quarta-feira, 7 de dezembro de 2011

Chegamos a Cerceda!


Fíxose esperar, mais o aberto de Cerceda por fin ten data concreta. Este domingo, con motivo da 5ª xornada da nosa conferencia, achegarémonos a esta vila da man da Asociación Cultural Lucerna para vivir unha xornada que se espera tan emocionante como a do pasado ano. Aquela desputada final entre Guilhe e Iván aínda permanece na retina de moitos billardeiros, e os palanadores do NorOeste preparánse a conciencia para ser esta vez obxecto de todas as miradas.
Conseguirán os Xarutos reducir diferencias con respecto aos Filloas de Sangue? Os Cochikeiros seguirán a súa progresión ascendente ou viranse abaixo pola presión de xogar na casa? Espertarán os Maghúa? Todo isto terá resposta o domingo ás 12h na rúa Saúl Ordas, onda a farmacia da vila! Afiade as billardas e non fiquedes no jacuzzi, porque o domingo en Cerceda vai haber moita canfurnada!