domingo, 16 de dezembro de 2007

Resultado da 2ª Xornada

Segunda Xornada




















XogadorFranquicia Puntuación
FranOs xarutos6
SergioOs xarutos6
SakOs electrónicos6
David FontánFilloas de sangue6
DavidFilloas de sangue6
LuisOs xarutos5
LeticiaOs xarutos4
SusoOs electrónicos4
AlbertoFilloas de sangue4
BegoCentolos rabudos2
Luis FontánFilloas de sangue2
AlexOs electrónicos2
JuanjoOs electrónicos2
GhanitoOs electrónicos2
David FontánFilloas de sangue2
BesbeOs electrónicos1
RoiFilloas de sangue1
GertrudisFranquicia branca1

Nesta xornada houbo dous varados de Suso e Sak, ambolosdous dos electrónicos.

Clasificación xeral





















XogadorFranquicia Puntuación
FranOs xarutos12
SakOs electrónicos12
SergioOs xarutos11
DavidFilloas de sangue8
David FontánFilloas de sangue8
JairoCentolos rabudos6
GhanitoOs electrónicos6
JuanjoOs electrónicos6
LeticiaOs xarutos6
LuisOs xarutos6
Alex FenteOs puchos5
RoiFilloas de sangue5
Luis FontánFilloas de sangue4
SusoOs electrónicos4
AitorFilloas de sangue3
BesbeOs electrónicos3
BegoCentolos rabudos2
IldeOs puchos1
MonicaOs puchos0


Clasificación por franquicias







Franquicia Puntuación
Os xarutos34
Os electrónicos30
Filloas de sangue29
Os puchos14
Centolos rabudos11


Clasifiación de varados







XogadorFranquicia Puntuación
JairoCentolos rabudos1
GhanitoOs electrónicos1
IldeOs puchos1
SakOs electrónicos1
SusoOs electrónicos1

quinta-feira, 13 de dezembro de 2007

A poucas horas da 2ª xornada...

Os rudos palanadores da tribo da LNB-NorOeste agardan impacientes que transcurran as poucas horas que quedan para o comezo da segunda xornada! Como non podemos facer que o tempo pase máis rápido tentaremos calmar as vosas ansias de billarda con esta entrevista da nosa reporteira Besbe a tres dos nosos palanadores, Jairo, Ghanito e Ilde, que conseguiron sendos varados na 1ª xornada da Liga.
Hoxe espéramosvos a todos ás 19:30 na Pista de billarda da Zapateira!!!

2ª Xornada

Todo o NorOeste levábao agardando dende esa insequecíbel primeira xornada e por fin chega o desquite da segunda! Sabemos que moitos palanadores se quedaron coas ganas de facer un varado, gañar esa carreira. Pois xa tedes a oportunidade en breve, estes son dos datos:

Día: Domingo 16
Hora: 19:30 do serán
Lugar: Pista de billarda da zapateira

Para os que ainda non coñecen a maxia da LNB informámosvos que continuamos co prazo aberto de entrega de fichas, polo que calquera persoa que queira unirse ao fenómeno deportivo do momento poida facelo, así tamén como participar de xeito exporádico na nosa franquicia branca.

Coma sempre Tele-Varal estará alí para falar cos protagonistas e a crónica terédela aquí, pero novamente a Liga Nacional revoluciona o panorama deportivo e tecnolóxico retransmitindo en directo e a pe de pista e para todo o mundo en OVARAL MORSE. Estade atentos porque ás 17, 18, 19, 20 21 horas en punto teredes información tanto desta 2ª Xornada coma do torneo do Galo na Conferencia NorLeste.

sexta-feira, 7 de dezembro de 2007

Espías no NorOeste

Informes confidenciais chegados ao noso enderezo de correo (lnbnoroeste@gmail.com) advirten de movementos estratéxicos nalgunhas franquicias da conferencia que están adestrando e preparando estratexias e xogadas para a Segunda Xornada na LNB-NorOeste, que se celebrará o domingo 16 novamente na pista de billarda de zapateira.

Seguiremos informando!

quarta-feira, 28 de novembro de 2007

EXTRA EXTRA!!!


O VARAL nominado aos Premios do Deporte Galego na categoría de Mellor iniciativa no deporte tradicional!!


Como os recén chegados á tribu billardeira non podemos máis que felicitar a todos os que durante anos traballaron arreo para que o que xa se supuña perdido na memoria rexurda como proposta do século XXI para quedarse, e que agora o poidamos desfrutar no leste, no oeste e alén de calquera fronteira.

Este venres, unha ampla representación da asociación O Varal, entre os que se encontran representantes desta conferencia, da conferencia NorLeste, directivos da SuperLiga Galega e da Plataforma de Xestión da Auténtica, acudirán ao teatro Rosalía á Gala do Deporte Galego onde se entregarán os premios.

Como anfitrións do NorOeste, quremos convidar a toda a tribu billardeira á posterior celebración tas a entrega de premios, nas rúas coruñesas. Os interesados dirixídevos ao noso habitual e-mail:
lnbnoroeste@gmail.com


Parabéns para todos e hoxe máis que nunca, outro deporte é posíbel!

terça-feira, 20 de novembro de 2007

1º asalto no NorOeste!!!

E xa tedes a crónica do 1º partido da Conferencia NorOeste, un éxito rotundo do que puideron desfrutar todos aqueles afortunados que se achegaron até as pistas da Zapateira! Sen dúbida non puido comezar mellor esta liga que promete ser moi disputada, visto o altísimo nivel dos participantes.

Os integrantes das 5 franquicias que participaron o domingo (faltaron Os Segadores para completar as 6 franquicias que comezan nesta liga) foron chegando baixo a choiva, que tampouco quixo perderse este acontecemento.

Alí xestouse a equipa de Tele-Varal con Besbe como reporteira, que cubrirá con fidelidade os sucesos que se vaian vivindo nesta Conferencia NorOeste.

O partido comezou, e a forza e bravura coa que os participantes comezaron esta competición foi incríbel, como demostra esta imaxe.

Os participantes das diferentes franquicias asistían atentos ao desenvolvemento do xogo dos seus rivais, e ao mesmo tempo compañeiros.

Despois de transcurrir o conxunto das carreiras, que deixan como líderes individuais a Fran, Jairo e Sak, con 6 puntos; como franquicia líder aos Electrónicos con 16 puntos; e como únicos xogadores que conseguiron un varado a Jairo, Ghanito e Ilde; os palanadores reuníronse para escoitar as experimentadas palabras de David, un dos representantes da Conferencia NorLeste.

Como podedes observar, esta inauguración da Conferencia NorOeste vai traer moitas alegrías e emocións á salvaxe tribo da LNB! Avante a Liga Nacional de Billarda!!!

segunda-feira, 19 de novembro de 2007

Exitazo na Zapateira!!

Pois si, compañeiros, o momento máis esperado do deporte galego dos últimos tempos fíxose realidade: a Conferencia NorOeste da LNB comezou a andar! Aquí tedes o vídeo de presentación cunha entrevista da nosa reporteira Besbe que fará tremer ao mesmísimo Juan Pico! Como aperitivo desfrutade deste minuto que fará parte da historia, mañán teredes unha crónica detallada sobre este grandísimo día no que as billardas cortaron o frío ar da Zapateira!



Agora máis que nunca, outro deporte é posíbel!!!
Clasificación xeral



















XogadorFranquicia Puntuación
FranOs xarutos6
JairoCentolos rabudos6
SakOs electrónicos6
Alex FenteOs puchos5
SergioOs xarutos5
JuanjoOs electrónicos4
GhanitoOs electrónicos4
Mario LópezOs puchos4
Jorge LópezOs puchos4
RoiFilloas de sangue4
AitorFilloas de sangue3
BesbeOs electrónicos2
DavidFilloas de sangue2
LuisFilloas de sangue2
David FontánFilloas de sangue2
LeticiaOs xarutos2
IldeOs puchos1

A franquicia branca está aberta aos xogadores que non teñen ficha pero desexan participar nunha xornada. Desta volta xogaron:



XogadorPuntuación
Adri2
David6

*Nota: en caso de empate a puntos dado que non hai precedentes na competición a orde é aleatoria.

Clasificación por franquicias








Franquicia Puntuación
Os electrónicos16
Os puchos14
Os xarutos13
Filloas de sangue11
Centolos rabudos8
Os segadores0


Clasifiación de varados





XogadorFranquicia Puntuación
JairoCentolos rabudos1
GhanitoOs electrónicos1
IldeOs puchos1

quarta-feira, 14 de novembro de 2007

A conferencia NorOeste quérete a ti!!



Xa temos data: domingo 18
Xa temos hora: 16:00
Xa temos lugar: a pista de billarda da Zapateira na Coruña
Xa temos palanadores: (ata o momento) catro franquicias

Pero a Conferencia NorOeste quérete a ti!!

Esquécete absolutamente de todo, porque para participar non precisas absolutamente nada; simplemente a túa presencia na Zapateira é requisito. Revive momentos espectaculares vividos na Zapateira e únete á historia do deporte galego.
Outro deporte é posíbel!!!

terça-feira, 25 de setembro de 2007

Queda pouco!

Pois si, xa falta menos para que a Zapateira sexa testigo do primeiro partido da LNB-NorOeste, e as franquicias xa están movendo o mercado de fichaxes para completar as súas plantillas! Para todos os que aínda non esteades apuntados volvemos a comentarvos que tedes que escribirnos ao noso correo (lnb-noroeste@gmail.com) indicando nome, teléfono, e-mail e DNI. Pola inscripción tedes que pagar 10 €, no que vai incluido todo o necesario para a Liga (seguro, material...).
Os partidos xogaranse os domingos pola tarde (cando teñamos o calendario xa volo comunicaremos), aínda que esperamos facer os cambios necesarios para que todos poidamos ir a todas as xornadas. En principio os partidos serán na Zapateira, pero intentaremos desprazarnos a outras zonas do noreste.
Como xa dixeramos, aquí o sistema de xogo é similar ao do ciclismo ou da F-1, con clasificación individual e por franquicias. Estas franquicias constarán de 4 a 8 palanadores (recoméndase de 4 a 6), e poderedes xogar nalgunha das xa creadas ou facer unha propia se contades coa xente suficiente. Tamén haberá unha franquicia branca para todos aqueles que participen nalgunha xornada pero que non estean inscritos na Liga, polo que non contarán para a clasificación xeral.
Como se explica neste gráfico, o campión da Conferencia NorOeste pasará ao playoff final de Santiago, onde se enfrentará ao campión da Conferencia NorLeste. Deste partido sairá o vencedor da Liga Nacional de Billarda. Tamén existe a posibilidade de ser escollidos para a Selección Galega de Billarda, coñecida como a Auténtica, que xogará varios partidos contra outros combinados.
Seguimos esperándovos na LNB-NorOeste! Outro deporte é posíbel!!!

domingo, 16 de setembro de 2007

Regras

Xa queda menos para o comezo da liga! Emocionados como estamos temos que comentarvos que nos están chegando moreas de e-mails para entrar nalgunha das franquicias que están a ser creadas, se aínda non estades apuntados a que esperades?
Para os que aínda non o saibades imos explicarvos en que consiste este deporte. O material necesario son dous paos de madeira; un deles chámase billarda, mide 20 cm e está afiado polos extremos; o outro chámase palán e mide 60 cm. Enfréntanse dous xogadores, chamados palanadores, que tentarán levar a billarda até o outro extremo do campo e introducila nunha meta chamada varal. Para levala hai que golpear un extremo da billarda co palán, para que a primeira se eleve no ar e antes de que caia hai que volver a golpeala en dirección ao varal. Unha vez que o primeiro palanador realiza o seu lanzamento, irá o segundo, que tentará facer o mesmo. O xogo desénvolvese por turnos, e gañará o primeiro que introduza a billarda no varal (pódese empatar se os dous palanadores tardan en chegar á meta o mesmo número de turnos).
Os palanadores asócianse en franquicias de forma similar aos pilotos de F-1, e hai tanto competición individual como por franquicias.
Por se aínda non quedou claro deixámosvos un vídeo dos compañeiros do leste no que está moi ben explicado o funcionamento do xogo.



Esperámosvos na LNB-Conferencia Noroeste!

segunda-feira, 3 de setembro de 2007

Inauguración

Saúdos! Hoxe inauguramos este blogue, que tratará de achegarvos a todos as noticias máis frescas da Liga Nacional de Billarda do NorOeste, que se estreará este ano na pista da Zapateira, nos arredores da cidade coruñesa (xa avisaremos da data do comezo da liga, aínda que adiantamos que será a mediados de outubro). Nesta pista, situada no Campus Universitario da Coruña, xa se disputaron os dous primeiros All-Stars da Billarda, ambos con moito éxito.
E a finalidade principal deste post de presentación é comunicarvos que todos vós podedes participar nesta liga, sen importar idade, raza, sexo, relixión, sistema operativo, compañía telefónica, marca de calzóns ou calquera outro aspecto que poida levar a discusión ;). Se queredes apuntarvos ou pedir información só tedes que mandarnos un e-mail ao noso correo (lnbnoroeste@gmail.com) indicando nome, e-mail e teléfono... Tampouco se precisa experiencia nen material, só ganas de pasalo ben practicando un deporte que foi creado polos compañeiros de O Varal da Confererencia Leste a partir do coñecido xogo tradicional.
Esperámosvos a todos na Conferencia NorOeste! Outro deporte é posíbel!!!