sexta-feira, 25 de maio de 2012

Clasificados para Conxo!!

Finalmente a tropa do NorOeste queda moi mermado para os play-offs de Conxo. A época de exames, os traballos e a coincidencia da data con outros acontecementos importantes na cidade da Coruña deixan a nosa tribo moi mermada a pesar dos lamentos dos nosos palanadores.

Recordando o dito ao comezo da liga regular (http://lnb-noroeste.blogspot.com.es/2011/10/comezamos.html) ningún palanador que non confirmara ao principio o seu desexo de competir en Conxo no NorOeste poderá participar por aquí.

Hai varias sorpresas desagradables, pero confiamos en que os palanadores que nos representarán en Conxo daran todo para deixar o nome do NorOeste o máis alto posible.
Aínda falta algun palanador por comunicarnos oficialmente a súa presenza.
Sen máis deixamos a continuación a representación do NorOeste en Conxo.

Equipos:
Xarutos e Cochikeiros

Individual:
Cabezas de serie: Serxio e Viqueira
Lois Fontán, Xose, Berdillo, Maceira, Antón, Juan, Alberte, Adrián, Isma, Carlinhos, Boquete

Varados:
Isma, Serxio, Xose, Berdillo, *Viqueira ou Alberte*

Feminino

Leti, María, Verónica, **

Adiante có Varal.
Avante o Noroeste!

terça-feira, 15 de maio de 2012

Crónica da última xornada.

A última xornada desta tempada tivo momentos moi especiais para todos.
O aberto gañouno Balea (Bateas), despois de estar en case que todalas carreiras contra as cordas, pero foi capaz de remontar en todas para conseguir o aberto nunha interesantísima final contra Daniel (Roteiros).


Falando xa das clasificacións xerais, os títulos que estaban máis abertos eran o de equipos e o individual.

No individual, os que mellor colocados chegaban eran Serxio e Roi, e o bombo deparou un enfrentamento a vida ou morte nos oitavos de final entre eles dous. Tras unha mala primeira carreira a causa dos entendibles nervios dos dous palanadores, Roi conseguiu o primeiro punto da eliminatoria, o que fixo que se desprendera da presión e facer unha moi boa segunda carreira, o que descartaba a Serxio para o título e facia que Roi se eliminaba a Franco conseguía o título, e se perdía tería que esperar a que Balea e Lois non gañaran o aberto.
O primeiro golpe de Roi facía pensar que xa o tiña feito, pero atrancouse a escasos metros do Varal, e finalmente caeu derrotado nas dúas carreiras contra Franco.
Todo dependia de Balea e de Lois, que estaban os dous nas semifinais. Balea - Franco e Lois - Daniel foron as semifinais.
Na primeira Balea perdeu a primeira carreira, pero conseguiu remontar contra Franco e meteuse na final contra un gran Daniel. Na final todos os espectadores desfrutaban do xogo, e debatían sobre o seu favorito para a final do aberto, e por outra parte estaba Roi, rezando para que Daniel gañara e lle dera o título, pero non foi asi, Balea fixo unha grandísima final e conseguiu gañar o aberto.

Isto significaba que Roi e Balea empataban na clasificación xeral, o que implicaba un desempate entre estes dous palanadores. A tensión era enorme, xa que estaba en xogo o título de Conferencia, o traballo de todo o ano en dúas carreiras.
Os nervios apreciabanse nos golpes dos dous palanadores, xa que a primeira carreira foi longa, ata que Roi despois de 5 golpes conseguiu o primeiro punto e como xa fixera na eliminatoria con Serxio na segunda carreira conseguiu entrar en dous golpes, polo que Balea non tivo opción para a remontada, e Roi conseguiu o seu segundo título de Conferencia.
Na foto o golpe definitivo:

Na clasificación por equipos, os Bateas tiveron unha xornada bastante tranquila, so houbo un momento no que puidose dubidar do seu triunfo, xa que Balea e Lois comezaron perdendo a súa eliminatoria dos cuartos de final, e os tres Filloas tiñan posibilidades de pasar, pero ao final foi totalmente ao contrario, pasaron Lois e Balea, e Roi, Xose e David finalmente quedaron fóra.
Na loita polo segundo posto, Os Cochikeiros e os Xarutos tiveron moitas baixas para esta derradeira xornada, ambos equipos contaron con tan so tres palanadores. Nos xarutos Serxio e Maceira conseguiron pasar da rolda de grupos, mentres que os Cochikeiros so meteron a Alberte nos oitavos, polo que os Xarutos colocáronse por diante na Xeral, e os Cochikeiros dependían de Alberte, que non foi quen de eliminar a David, polo que os Cochikeiros non poderán representar ao NorOeste en Conxo, e por segundo ano consecutivo os representantes serán Os Filloas de Sangue e os Xarutos.

Polo demais, ningún cambio nin na clasificación de Varados nin na Feminina, nas que Xan Rodiño e Geni son os flamantes campións.



Campións Conferencia NorOeste da Liga Nacional de Billarda:

Individual: Roi


Coma cabeza de serie clasificouse tamén Serxio.


Equipos: Bateas


Varados: Xan Rodiño


Feminino: Geni




Clasificados para Conxo á espera da confirmación oficial:

Individual:
Cabezas de Serie: Roi e Serxio
Viqueira, Lois Fontán, David, Xose, Alberto, Berdillo, Maceira, Antón, Juan, Leti


Equipos:
Filloas de Sangue, Xarutos

Varados:
Roi, David, Isma, Serxio, Xose


Feminina:
Leti, Zaida, María, Mila, Laura

segunda-feira, 14 de maio de 2012

Clasificacións da última xornada!

Rematou a Conferencia NorOeste, cunha xornada preciosa, tanto polo lugar coma pola emoción que se viviu nos campos da Torre.
Queda pendente unha crónica desta bonita xornada, e resumindo a tempada 2011/2012.

Individual

Balea (Bateas) - 10
Daniel (Roteiros) - 8
Lois (Bateas) - 7
Franco (Roteiros) - 7
Roi (Filloas) - 5
Xose (Filloas) - 5
David (Filloas) - 5
Geni (Roteiros) - 5
Alberte (Cochikeiros) - 4
Lois (Filloas) - 4
Lu (Corredoiras) - 4
Xan (Bateas) - 4
Maceira (Xarutos) - 4
Carolo (Corredoiras) - 4
Serxio (Xarutos) - 4
Alberto (Maghua) - 4
Berdillo (Cochikeiros) - 2
Viqueira (Cochikeiros) - 2
Elena (Bateas) - 2
Leti (Xarutos) - 2
Luis A. (O Salnés) - 2
Ana (O Salnés) - 1
Miguel (Filloas) - 1
Adrian (O Salnés) - 1
Mila (Cochikeiros "B") - 1


Equipos

Bateas - 23
Roteiros - 20
Filloas de Sangue - 19
Xarutos - 10
Cochikeiros - 8
Corredoiras - 8
Maghua - 4
O Salnés - 4
Cochikeiros "B" - 1


Feminina

Geni (Roteiros) - 5
Lu (Corredoiras) - 4
Elena (Bateas) - 2
Leti (Xarutos) - 2
Ana (O Salnés) - 1
Mila (Cochikeiros "B") - 1




Clasificacións Xerais


Individual

Roi (Filloas) - 64
Balea (Bateas) - 64
Serxio (Xarutos) - 61
Lois (Bateas) - 61
Daniel (Roteiros) - 55
Xan (Bateas) - 54
Viqueira (Cochikeiros) - 47
Lois (Filloas) - 46
David (Filloas) - 46
Xose (Filloas) - 44
Alberto (Maghua) - 42
Berdillo (Cochikeiros) - 39
Franco (Roteiros) 38
Maceira (Xarutos) - 37
Geni (Roteiros) - 37
Antón (Cochikeiros) - 30
Juan (Xarutos) - 27
Elena (Bateas) - 27
Leti (Xarutos) - 26
Luis Caminha (Gharaboto) - 24
Luis (Bateas) - 24
Alberte (Cochikeiros) - 23
Christian (Xarutos) - 19
Adrián (Cochikeiros) - 16
Isma (Cochikeiros) - 16
Carlinhos (Cochikeiros) - 14
Zaida (Cochikeiros) - 12
Boquete (Cochikeiros "B") - 12
Gelin (Gharaboto) 12
Xose Rodiño (Bateas) 10
Alberto (Filloas) - 10
Maria (Xarutos) - 10
Homer (Maghua) - 9
Davide (Maghua) - 7
Reyes (Roteiros) - 7
Diego (Cochikeiros "B") - 6
Cristian (Bateas) - 6
Mila (Cochikeiros "B") 6
Odilo (Bateas "B") 5
Charli (Spartak de Moimenta) 4
Ivan (Bateas) 4
Toño (-) - 4
Carolo (Corredoiras) - 4
Lu (Corredoiras) - 4
Martiño (Cochikeiros "B") 4
Mosquera (Cochikeiros "B") 4
Kiko (Maghua) - 4
Isa (Roteiros) - 4
Ana (Madia Leva) - 4
Verónica (Cochikeiros "B") - 3
Cheli (Gharaboto) 3
Rafa (Maghua) 3
Ana (Maghua) - 3
Laura (Maghua) - 3
Patri (Xarutos) - 2
Adrián (Cochikeiros) - 2
Ana (Gharaboto) 2
Luis A. (O Salnés) - 2
Ana (O Salnés) - 1
Miguel (Filloas) - 1
Adrian (O Salnés) - 1
Mabel (Maghua) - 1
Xavi (Filloas) 1
Martin (Cochikeiros "B") 1
Ismael (Spartak de Moimenta) 1
Manuel (Franquicia branca) 1


Varados

Xan (Bateas) - 16
Lois (Bateas) - 14
Daniel (Roteiros) - 13
Roi (Filloas) - 8
Balea (Bateas) - 6
David (Filloas) - 4
Isma (Cochikeiros) - 4
Serxio (Xarutos) - 3
Xose (Filloas) - 3
Berdillo (Cochikeiros) - 3
Xose Rodiño (Bateas) - 3
Alberte (Cochikeiros) - 2
Viqueira (Cochikeiros) - 2
Alberto (Maghua) - 2
Franco (Roteiros) 2
Alberto (Filloas) - 1
Ivan (Bateas) - 1
Davide (Maghua) - 1
Lois (Filloas) - 1
Reyes (Roteiros) 1
Kiko (Maghua) - 1
Diego (Cochikeiros "B") - 1
Cristian (Bateas) - 1
Charli (Spartak de Moimenta) - 1
Geni (Roteiros) - 1
Luis Caminha (Gharaboto)- 1


Equipos

Bateas - 221
Filloas de Sangue - 208
Xarutos - 168
Cochikeiros - 167
Roteiros - 137
Maghua - 68
Gharaboto - 41
Cochikeiros "B" - 39
Corredoiras - 8
Bateas "B" - 5
Spartak de Moimenta - 5
O Salnés - 4
Madia Leva - 4


Feminina

Geni (Roteiros) - 37
Elena (Bateas) - 27
Leti (Xarutos) - 26
Zaida (Cochikeiros) - 12
María (Xarutos) - 10
Reyes (Roteiros) - 7
Mila (Cochikeiros "B") - 6
Lu (Corredoiras) - 4
Ana (Madia Leva) - 4
Isa (Roteiros) - 4
Cheli (Gharabotos) - 3
Laura (Maghua) - 3
Verónica (Cochikeiros "B") - 3
Patri (Xarutos) - 2
Ana (Gharaboto) 2
Ana (O Salnés) - 1
Ana (Maghua) - 1
Mabel (Maghua) - 1

quinta-feira, 10 de maio de 2012

Última xornada

Por fin filtrouse o cartaz da última xornada, deixar claro que aínda non temos confirmación oficial por parte do concello, pero non debería haber problemas.
Estade atentos ao blog, xa que teñense varios plans B por se acaso.



quarta-feira, 9 de maio de 2012

Rumores

Pola Coruña nestes días todo o mundo está pendente da última xornada do Domingo... da LNB por suposto!

Escóitanse moitos rumores sobre a sede da última xornada, hai moito en xogo e a xente sábeo. Os palanadores esperan con ilusión e con responsabilidade esta última xornada, na que están case que todos os títulos da Conferencia en xogo.

Temos a un enviado especial intentando averiguar todos os pasos que dan os responsables da competición, e podemos adiantar que elixiron que a xornada decisiva sexa nun fermoso lugar da Coruña, pero aínda falta a confirmación do concello. Xa teñen incluso un cartaz preparado, que poderia ser filtrado á prensa en calqueira momento.

Por último recordamos as posibilidades dos palanadores na última xornada.

No individual o teñen moi preto dous palanadores míticos do NorOeste, coma son Roi, que xa ten algún título individual, de varados e por equipos e Serxio, que se merece un gran título que leva rozando varios anos pero que por un motivo ou outro sempre se lle escapa no último momento. Pero tampouco pode descartarse a outros dous grandes palanadores, que non son nativos do NorOeste, coma son Lois (campión matemático da Conferencia Sur desta tempada) e Balea, un palanador que está a facer unha grandisima tempada en varias conferencias.

Na clasificación por equipos os campións nacionais, os Bateas teñen moi moi preto o título, pero os Filloas de Sangue non se renden, e queren recuperar a hexemonía do NorOeste, que pode escapárselles por segundo ano consecutivo. Debaixo deles vai a haber unha loita moi moi intensa entre os Xarutos e os Cochikeiros, xa que se xogan clasificarse para Conxo, haberá moito sufrimento, pero para o que gañe pagará a pena.

Na clasificación por varados Xan ten case asegurado o título, ao igual que Geni na feminina, pero pode haber loita entre varios palanadores ou palanadoras por clasificarse para Conxo, xa que todos sabemos que poder participar nas finais de Conxo é un motivo de honra para todos os que un día comezan a xogar na LNB.

Recordade. O Domingo tedes un compromiso ca Conferencia NorOeste, axúdade a facer da despedida da tempada 2011/2012 unha bonita festa. Esperámosvos o Domingo ás 16:00 na Coruña.

terça-feira, 8 de maio de 2012

Todo por decidir!

Xornada cunha baixa participación e moi boa para os intereses dos bateas, que conseguiron meter a 5 palanadores nos cuartos de final, e a 3 nas semifinais.

Aínda está todo por decidir na última xornada, que podemos adiantar que será o Domingo 13 pola tarde! Aínda non se sabe onde será, pero hai moitos rumores xa.

Recordar que en caso de empates na clasificación xeral, o desempate será sempre na última xornada, en caso de que algún palanador non estea nesta última xornada quedará por detrás dos que si que estean.



Individual

Xan (Bateas) - 10
Balea (Bateas) - 8
Viqueira (Cochikeiros) - 7
Lois (Bateas) - 7
Lois (Filloas) - 5
Roi (Filloas) - 5
Elena (Bateas) - 5
Luis Glez (Bateas) - 5
Serxio (Xarutos) - 4
Maceira (Xarutos) - 4
JUan (Xarutos) - 4
Mila (Cochikeiros "B") - 4
Boquete (Cochikeiros "B") - 2
Xose (Filloas) - 2
Alberto (Maghua) - 2
María (Xarutos) - 1
Leti (Xarutos) - 1
David (Filloas) - 1

Varados

Xan (Bateas) - 4
Alberto (Maghua) - 2
Balea (Bateas) - 2
Lois (Filloas) - 1
Viqueira (Cochikeiros) - 1


Feminino

Elena (Bateas) - 5
Mila (Cochikeiros "B") - 4
María (Xarutos) - 1
Leti (Xarutos) - 1

Equipos

Bateas - 30
Xarutos - 13
Filloas de Sangue - 13
Cochikeiros - 7
Cochikeiros "B" - 6
Maghua - 2



Clasificacións xerais

En negrita os clasificados ata o momento para os play-offs de Conxo.


Na clasificación individual todo segue máis ou menos coma estaba, Roi, o lider, conseguiu un punto máis de vantaxe sobre Serxio, pero a súa vez, Lois e Balea colócanse a 5 puntos cada un de Roi, e vendo o fortes que están, calqueira dos dous ten opcións de conseguir o título da conferencia.
Por outra parte para clasificarse entre os 12 para Conxo pode haber unha bonita loita entre varios palanadores.





Individual

Roi (Filloas) - 59
Serxio (Xarutos) - 57

Lois (Bateas) - 54
Balea (Bateas) - 54
Daniel (Roteiros) - 47
Xan (Bateas) - 50
Viqueira (Cochikeiros) - 45
Lois (Filloas) - 42
David (Filloas) - 41
Xose (Filloas) - 39
Alberto (Maghua) - 38
Berdillo (Cochikeiros) - 37
Maceira (Xarutos) - 33

Geni (Roteiros) - 32
Franco (Roteiros) 31
Antón (Cochikeiros) - 30
Juan (Xarutos) - 27

Elena (Bateas) - 25
Luis Caminha (Gharaboto) - 24
Luis (Bateas) - 24
Leti (Xarutos) - 24
Christian (Xarutos) - 19
Alberte (Cochikeiros) - 19
Adrián (Cochikeiros) - 16
Isma (Cochikeiros) - 16
Carlinhos (Cochikeiros) - 14
Zaida (Cochikeiros) - 12
Boquete (Cochikeiros "B") - 12
Gelin (Gharaboto) 12
Xose Rodiño (Bateas) 10
Alberto (Filloas) - 10
Maria (Xarutos) - 10
Homer (Maghua) - 9
Davide (Maghua) - 7
Reyes (Roteiros) - 7
Diego (Cochikeiros "B") - 6
Cristian (Bateas) - 6
Odilo (Bateas "B") 5
Mila (Cochikeiros "B") 5
Charli (Spartak de Moimenta) 4
Ivan (Bateas) 4
Toño (-) - 4
Martiño (Cochikeiros "B") 4
Mosquera (Cochikeiros "B") 4
Kiko (Maghua) - 4
Isa (Roteiros) - 4
Ana (Madia Leva) - 4
Verónica (Cochikeiros "B") - 3
Cheli (Gharaboto) 3
Rafa (Maghua) 3
Ana (Maghua) - 3
Laura (Maghua) - 3
Patri (Xarutos) - 2
Adrián (Cochikeiros) - 2
Ana (Gharaboto) 2
Mabel (Maghua) - 1
Xavi (Filloas) 1
Martin (Cochikeiros "B") 1
Ismael (Spartak de Moimenta) 1
Manuel (Franquicia branca) 1


Na clasificación por varados volve a haber cambios, Xan colócase coma lider, e ten bastante encarrilado o título de Varados, xa que a última xornada case seguro que sexa nunha pista bastante longa e lenta, polo que se verán moi poucos varados.

Para clasificarse para Conxo parece claro que Roi, David e Isma teñen un posto asegurado, pero para os outros dous postos hai varios palanadores que chegan con opcións, e case seguro que teñamos que facer algún desempate.
Varados


Xan (Bateas) - 16
Lois (Bateas) - 14
Daniel (Roteiros) - 13
Roi (Filloas) - 8
Balea (Bateas) - 6
David (Filloas) - 4
Isma (Cochikeiros) - 4
Serxio (Xarutos) - 3
Xose (Filloas) - 3
Berdillo (Cochikeiros) - 3
Xose Rodiño (Bateas) - 3
Alberte (Cochikeiros) - 2
Viqueira (Cochikeiros) - 2
Alberto (Maghua) - 2
Franco (Roteiros) 2
Alberto (Filloas) - 1
Ivan (Bateas) - 1
Davide (Maghua) - 1
Lois (Filloas) - 1
Reyes (Roteiros) 1
Kiko (Maghua) - 1
Diego (Cochikeiros "B") - 1
Cristian (Bateas) - 1
Charli (Spartak de Moimenta) - 1
Geni (Roteiros) - 1
Luis Caminha (Gharaboto)- 1


Nesta penúltima xornada, por equipos os Bateas deron un paso importantisimo para acadar o título da Conferencia NorOeste, xa que lle sacaron 17 puntos aos Filloas, e colócanse 9 puntos por díante na clasificación xeral.

Por outra parte, os Xarutos non conseguiron aproveitar a xornada para adiantar aos Cochikeiros, e seguen por debaixo, pero agora tan só por un punto. A última xornada pode ser dramática para estes dous equipos, xa que está claro que os seus palanadores daran todo por conseguir o obxetivo.


Equipos


Bateas - 198
Filloas de Sangue - 189
Cochikeiros - 159

Xarutos - 158
Roteiros - 117
Maghua - 64
Gharaboto - 41
Cochikeiros "B" - 38
Bateas "B" - 5
Spartak de Moimenta - 5
Madia Leva - 4


Na clasificación feminina parece claro que Geni será a campiona, pero aínda non se sabe as cinco palanadoras que competiran en Conxo representando a nosa Conferencia, debido á baixa participación feminina deste ano, calqueira das palanadoras pode chegar a facerse un oco finalmente.






Feminina

Geni (Roteiros) - 32
Elena (Bateas) - 25
Leti (Xarutos) - 24
Zaida (Cochikeiros) - 12
María (Xarutos) - 10
Reyes (Roteiros) - 7
Mila (Cochikeiros "B") - 5
Ana (Madia Leva) - 4
Isa (Roteiros) - 4
Cheli (Gharabotos) - 3
Laura (Maghua) - 3
Verónica (Cochikeiros "B") - 3
Patri (Xarutos) - 2
Ana (Gharaboto) 2
Ana (Maghua) - 1
Mabel (Maghua) - 1

sábado, 5 de maio de 2012

Todos a Santa Cruz!

Finalmente a pista polideportiva de Meixón Frío, na rúa Manuel Gutierrez Meliado (Liáns, Santa Cruz) é a escollida para a desputa desta penúltima xornada da liga coa inestimábel axuda do concello de Oleiros. Así que vos esperamos a todo o mundo ás 11:45 na pista de Meixón Frío!! Avante o NorOeste!

quarta-feira, 2 de maio de 2012

Seguinte xornada

O próximo Domingo haberá xornada seguro, será ás 11:45 da mañán, nun principio tiñamos pensado xogar no campo de terra de Eiris, para que os nosos palanadores foran preparándose para Conxo, pero coma sempre ultimamente hai previsión de chuvia, polo que estamos intentando conseguir un pavillón, senón se consigue vai haber que xogar igual aínda que nos mollemos, xa que non temos máis datas para facer as dúas xornadas que quedan. A última xornada se todo vai ben será o día 20 de Maio, se pode ser e nolo permiten será nos campos de herba artificiais da Torre de Hércules. Por último recordar a todos os palanadores da LNB que a Conferencia NorOeste está que arde, con case todalas clasificacións abertas, a máis clara é a feminina na que Geni xa ten case asegurado o título. Pero tanto nos varados coma na clasificación por equipos coma na individual está todo moi igualado. Na clasificación por equipos os Filloas de Sangue, que queren volver a conquistar a Conferencia NorOeste por terceira vez, están a ver nas últimas xornadas coma os Bateas ameazan o seu liderato, colócandose na última xornada a tan só 8 puntos, polo que un erro poder facerlles perder a conferencia, que iria a parar a mans dos campións nacionais, os Bateas, que conseguirian este título por segundo ano consecutivo. Pero non só importan estos dous equipos, xa que os Xarutos e os Cochikeiros están loitando por un posto en Conxo, agora mesmo teñen unha pequena vantaxe os cochikeiros, pero tan só de 7 puntos, nada definitivo nin moito menos. Na clasificación de varados houbo moitos cambios nas ultimas xornadas, Lois có seu famoso varado conseguido nos despachos (levaba meses reclamando un varado que non estaba apuntado en ningún lado, e ao final no xuizo o árbitro daquela xornada recoñeceu o seu erro) consegue colocarse coma lider, un punto por encima de Daniel, esta clasificación podería resultar definitiva se as dúas últimas xornadas xóganse en aberto, xa que as pistas na que se xogaría serían demasiado longas, e moi dificil conseguir máis varados. E por último na individual parece que Roi e Serxio están empeñados en darse o un ao outro tantas oportunidades que Daniel, Lois e Balea poden botarselles encima nestas dúas últimas xornadas, entre Roi e Serxio hai tan só un punto de diferencia, polo que pase o que pase nesta 11º xornada, nada vai quedar sentenciado ata a última xornada. O que mellor saiba xogar coa presión de poder conseguir o título da Conferencia pode levarse a gloria. O duelo entre estes dous palanadores é constante e pode acabar convertendose en mítico, xa que o ano pasado Serxio eliminou a Roi en Conxo, que conseguiu a súa pequena vendetta na primeira xornada desta tempada, e dende esa primeira xornada os dous primeiros postos sempre estiveron reservados para estes dous palanadores menos na terceira xornada, aínda así ningún dos dous pode relaxarse, xa que vendo como están as cousas está claro que non poden errar máis, por detrás esperan os seus erros con moitas gañas. Pero non só os palanadores que loitan polo título xoganse moito, tamén hai moitos Palanadores que están a loitar por conseguir un posto nos play-offs de Conxo, clasifícanse 12, pero recordamos que moitos dos que están entre os doce primeiros non son nativos, polo que non aspiran a un posto pola nosa conferencia, o que pecha a día de hoxe os clasificados para Conxo sería Juan dos Xarutos. Dende aquí para rematar animarvos a todos os palanadores a pasarvos polo NorOeste o Domingo para ver o nivel da nosa Conferencia e para desfrutar xogando á billarda. Moita sorte a todolos palanadores. Avante o NorOeste! Adiante co Varal!