sábado, 22 de março de 2014

8ª XORNADA

"Novamente, o domingo será unha xornada transitoria, agardando a chegada dunha fronte durante o luns. Con esta situación, agárdanse intervalos de nubes, con chuvascos febles e intermitentes durante mañá na metade norte de Galicia, de neve por riba dos 800 metros". Principalmente as previsións meteorolóxicas pero tamén as dúbidas de vari@s palanador@s para poder paarticipar e a coincidencia co partido do Depor mantiveron as dúbidas do comité de competición ata altas horas da noite do venres de se ía desputarse esta xornada na data prevista. Pero como nestas terras somos moi botados para adiante e poñemos a billarda por riba de todo decidiuse manter a xornada de mañá domingo. Será ás 11 da mañá na pista de Castro-Laxe en Culleredo (Rúa do Regueiro) ao ladiño de Vilaboa.

Palanadores e palanadoras, vide abrigad@s e vémonos alí!

Avante Noroeste!!
Saúde e Billarda!!




43°18'51.4"N 8°23'22.6"W (43.314268, -8.389618)

https://maps.google.es/maps?q=43.314268,+-8.389618&hl=es&sll=43.313883,-8.389494&sspn=0.001499,0.002248&t=m&z=15

Sem comentários: