Serxio (Xarutos) - 3
Xose (Filloas) - 3
Berdillo (Cochikeiros) - 3
Xose Rodiño (Bateas) - 3
Alberte (Cochikeiros) - 2
Franco (Roteiros) 2
Alberto (Filloas) - 1
Ivan (Bateas) - 1
Davide (Maghua) - 1
Viqueira (Cochikeiros) - 1
Reyes (Roteiros) 1
Kiko (Maghua) - 1
Diego (Cochikeiros "B") - 1
Cristian (Bateas) - 1
Charli (Spartak de Moimenta) - 1
Geni (Roteiros) - 1
Luis Caminha (Gharaboto)- 1


Equipos

Filloas de Sangue - 176
Bateas - 168
Cochikeiros - 152
Xarutos - 145
Roteiros - 117
Maghua - 62
Gharaboto - 41
Cochikeiros "B" - 32
Bateas "B" - 5
Spartak de Moimenta - 5
Madia Leva - 4


Feminina

Geni (Roteiros) - 32
Leti (Xarutos) - 23
Elena (Bateas) - 19
Zaida (Cochikeiros) - 12
María (Xarutos) - 9
Reyes (Roteiros) - 7
Ana (Madia Leva) - 4
Isa (Roteiros) - 4
Cheli (Gharabotos) - 3
Laura (Maghua) - 3
Verónica (Cochikeiros "B") - 3
Patri (Xarutos) - 2
Ana (Gharaboto) 2
Ana (Maghua) - 1
Mabel (Maghua) - 1

quinta-feira, 29 de março de 2012

Seguimos xogando!!

A pesares da folga xeral de hoxe, a impaciencia de algúns palanadores é tanta que temos que confirmar que despois de mes e medio sen xogar, xogaremos por segundo fin de semana consecutivo!!
Este Domingo volverá a acompañarnos o bo tempo, polo que mantemos a xornada que estaba marcada para o día 1 de Abril!!
Despois de dúas tentativas este ano, agora si que poderemos xogar na praza da Fábrica de Tabacos, ás 11:45, onde o ano pasado gañou Xosé Rodiño, conseguindo o Grand Slam (vitorias en todas as conferencias).

Lembrade que coas poucas diferencias que hai, esta pode ser unha xornada decisiva, xa que quedan tan só tres xornadas, e un erro sumado a unha boa xornada dos teus rivais a estas alturas pode ser mortal.

Na clasificación individual 3 puntos separan aos tres primeiros palanadores, entre os que vai a estar a desputa da Conferencia, Roi segue lider, con dous puntos de vantaxe sobre Serxio, estes dous palanadores foron os únicos que encabezaron a clasificación xeral ata o de agora, pero Daniel colocouse a un punto de Serxio e a tres de Roi coas súas grandes actuacións, e agora mesmo todos os palanadores o colocan coma o gran favorito da Conferencia, aínda que queda moito que falar.

Na clasificación por equipos os Filloas de Sangue levan dende que comezou a Liga no primeiro posto, e foron ampliando a súa vantaxe ata fai algunhas xornadas, na que parece que están acusando a presión dos Cochikeiros (que chegaron a estar a 28 puntos dos Filloas e agora están a 16), e agora tamen dos Bateas (que chegaron a estar a 43 puntos! e están agora mesmo a 17)

Na clasificación de varados, Daniel que ata esta última xornada estaba comodamente no primeiro posto, viu como Xan Rodiño e Lois colocáronse a falta de tres xornadas, soamente a dous varados de alcanzalo, polo que non pode relaxarse.. A boa nova para él é que o cuarto clasificado quedou xa demasiado lonxe.

Na clasificación feminina, é onde parece que está todo máis claro, con Geni coma lider destacada a 11 puntos de Leti.

segunda-feira, 26 de março de 2012

Clasificacións da 9º Xornada

Daniel conseguiu outra vitoria no Noroeste, impúxose a un gran Balea nunha disputada final, que rematou con polémica e suspense, pero finalmente Daniel conseguiu unha merecida vitoria.

Individual

Daniel (Roteiros) 10
Balea (Bateas) 8
Serxio (Xarutos) 7
Xan Rodiño (Bateas) 7
Berdillo (Cochikeiros) 5
Lois (Bateas) 5
Roi (Filloas) 5
Odilo (Bateas "B") 5
Antón (Cochikeiros) 4
Xose (Filloas) 4
Maceira (Xarutos) 4
Alberte (COchikeiros) 4
Mosquera (Cochikeiros "B") 4
Leti (Xarutos) 4
Viqueira (Cochikeiros) 4
Franco (Roteiros) 4
David (Filloas) 2
Homer (Maghua) 2
Lois (Filloas) 2
Geni (Roteiros) 2
Carlinhos (Cochikeiros) 2
Ana (Madia-Leva) 2
Elena (Bateas) 1
Alberto (Filloas) 1
Boquete (Cochikeiros "B") 1
Mila (Cochikeiros "B") 1
Juan (Xarutos) 1
Isma (Cochikeiros) 1



Varados

Lois (Bateas) 4
Xan Rodiño (Bateas) 3
Roi (Filloas) 1
Daniel (Roteiros) 1



Equipos

Bateas 21
Cochikeiros 17
Roteiros 16
Xarutos 16
Filloas de Sangue 13
Cochikeiros "B" 6
Bateas "B" 5
Maghua 2
Madia Leva 2



Feminino

Leti (Xarutos) 4
Geni (Roteiros) 2
Ana (Madia Leva) 2



Clasificacións Xerais

A falta de tan só tres xornadas, aprétanse moitisimo todas as clasificacións xerais, xa que todolos primeiros clasificados viron coma os seus perseguidores recurtaban diferencias, a única clasificación que parece bastante clara e a feminina, onde Geni ten case conquistado o titulo.

Individual

Roi (Filloas) - 50
Serxio (Xarutos) - 48
Daniel (Roteiros) - 47
Lois (Bateas) - 39
Balea (Bateas) - 39
Alberto (Maghua) - 35
David (Filloas) - 35
Berdillo (Cochikieros) - 35
Viqueira (Cochikeiros) - 34
Lois (Filloas) - 33
Geni (Roteiros) - 32
Franco (Roteiros) 31
Xose (Filloas) - 30
Xan Rodiño (Bateas) - 30
Antón (Cochikeiros) - 28
Maceira (Xarutos) - 27
Leti (Xarutos) - 20
Christian (Xarutos) - 19
Luis (Bateas) - 19
Luis Caminha (Gharaboto) - 19
Juan (Xarutos) - 18
Alberte (Cochikeiros) - 17
Elena (Bateas) - 16
Adrián (Cochikeiros) - 15
Carlinhos (Cochikeiros) - 13
Isma (Cochikeiros) - 12
Zaida (Cochikeiros) - 11
Xose Rodiño (Bateas) 10
Alberto (Filloas) - 10
Homer (Maghua) - 8
Gelin (Gharaboto) 8
Davide (Maghua) - 7
Reyes (Roteiros) - 7
Maria (Xarutos) - 7
Diego (Cochikeiros "B") - 6
Boquete (Cochikeiros "B") - 6
Odilo (Bateas "B") 5
Charli (Spartak de Moimenta) 4
Ivan (Bateas) 4
Toño (-) - 4
Mosquera (Cochikeiros "B") 4
Kiko (Maghua) - 4
Isa (Roteiros) - 4
Ana (Madia Leva) - 4
Cristian (Bateas) - 4
Verónica (Cochikeiros "B") - 3
Rafa (Maghua) 3
Ana (Maghua) - 3
Laura (Maghua) - 3
Patri (Xarutos) - 2
Adrián (Cochikeiros) - 2
Mabel (Maghua) - 1
Cheli (Gharaboto) 1
Mila (Cochikeiros "B") 1
Xavi (Filloas) 1
Martin (Cochikeiros "B") 1
Ismael (Spartak de Moimenta) 1
Manuel (Franquicia branca) 1



Varados

Daniel (Roteiros) - 13
Xan (Bateas) - 11
Lois (Bateas) - 11
Roi (Filloas) - 8
David (Filloas) - 4
Isma (Cochikeiros) - 4
Serxio (Xarutos) - 3
Balea (Bateas) - 3
Xose (Filloas) - 3
Berdillo (Cochikeiros) - 3
Xose Rodiño (Bateas) - 3
Alberte (Cochikeiros) - 2
Franco (Roteiros) 2
Alberto (Filloas) - 1
Ivan (Bateas) - 1
Davide (Maghua) - 1
Viqueira (Cochikeiros) - 1
Reyes (Roteiros) 1
Kiko (Maghua) - 1
Diego (Cochikeiros "B") - 1
Cristian (Bateas) - 1
Charli (Spartak de Moimenta) - 1
Geni (Roteiros) - 1
Luis Caminha (Gharaboto)- 1



Equipos

Filloas de Sangue - 156
Cochikeiros - 140
Bateas - 139
Xarutos - 131
Roteiros - 117
Maghua - 60
Gharaboto - 28
Cochikeiros "B" - 24
Bateas "B" - 5
Spartak de Moimenta - 5
Madia Leva - 4



Feminina

Geni (Roteiros) - 32
Leti (Xarutos) - 21
Elena (Bateas) - 15
Zaida (Cochikeiros) - 11
María (Xarutos) - 8
Reyes (Roteiros) - 7
Ana (Madia Leva) - 4
Isa (Roteiros) - 4
Laura (Maghua) - 3
Verónica (Cochikeiros "B") - 3
Patri (Xarutos) - 2
Ana (Maghua) - 1
Cheli (Gharabotos) - 1
Mabel (Maghua) - 1

sexta-feira, 23 de março de 2012

9º Xornada

A Conferencia NorOeste volve!
Despois de mes e medio de parón, os palanadores do NorOeste xa están preparados para asaltar Vilaboa o Domingo, moi ao noso pesar, repetiremos escenario, a 9º xornada volverá a ser na pista de Castro Laxe, en Vilaboa!
Chegando ao Caixa Galicia (Novacaixagalicia, Novagaliciabanco ou como máis gostedes) hai que virar á esquerda, pola rúa do Regueiro, até o final.
Este mapa vos servirá de axuxa.

Esperámosvos a todos alí, recordade que as clasificacións da Conferencia NorOeste está que bota fume!!

segunda-feira, 13 de fevereiro de 2012

Clasificacións da 8º Xornada

Vintesete palanadores déronse cita na complicada pista da Sardiñeira, moi longa, cun pouco de pendente cara arriba e con vento en contra, antes da xornada os palanadores estiveron comentando temas a ter en conta, coma por exemplo que debido ao vento en contra e a pendente, o palanador despois de realizar o lanzamento, e xa cando a súa billarda estivera baixando podería parala, vendose momentos anecdóticos, xa que foron moitos os palanadores que non dudaron en realizar carreiras para parar a súa billarda, xa que eses metros poderían ser moi importantes no seguinte lanzamento.

Lois de Bateas conseguiu a victoria na oitava xornada da Conferencia NorOeste, na pista da Sardiñeira, despois de ter eliminatorias moi complicadas, eliminando a David (Filloas) que fixera pleno nos grupos, a Maceira (Xarutos) que estaba a realizar unha gran xornada, a Roi (Filloas) autor do único varado do día e, xa na final, a Daniel (Roteiros) que está en racha nesta conferencia. As malas lenguas din que Daniel, antes da final foi ameazado con perder a invitación para o seu equipo en caso de volver a gañar.



Sen máis que comentar, deixamos as clasificacións:

Individual

Lois (Bateas) 10
Daniel (Roteiros) 8
Roi (Filloas) 7
Balea (Bateas) 7
Maceira (Xarutos) 5
Franco (Roteiros) 5
Berdillo (Cochikeiros) 5
Serxio (Xarutos) 5
Zaida (Cochikeiros) 4
Lois (Filloas) 4
Luis Caminha (Gharaboto) 4
Alberto (Maghua) 4
Xan Rodiño (Bateas) 4
Geni (Roteiros) 4
David (Filloas) 4
Juan (Xarutos) 4
Alberte (Cochikeiros) 2
Xose (Filloas) 2
Anton (Cochikeiros) 2
Elena (Bateas) 2
Gelin (Gharaboto) 2
viqueira (Cochikeiros) 2
Xavi (Filloas) 1
Boquete (Cochikeiros "B") 1
María (Xarutos) 1
Martiño (Cochikeiros "B") 1
Leti (Xarutos) 1


Varados

Roi 1

Equipos

Bateas 23
Roteiros 17
Filloas de Sangue 17
Xarutos 15
Cochikeiros 13
Gharaboto 6
Maghua 4
Cochikeiros "B" 2


Feminino

Zaida (Cochikeiros) 4
Geni (Roteiros) 4
Elena (Bateas) 2
María (Xarutos) 1
Leti (Xarutos) 1



Clasificacións Xerais

Na clasificación xeral individual, Roi conseguiu dous puntos máis de diferencia sobre Serxio, cunha boa xornada, chegando ata semifinais, a pesar de facer unha xornada moi irregular, na que tivo que xogar o desempate na fase de grupos con Antón, e facer algún golpe decisivo que parecía imposible. Serxio tamén fixo unha gran xornada, pasando na fase de grupos sen moitos problemas, e eliminando a Lois (Filloas) que estaba a facer unha moi boa xornada, pero non puido cun Daniel en estado de graza nos cuartos. Daniel (Roteiros) colócase grazas a volver a meterse na final, na terceira posición da clasificación xeral, metendo o medo aos dous primeiros clasificados, xa que se segue coa súa racha, podería rematar gañando a Conferencia.

Individual




Roi (Filloas) - 45
Serxio (Xarutos) - 41
Daniel (Roteiros) - 37
Alberto (Maghua) - 35
Lois (Bateas) - 34
David (Filloas) - 33
Lois (Filloas) - 31
Balea (Bateas) - 31
Viqueira (Cochikeiros) - 30
Geni (Roteiros) - 30
Berdillo (Cochikieros) - 30
Franco (Roteiros) 27
Xose (Filloas) - 26
Antón (Cochikeiros) - 24
Xan Rodiño (Bateas) 23
Maceira (Xarutos) - 23
Christian (Xarutos) - 19
Luis (Bateas) - 19
Luis Caminha (Gharaboto) - 19
Juan (Xarutos) - 17
Leti (Xarutos) - 16
Adrián (Cochikeiros) - 15
Elena (Bateas) - 15
Alberte (Cochikeiros) - 13
Isma (Cochikeiros) - 11
Carlinhos (Cochikeiros) - 11
Zaida (Cochikeiros) - 11
Xose Rodiño (Bateas) 10
Alberto (Filloas) - 9
Gelin (Gharaboto) 8
Davide (Maghua) - 7
Reyes (Roteiros) - 7
Maria (Xarutos) - 7
Homer (Maghua) - 6
Diego (Cochikeiros "B") - 6
Boquete (Cochikeiros "B") - 5
Charli (Spartak de Moimenta) 4
Ivan (Bateas) 4
Toño (-) - 4
Kiko (Maghua) - 4
Isa (Roteiros) - 4
Cristian (Bateas) - 4
Verónica (Cochikeiros "B") - 3
Rafa (Maghua) 3
Ana (Maghua) - 3
Laura (Maghua) - 3
Patri (Xarutos) - 2
Adrián (Cochikeiros) - 2
Ana (Madia Leva) - 2
Mabel (Maghua) - 1
Cheli (Gharaboto) 1
Xavi (Filloas) 1
Martin (Cochikeiros "B") 1
Ismael (Spartak de Moimenta) 1
Manuel (Franquicia branca) 1


A clasificación de varados segue tal e coma estaba, a única diferencia é que Roi, cun fermoso varado nun golpe no que se non facía o Varado quedaba eliminado, colócase con 7, algo máis preto de Daniel, pero aínda demasiado lonxe, a loita pola segunda praza si que pode estar algo máis interesante.

Varados




Daniel (Roteiros) - 12
Xan (Bateas) - 8
Lois (Bateas) - 7
Roi (Filloas) - 7
David (Filloas) - 4
Isma (Cochikeiros) - 4
Serxio (Xarutos) - 3
Balea (Bateas) - 3
Xose (Filloas) - 3
Berdillo (Cochikeiros) - 3
Xose Rodiño (Bateas) - 3
Alberte (Cochikeiros) - 2
Franco (Roteiros) 2
Alberto (Filloas) - 1
Ivan (Bateas) - 1
Davide (Maghua) - 1
Viqueira (Cochikeiros) - 1
Reyes (Roteiros) 1
Kiko (Maghua) - 1
Diego (Cochikeiros "B") - 1
Cristian (Bateas) - 1
Charli (Spartak de Moimenta) - 1
Geni (Roteiros) - 1
Luis Caminha (Gharaboto)- 1


Na clasificación por equipos, os Filloas conseguiron ampliar a súa distancia cós Cochikeiros en 4 puntos, polo que agora están a 20. Un pouco máis abaixo, metendo medo aos dous primeiros, colócanse os Bateas, que xa están tan só a cinco puntos dos Cochikeiros, no terceiro posto. Os Xarutos, que están indo de máis a menos nesta liga, colócanse xa no cuarto posto, tres puntos por debaixo dos Bateas, é dicir, a 8 dos Cochikeiros, que intentan afianzarse no segundo posto, que lles daría dereito a xogar en Conxo.

Equipos



Filloas de Sangue - 143
Cochikeiros - 123
Bateas - 118
Xarutos - 115
Roteiros - 101
Maghua - 58
Gharaboto - 28
Cochikeiros "B" - 18
Spartak de Moimenta - 5
Madia Leva - 2

A clasificación feminina non ve moitos cambios, Elena colócase un punto máis preto de Leti na loita polo segundo posto, xa que parece que Geni xa ten asegurado o primeiro posto. Zaida, cunha gran xornada colócase 4º, a 6 puntos de Leti.

Feminina



Geni (Roteiros) - 30
Leti (Xarutos) - 17
Elena (Bateas) - 15
Zaida (Cochikeiros) - 11
María (Xarutos) - 8
Reyes (Roteiros) - 7
Isa (Roteiros) - 4
Laura (Maghua) - 3
Verónica (Cochikeiros "B") - 3
Patri (Xarutos) - 2
Ana (Madia Leva) - 2
Ana (Maghua) - 1
Cheli (Gharabotos) - 1
Mabel (Maghua) - 1