quarta-feira, 28 de novembro de 2007

EXTRA EXTRA!!!


O VARAL nominado aos Premios do Deporte Galego na categoría de Mellor iniciativa no deporte tradicional!!


Como os recén chegados á tribu billardeira non podemos máis que felicitar a todos os que durante anos traballaron arreo para que o que xa se supuña perdido na memoria rexurda como proposta do século XXI para quedarse, e que agora o poidamos desfrutar no leste, no oeste e alén de calquera fronteira.

Este venres, unha ampla representación da asociación O Varal, entre os que se encontran representantes desta conferencia, da conferencia NorLeste, directivos da SuperLiga Galega e da Plataforma de Xestión da Auténtica, acudirán ao teatro Rosalía á Gala do Deporte Galego onde se entregarán os premios.

Como anfitrións do NorOeste, quremos convidar a toda a tribu billardeira á posterior celebración tas a entrega de premios, nas rúas coruñesas. Os interesados dirixídevos ao noso habitual e-mail:
lnbnoroeste@gmail.com


Parabéns para todos e hoxe máis que nunca, outro deporte é posíbel!

terça-feira, 20 de novembro de 2007

1º asalto no NorOeste!!!

E xa tedes a crónica do 1º partido da Conferencia NorOeste, un éxito rotundo do que puideron desfrutar todos aqueles afortunados que se achegaron até as pistas da Zapateira! Sen dúbida non puido comezar mellor esta liga que promete ser moi disputada, visto o altísimo nivel dos participantes.

Os integrantes das 5 franquicias que participaron o domingo (faltaron Os Segadores para completar as 6 franquicias que comezan nesta liga) foron chegando baixo a choiva, que tampouco quixo perderse este acontecemento.

Alí xestouse a equipa de Tele-Varal con Besbe como reporteira, que cubrirá con fidelidade os sucesos que se vaian vivindo nesta Conferencia NorOeste.

O partido comezou, e a forza e bravura coa que os participantes comezaron esta competición foi incríbel, como demostra esta imaxe.

Os participantes das diferentes franquicias asistían atentos ao desenvolvemento do xogo dos seus rivais, e ao mesmo tempo compañeiros.

Despois de transcurrir o conxunto das carreiras, que deixan como líderes individuais a Fran, Jairo e Sak, con 6 puntos; como franquicia líder aos Electrónicos con 16 puntos; e como únicos xogadores que conseguiron un varado a Jairo, Ghanito e Ilde; os palanadores reuníronse para escoitar as experimentadas palabras de David, un dos representantes da Conferencia NorLeste.

Como podedes observar, esta inauguración da Conferencia NorOeste vai traer moitas alegrías e emocións á salvaxe tribo da LNB! Avante a Liga Nacional de Billarda!!!

segunda-feira, 19 de novembro de 2007

Exitazo na Zapateira!!

Pois si, compañeiros, o momento máis esperado do deporte galego dos últimos tempos fíxose realidade: a Conferencia NorOeste da LNB comezou a andar! Aquí tedes o vídeo de presentación cunha entrevista da nosa reporteira Besbe que fará tremer ao mesmísimo Juan Pico! Como aperitivo desfrutade deste minuto que fará parte da historia, mañán teredes unha crónica detallada sobre este grandísimo día no que as billardas cortaron o frío ar da Zapateira!



Agora máis que nunca, outro deporte é posíbel!!!
Clasificación xeral



















XogadorFranquicia Puntuación
FranOs xarutos6
JairoCentolos rabudos6
SakOs electrónicos6
Alex FenteOs puchos5
SergioOs xarutos5
JuanjoOs electrónicos4
GhanitoOs electrónicos4
Mario LópezOs puchos4
Jorge LópezOs puchos4
RoiFilloas de sangue4
AitorFilloas de sangue3
BesbeOs electrónicos2
DavidFilloas de sangue2
LuisFilloas de sangue2
David FontánFilloas de sangue2
LeticiaOs xarutos2
IldeOs puchos1

A franquicia branca está aberta aos xogadores que non teñen ficha pero desexan participar nunha xornada. Desta volta xogaron:



XogadorPuntuación
Adri2
David6

*Nota: en caso de empate a puntos dado que non hai precedentes na competición a orde é aleatoria.

Clasificación por franquicias








Franquicia Puntuación
Os electrónicos16
Os puchos14
Os xarutos13
Filloas de sangue11
Centolos rabudos8
Os segadores0


Clasifiación de varados





XogadorFranquicia Puntuación
JairoCentolos rabudos1
GhanitoOs electrónicos1
IldeOs puchos1

quarta-feira, 14 de novembro de 2007

A conferencia NorOeste quérete a ti!!



Xa temos data: domingo 18
Xa temos hora: 16:00
Xa temos lugar: a pista de billarda da Zapateira na Coruña
Xa temos palanadores: (ata o momento) catro franquicias

Pero a Conferencia NorOeste quérete a ti!!

Esquécete absolutamente de todo, porque para participar non precisas absolutamente nada; simplemente a túa presencia na Zapateira é requisito. Revive momentos espectaculares vividos na Zapateira e únete á historia do deporte galego.
Outro deporte é posíbel!!!