Aproveitando que ven un raiolo de sol, mañá domingo 23 de febreiro ás 11 h. sacaremos as billarda á rúa. No ecuador da liga deixamos os pavillóns de Cerceda para ir achegándonos á Coruña. Mañá tan só desputaremos unha xornada, a que fora aprazada pola cicloxénese explosiva, e non dóbel xornada como nun principio se podía prever. Débese a que estrearemos unha nova pista da cal aínda non coñecemos todas as súas características físicas e que está situada no Complexo Deportivo de Acea da Ma (O Burgo-Culleredo). E escollede ben as billardas pois o terreo é de terra dura con mistura de herba e area grosa, e algo de frouma. Toda unha nova experiencia billardeira para a Conferencia Noroeste.
Vémonos alí!
Complexo Deportivo de Acea da Ma
Avda. de Rutis - Culleredo
Coordenadas: 43.315358,-8.378648
https://maps.google.es/maps?q=43.315358,-8.378648&num=1&t=h&z=18&iwloc=near
A pista está fronte ao Complexo Acuático, ao final do aparcadoiro.
Contacto: 687607477 Berdillo
Sem comentários:
Enviar um comentário