quarta-feira, 29 de outubro de 2008

Terceira Xornada na Sardiñeira

Domingo 2 de novembro de 2008, agardamos por vos, às 16:30 horas, se o tempo o permite, estaremos batendo na billa, na Sardiñeira, na Coruña, detras da piscina municipal da Sardiñeira, onde a feira dos mallos.  

domingo, 19 de outubro de 2008

Celas de Peiro, terreo Xaruto



Os Xarutos non tiveron rival nesta segunda xornada da liga. Este equipo, que o ano pasado non conseguiu acadar o título do NorOeste, non pensa volver deixar escapar a victoria. Destacan as incorporacións que se produciron no seo da franquicia, que fai que se confirmen como os máis fortes no comezo da liga.

Máis desputada está a segunda posición por equipos, xa que Taravelas, Atreu e Filloas de Sangue se atopan nunha mínima distancia de dous puntos entre elas. Por detrás non se descolgan os Furabolos e os Fenians Galegos, mentres que os debutantes Curriolos foron outra das sensacións nesta segunda xornada, sendo a segunda mellor franquicia con 15 puntos.

Na clasificación individual sitúase líder con 11 puntos Sergio, dos Xarutos, mentres que os seus compañeiros de equipo Kiko e Maceira, e Jano, de Atreu, están a un só punto de distancia. A emoción está servida para os próximos encontros, onde se verá se hai sorpresas na cabeza da clasificación.

Tamén hai que destacar a inauguración da clasificación de varados. A pista de Celas foi propicia para os especialistas nesta modalidade, quedando David Lamas, Villarino, Iván e Xan cun varado cada un.

Así discorreu esta primeira incursión dos palanadores en terras de Celas. Permanecede atentos a este blog, onde se comunicará o lugar e a data do próximo encontro.

Afiade as billardas, camaradas, vémonos na próxima!

terça-feira, 14 de outubro de 2008

Resultados da espectacular Segunda Xornada en Celas

Segunda Xornada 2008/2009




Esta xornada deixa aos Xarutos mais lideres con 43 pontos, ocupando ademais 3 das 4 primeiras prazas na clasificacion individual. Tamén se abriu a clasificacion de varados grazas a David Lamas de Filloas, Xan de Atreu, Villarino dos Curriolos, e Iván de Furabolos.
Salientar a estrea dos "Curriolos" d'A Pescadería nova franquícia que con Fenians Galegos e Furabolos fan medrar a Conferéncia Noroeste a Níveis insospeitados.

Resultado por franquícias
FranquíciaPontuación
Os Xarutos24
Atreu15
Curriolos15
Taravelas14
Filloas de Sangue12
Furabolos11
Fenians Galegos8


Resultado individual
PalanadorFranquíciaPontuación
AnxoTaravelas6
KikoOs Xarutos6
MaceiraOs Xarutos6
RafaOs Xarutos6
SergioOs Xarutos6
AntónAtreu5
IvánFurabolos5
SantiOs Xarutos5
XaquínTaravelas5
David LamasFilloas de Sangue4
Iago lópezFenians Galegos4
JanoAtreu4
RebecaCurriolos4
RiañoCurriolos4
RoiFilloas de Sangue4
RubénCurriolos4
XanAtreu4
Xosé AntonFurabolos4
IreneCurriolos3
LetiOs Xarutos3
MiguelOs Xarutos3
VillarinoCurriolos3
AitorFilloas de Sangue2
AlbertoFilloas de Sangue2
AlexFenians Galegos2
CharliOs Xarutos2
DanielAtreu2
David FontanFilloas de Sangue2
Iago CarmuegaFenians Galegos2
José MorisFilloas de Sangue2
Luis FontanFilloas de Sangue2
MiguelAtreu2
ToñoFurabolos2
XabiTaravelas2
ToninhoTaravelas1
AnabelAtreu0
David G.Fenians Galegos0
David LópezFenians Galegos0
MariaAtreu0
MaricaTaravelas0
PedroCurriolos0
SergioFurabolos0
Toni MuiñosTaravelas0




Resultado Varados



PalanadorFranquíciaPontuación
David LamasFilloas de Sangue1
VillarinoCurriolos1
IvánFurabolos1
XanAtreu1


 

segunda-feira, 6 de outubro de 2008

Segunda Xornada en Celas de Peiro

Confirma-se a saída a Celas de Peiro, o domingo 12 de Outubro às 17:00, xunto à Torre de Celas, segunda xornada Billardeira da Conferéncia Noroeste.

Celas de Peiro, Concello de Culleredo
AC 400, entre o quilometro 5 e o 6


domingo, 5 de outubro de 2008

Zapateira en obras

Isto é o que atopamos na primeira xornada na Zapateira:


 así que houvo que improvisar un varal e iste foi o resultado


Cal será o futuro da Zapateira?