quarta-feira, 27 de fevereiro de 2008

All star de billarda, a cita das estrelas


Volta o espectáculo da billarda á pista da Zapateira no máximo explendor! Despois de dúas citas do All star con participación aberta do NorOeste, a creación dunha liga estable permite que ésta sexa a primeira ocasión na que se enfronten as dúas conferencias na grande festa-espectáculo da billarda. A ocasión é excepcional por iso dende a conferencia NorOeste animamos a todos os palanadores e aos espectadores a acudir masivamente a esta cita:

Día: domingo 2 de febreiro
Hora: 11:30
Lugar: Pista de billarda da Zapateira

Para esta ocasión tan excepcional, varios palanadores propuxeron facer unha previa do all star o sábado ás 5 da tarde a modo de entrenamento da conferencia, éste será totalmente voluntario e discorrerá coma sempre na pista de billarda da Zapateira.

Por último comunicar a todos espectadores reais e virtuais da LNB que para esta cita foi nomeado Lois Fontán coma seleccionador da conferencia, pola experiencia, o temple e o carisma; ademáis dun grande coñecemento do deporte como ben se pode apreciar neste momento grabado por Televaral.


terça-feira, 12 de fevereiro de 2008

Cuarta xornada


Superando ridículas iniciativas de deportes masivos, a Billarda ten novo himno saido da xenial proposta realizada dende o MySpace da LNB, que xa contaba con algún tema máis. Estes temas forman parte xa do ritual de entrenamento de moitas das franquicias, que a pesar do pouco movemento deste blogue, están a alcanzar un nivel espectacular que será medido no xa próximo All-Star; atentos a estas pantallas!!

No entanto bótase enriba a cuarta xornada da LNB-NorOeste, xusto a anterior ao All-Star e unha xornada importante para todas as franquicias que precisan consolidar ou recuperar o seu posto na reñida táboa clasificatoria. Coma sempre a franquicia branca acollerá a todos eses palanadores e palanadoras que se queiran achegar a formar parte da competición. Estes son os datos da 4ª xornada:

Día: domingo 17 de febreiro
Hora: 17:00
Lugar: Pista de billarda da Zapateira

Para os adictos á Superliga coma sempre poderedes seguirnos dende OVaralMorse.

A LNB-NorOeste quérete a ti!!