quinta-feira, 4 de outubro de 2012

Comezamos!

Comeza a nova tempada da LNB Noroeste, será xa a 6º tempada da nosa Conferencia.

Para comezar a nova tempada, a serpe multicolor do Noroeste seguirá a invadir novos territoios, esta vez será a pista que está ubicada nas instalacións de Folgueira (Castelo), grazas á colaboración do Concello de Culleredo. Esperámosvos a todos ás 11:30 alí.

Dende aquí animamos a todos a participar, aínda que non formedes parte de ningunha plantilla, xa que o mercado de fichaxes está aínda aberto e os grandes equipos do NorOeste están moi pendentes das evolucións deste mercado, xa que os expertos da LNB afirman que esta pode ser a conferencia máis igualada en tódalas clasificacións, xa que case todolos anos anteriores ao final da Liga Regular houbo algún empate.

O sistema de competición nesta tempada será o mesmo que a anterior, cun pequeno cambio nas puntuacións, que quedaran da seguinte maneira:

Campión do aberto - 12
Subcampión - 10
Semifinais - 8
Cuartos de Final - 6
Oitavos de Final - 4
Mellores da repesca - 2
Todos os demáis - 1

Deixamos tamén o calendario das primeiras xornadas se non pasa nada raro:

1º xornada 07/10/2012 - Castelo
2º xornada 14/10/2012 - Cerceda
3º xornada 11/11/2012 - Santa Cruz
4º xornada 25/11/2012 - Vilaboa
5º xornada 16/12/2012 - Perillo

Por último agradecer a tódolos palanadores que manteñen viva a nosa Conferencia.
Billarda sempre! Avante o NorOeste!