MEDIDAS REGULAMENTARIAS





MEDIDAS REGULAMENTARIAS CONNOR 2016/2017




TERREO DE XOGO (espazo onde se xoga).
Una superficie de terra, area, herba, asfalto, cemento, goma ou madeira. Terá unha lonxitude de 50 m. A súa anchura será de 20 m . As dimensións serán sempre que o lugar de xogo o permita polo que adaptaranse ao campo dispoñíbel en cada aberto (prazas, rúas, pistas de fútbol sala, etc). As liñas que delimitan o terreo de xogo son:
- Liña de varal: a que está entre os dous postes do varal.
- Liña de fondo: a que está na zona posterior, na mesma dirección que a liña de varal.
- Liñas laterais ou de banda: as que están aos lados esquerdo e dereito.
- Liña de saque: a que está na zona anterior, na zona de saque. 

VARAL (lugar ao que hai que chegar coa billarda).
Dúas varas verticais ou dous postes. A distancia entre as varas é de 3,60 m. (6 paláns). Pódese empregar para facer o varal unha portería de futbol sala na que non conta o longueiro.

ZONA DE SAQUE (lugar dende onde se sae).
Un cadrado de 60 x 60 cm marcado no extremo do terrero de xogo oposto ao varal.

PALÁN (pau que se agarra coa man e co cal se golpea a billarda).
Será de madeira e cunha lonxitude de 60 cm. O seu diámetro entre 3 cm e 1,5 cm. Terá unha cinta para cinguir ao pulso.

BILLARDA (pau que se coloca no chan e que é golpeado co palán).
Será de madeira e cunha lonxitude entre 25 cm e 18 cm. O seu diámetro entre 3 cm e 1,5 cm.