segunda-feira, 13 de fevereiro de 2012

Clasificacións da 8º Xornada

Vintesete palanadores déronse cita na complicada pista da Sardiñeira, moi longa, cun pouco de pendente cara arriba e con vento en contra, antes da xornada os palanadores estiveron comentando temas a ter en conta, coma por exemplo que debido ao vento en contra e a pendente, o palanador despois de realizar o lanzamento, e xa cando a súa billarda estivera baixando podería parala, vendose momentos anecdóticos, xa que foron moitos os palanadores que non dudaron en realizar carreiras para parar a súa billarda, xa que eses metros poderían ser moi importantes no seguinte lanzamento.

Lois de Bateas conseguiu a victoria na oitava xornada da Conferencia NorOeste, na pista da Sardiñeira, despois de ter eliminatorias moi complicadas, eliminando a David (Filloas) que fixera pleno nos grupos, a Maceira (Xarutos) que estaba a realizar unha gran xornada, a Roi (Filloas) autor do único varado do día e, xa na final, a Daniel (Roteiros) que está en racha nesta conferencia. As malas lenguas din que Daniel, antes da final foi ameazado con perder a invitación para o seu equipo en caso de volver a gañar.



Sen máis que comentar, deixamos as clasificacións:

Individual

Lois (Bateas) 10
Daniel (Roteiros) 8
Roi (Filloas) 7
Balea (Bateas) 7
Maceira (Xarutos) 5
Franco (Roteiros) 5
Berdillo (Cochikeiros) 5
Serxio (Xarutos) 5
Zaida (Cochikeiros) 4
Lois (Filloas) 4
Luis Caminha (Gharaboto) 4
Alberto (Maghua) 4
Xan Rodiño (Bateas) 4
Geni (Roteiros) 4
David (Filloas) 4
Juan (Xarutos) 4
Alberte (Cochikeiros) 2
Xose (Filloas) 2
Anton (Cochikeiros) 2
Elena (Bateas) 2
Gelin (Gharaboto) 2
viqueira (Cochikeiros) 2
Xavi (Filloas) 1
Boquete (Cochikeiros "B") 1
María (Xarutos) 1
Martiño (Cochikeiros "B") 1
Leti (Xarutos) 1


Varados

Roi 1

Equipos

Bateas 23
Roteiros 17
Filloas de Sangue 17
Xarutos 15
Cochikeiros 13
Gharaboto 6
Maghua 4
Cochikeiros "B" 2


Feminino

Zaida (Cochikeiros) 4
Geni (Roteiros) 4
Elena (Bateas) 2
María (Xarutos) 1
Leti (Xarutos) 1



Clasificacións Xerais

Na clasificación xeral individual, Roi conseguiu dous puntos máis de diferencia sobre Serxio, cunha boa xornada, chegando ata semifinais, a pesar de facer unha xornada moi irregular, na que tivo que xogar o desempate na fase de grupos con Antón, e facer algún golpe decisivo que parecía imposible. Serxio tamén fixo unha gran xornada, pasando na fase de grupos sen moitos problemas, e eliminando a Lois (Filloas) que estaba a facer unha moi boa xornada, pero non puido cun Daniel en estado de graza nos cuartos. Daniel (Roteiros) colócase grazas a volver a meterse na final, na terceira posición da clasificación xeral, metendo o medo aos dous primeiros clasificados, xa que se segue coa súa racha, podería rematar gañando a Conferencia.

Individual




Roi (Filloas) - 45
Serxio (Xarutos) - 41
Daniel (Roteiros) - 37
Alberto (Maghua) - 35
Lois (Bateas) - 34
David (Filloas) - 33
Lois (Filloas) - 31
Balea (Bateas) - 31
Viqueira (Cochikeiros) - 30
Geni (Roteiros) - 30
Berdillo (Cochikieros) - 30
Franco (Roteiros) 27
Xose (Filloas) - 26
Antón (Cochikeiros) - 24
Xan Rodiño (Bateas) 23
Maceira (Xarutos) - 23
Christian (Xarutos) - 19
Luis (Bateas) - 19
Luis Caminha (Gharaboto) - 19
Juan (Xarutos) - 17
Leti (Xarutos) - 16
Adrián (Cochikeiros) - 15
Elena (Bateas) - 15
Alberte (Cochikeiros) - 13
Isma (Cochikeiros) - 11
Carlinhos (Cochikeiros) - 11
Zaida (Cochikeiros) - 11
Xose Rodiño (Bateas) 10
Alberto (Filloas) - 9
Gelin (Gharaboto) 8
Davide (Maghua) - 7
Reyes (Roteiros) - 7
Maria (Xarutos) - 7
Homer (Maghua) - 6
Diego (Cochikeiros "B") - 6
Boquete (Cochikeiros "B") - 5
Charli (Spartak de Moimenta) 4
Ivan (Bateas) 4
Toño (-) - 4
Kiko (Maghua) - 4
Isa (Roteiros) - 4
Cristian (Bateas) - 4
Verónica (Cochikeiros "B") - 3
Rafa (Maghua) 3
Ana (Maghua) - 3
Laura (Maghua) - 3
Patri (Xarutos) - 2
Adrián (Cochikeiros) - 2
Ana (Madia Leva) - 2
Mabel (Maghua) - 1
Cheli (Gharaboto) 1
Xavi (Filloas) 1
Martin (Cochikeiros "B") 1
Ismael (Spartak de Moimenta) 1
Manuel (Franquicia branca) 1


A clasificación de varados segue tal e coma estaba, a única diferencia é que Roi, cun fermoso varado nun golpe no que se non facía o Varado quedaba eliminado, colócase con 7, algo máis preto de Daniel, pero aínda demasiado lonxe, a loita pola segunda praza si que pode estar algo máis interesante.

Varados




Daniel (Roteiros) - 12
Xan (Bateas) - 8
Lois (Bateas) - 7
Roi (Filloas) - 7
David (Filloas) - 4
Isma (Cochikeiros) - 4
Serxio (Xarutos) - 3
Balea (Bateas) - 3
Xose (Filloas) - 3
Berdillo (Cochikeiros) - 3
Xose Rodiño (Bateas) - 3
Alberte (Cochikeiros) - 2
Franco (Roteiros) 2
Alberto (Filloas) - 1
Ivan (Bateas) - 1
Davide (Maghua) - 1
Viqueira (Cochikeiros) - 1
Reyes (Roteiros) 1
Kiko (Maghua) - 1
Diego (Cochikeiros "B") - 1
Cristian (Bateas) - 1
Charli (Spartak de Moimenta) - 1
Geni (Roteiros) - 1
Luis Caminha (Gharaboto)- 1


Na clasificación por equipos, os Filloas conseguiron ampliar a súa distancia cós Cochikeiros en 4 puntos, polo que agora están a 20. Un pouco máis abaixo, metendo medo aos dous primeiros, colócanse os Bateas, que xa están tan só a cinco puntos dos Cochikeiros, no terceiro posto. Os Xarutos, que están indo de máis a menos nesta liga, colócanse xa no cuarto posto, tres puntos por debaixo dos Bateas, é dicir, a 8 dos Cochikeiros, que intentan afianzarse no segundo posto, que lles daría dereito a xogar en Conxo.

Equipos



Filloas de Sangue - 143
Cochikeiros - 123
Bateas - 118
Xarutos - 115
Roteiros - 101
Maghua - 58
Gharaboto - 28
Cochikeiros "B" - 18
Spartak de Moimenta - 5
Madia Leva - 2

A clasificación feminina non ve moitos cambios, Elena colócase un punto máis preto de Leti na loita polo segundo posto, xa que parece que Geni xa ten asegurado o primeiro posto. Zaida, cunha gran xornada colócase 4º, a 6 puntos de Leti.

Feminina



Geni (Roteiros) - 30
Leti (Xarutos) - 17
Elena (Bateas) - 15
Zaida (Cochikeiros) - 11
María (Xarutos) - 8
Reyes (Roteiros) - 7
Isa (Roteiros) - 4
Laura (Maghua) - 3
Verónica (Cochikeiros "B") - 3
Patri (Xarutos) - 2
Ana (Madia Leva) - 2
Ana (Maghua) - 1
Cheli (Gharabotos) - 1
Mabel (Maghua) - 1

sexta-feira, 10 de fevereiro de 2012

8º Xornada!

A Conferencia NorOeste non para!

Por segunda semana consecutiva haberá xornada da nosa Conferencia, desta vez a pesar do frío será ao aire libre, xa que volvemos, por primeira vez na tempada á dificil pista da Sardiñeira.
Os palanadores están convocados ás 16:00 na pista da Sardiñeira!

Nesta oitava xornada, veremos se as clasificacións acláranse un pouco na zona alta, ou pola contra iguálase todo aínda máis. Vendo as clasificacións, unha mala xornada dos palanadores ou equipos que están a loitar polo título da Conferencia, pode ser mortal. Parece que a emoción durará ata o final!

Por outra parte, con esta decisión de xogar na Sardiñeira, seguimos cumplindo a nosa intención de poder disputar todas as xornadas en pistas diferentes, para así poder espallar o máximo posible a billarda polos barrios coruñeses e os seus arredores!

Esperámosvos a todos os palanadores que así o desexedes o Domingo na Sardiñeira.

segunda-feira, 6 de fevereiro de 2012

Clasificacións da 7º Xornada

Nova xornada estreando pista, esta vez foi o pavillón de Castro-Laxe, en Vilaboa, 24 palanadores achegaronse ata Vilaboa para facer que a Conferencia NorOeste siga medrando. Por terceira xornada consecutiva a xornada rematou con victoria para os Roteiros, desta vez voltou a ser Daniel, quen conseguiu gañar un aberto por segunda vez no que vai de tempada!

Individual

Daniel (Roteiros) 10
Franco (Roteiros) 8
Viqueira (Cochikeiros) 7
Xan (Bateas) 7
Lois (Bateas) 5
Serxio (Xarutos) 5
Xose (Filloas) 5
Juan (Xarutos) 5
Luis (Bateas) 4
Balea (Bateas) 4
Lois (Filloas) 4
Roi (Filloas) 4
Berdillo (Cochikeiros) 4
Geni (Roteiros) 4
Antón (Cochikeiros) 4
Alberto (Maghua) 4
Elena (Bateas) 2
Homer (Maghua) 2
Alberte (Cochikeiros) 2
Carlinhos (Cochikeiros) 2
Maria (Xarutos) 1
Leti (Xarutos) 1
David (Filloas) 1
Zaida (Cochikeiros) 1


Varados

Daniel (Roteiros) 3
Lois (Bateas) 3
Xan (Bateas) 2
Xose (Filloas) 1
Roi (Filloas) 1


Feminino

Geni (Roteiros) 4
Elena (Bateas) 2
Maricha (Xarutos) 1
Leti (Xarutos) 1
Zaida (Cochikeiros) 1


Equipos

Roteiros 22
Bateas 20
Cochikeiros 17
Filloas de Sangue 14
Xarutos 12
Maghua 6



Clasificacións xerais


A clasificación xeral individual, segue máis ou menos igual, Roi segue mantendo o liderato, pero perde un punto de vantaxe sobre Serxio, que mantén o segundo posto, que amplia a cinco, os puntos que lle saca a Alberto, sendo o beneficiado da xornada. A partir de aí está todo moi igualado, con Daniel e Viqueira que se unen a David na persecución dos dous primeiros. Parece que este ano a xeral vai estar demasiado igualada, e pode decidirse por pequenos detalles, coma por exemplo, a ver quen aguanta mellor a presión. Quedannos cinco xornadas apaixoantes!!

Individual



Roi (Filloas) - 38
Serxio (Xarutos) - 36
Alberto (Maghua) - 31
David (Filloas) - 29
Daniel (Roteiros) - 29
Viqueira (Cochikeiros) - 28
Lois (Filloas) - 27
Geni (Roteiros) - 26
Berdillo (Cochikieros) - 25
Balea (Bateas) - 24
Xose (Filloas) - 24
Lois (Bateas) - 24
Antón (Cochikeiros) - 22
Franco (Roteiros) 22
Xan Rodiño (Bateas) 19
Christian (Xarutos) - 19
Luis (Bateas) - 19
Maceira (Xarutos) - 18
Leti (Xarutos) - 16
Luis Caminha (Gharaboto) - 15
Adrián (Cochikeiros) - 15
Elena (Bateas) - 13
Juan (Xarutos) - 13
Isma (Cochikeiros) - 11
Alberte (Cochikeiros) - 11
Carlinhos (Cochikeiros) - 11
Xose Rodiño (Bateas) 10
Alberto (Filloas) - 9
Davide (Maghua) - 7
Reyes (Roteiros) - 7
Maria (Xarutos) - 7
Zaida (Cochikeiros) - 7
Homer (Maghua) - 6
Diego (Cochikeiros "B") - 6
Gelin (Gharaboto) 6
Charli (Spartak de Moimenta) 4
Ivan (Bateas) 4
Toño (-) - 4
Boquete (Cochikeiros "B") - 4
Kiko (Maghua) - 4
Isa (Roteiros) - 4
Cristian (Bateas) - 4
Verónica (Cochikeiros "B") - 3
Rafa (Maghua) 3
Ana (Maghua) - 3
Laura (Maghua) - 3
Patri (Xarutos) - 2
Adrián (Cochikeiros) - 2
Ana (Madia Leva) - 2
Mabel (Maghua) - 1
Cheli (Gharaboto) 1
Martin (Cochikeiros "B") 1
Ismael (Spartak de Moimenta) 1
Manuel (Franquicia branca) 1


Na clasificación por equipos, os Filloas van vendo como a súa gran vantaxe vai diminuíndo cada vez máis, e os Cochikeiros, cada vez melloran e comezan a soñar coa posibilidade de acudir a Conxo, xa sexa coma campión da Conferencia, xa que están a 16 puntos dos Filloas de Sangue, e vendo o seu rendemento últimamente poden ser moi perigosos... ou coma subcampións, xa que xa conseguiron 10 puntos de vantaxe sobre os Xarutos e están en rachas totalmente opostas, mentres os Xarutos, teñen que poñerse as pilas se non queren ser a sorpresa negativa da tempada, xa que de seguir así poden verse fora dos play-offs despois de varios anos.


Equipos



Filloas de Sangue - 126
Cochikeiros - 110
Xarutos - 100
Bateas - 95
Roteiros - 84
Maghua - 54
Gharaboto - 22
Cochikeiros "B" - 14
Spartak de Moimenta - 5
Madia Leva - 2


Outros nove varados nesta xornada, esta sendo unha tempada con moitisimos varados, nesta xornada, outra vez Daniel volveu a facer outros 3 varados nada máis e nada menos, o que fai que esta pareza unha das clasificacións máis claras ata o momento, xa que Daniel está intratable, xa ten cinco varados de marxe sobre Xan e Lois, algo dificil de conseguir.

Varados



Daniel (Roteiros) - 12
Xan (Bateas) - 8
Lois (Bateas) - 7
Roi (Filloas) - 6
David (Filloas) - 4
Isma (Cochikeiros) - 4
Serxio (Xarutos) - 3
Balea (Bateas) - 3
Xose (Filloas) - 3
Berdillo (Cochikeiros) - 3
Xose Rodiño (Bateas) - 3
Alberte (Cochikeiros) - 2
Franco (Roteiros) 2
Alberto (Filloas) - 1
Ivan (Bateas) - 1
Davide (Maghua) - 1
Viqueira (Cochikeiros) - 1
Reyes (Roteiros) 1
Kiko (Maghua) - 1
Diego (Cochikeiros "B") - 1
Cristian (Bateas) - 1
Charli (Spartak de Moimenta) - 1
Geni (Roteiros) - 1
Luis Caminha (Gharaboto)- 1

Sen novidades nesta clasificación, na que Geni, cada vez escápase máis de Leti, á quen xa lle leva 10 puntos, esta clasificación parece case sentenciada, sempre e cando, Geni siga xogando na Conferencia NorOeste. A loita pola segunda praza si que pode estar interesante, entre Leti e Elena.

Feminina



Geni (Roteiros) - 26
Leti (Xarutos) - 16
Elena (Bateas) - 13
Reyes (Roteiros) - 7
María (Xarutos) - 7
Zaida (Cochikeiros) - 7
Isa (Roteiros) - 4
Laura (Maghua) - 3
Verónica (Cochikeiros "B") - 3
Patri (Xarutos) - 2
Ana (Madia Leva) - 2
Ana (Maghua) - 1
Cheli (Gharabotos) - 1
Mabel (Maghua) - 1


Recordar que nesta Xornada en Vilaboa, comentouse ao final da mesma, a posibilidade de xogar o próximo Domingo, polo que se todo vai ben, haberá xornada o Domingo pola tarde nalgunha pista de Coruña cidade, coma podería ser a Sardiñeira, estade atentos ao blog e ao Facebook.
Avante o NorOeste!

sábado, 4 de fevereiro de 2012

Confirmado!

Confirmamos o dito no anterior post. A 7º xornada da nosa conferencia será o Domingo a partir das 11:45 en Vilaboa.
Seguimos coa nosa intención de non repetir ningunha pista, xa levamos sete diferentes, nas sete xornadas desputadas ata o de agora.
Levabamos esperando dende o lunes e quedou confirmada dende hoxe á tarde a pista de Castro Laxe, en Vilaboa!
Chegando ao Caixa Galicia (Novacaixagalicia, Novagaliciabanco ou como máis gostedes) hai que virar á esquerda, pola rúa do Regueiro, até o final.
Esperamos que este mapa vos sexa de utilidade:

Esperámosvos alí a todos os palanadores que asi o desexedes!
Adiante co Varal! Avante o NorOeste!!

sexta-feira, 3 de fevereiro de 2012

7º Xornada.

Recordamos a todos os palanadores que o Domingo haberá unha nova xornada no NorOeste, a sétima xa!
Sentimos avisar con tan pouco tempo, pero levamos esperando a que nos acepten unha petición para xogar en cuberto dende o Luns.
Queda pendente de confirmación, pero se todo vai ben, a xornada será ás 11:45 en Vilaboa, na pista "Castro Laxe".
Saúdos, esperámosvos a todos alí!