quinta-feira, 30 de dezembro de 2010

Abre o mercado de Nadal no NorOeste!

Corren polos bares da cidade coruñesa moitos rumores. Coméntase que a chegada dos Bateas, que tras a disputa da 2º xornada e a nova vitoria de Xan son líderes da nosa Conferencia, non senta ben na Coruña, e os equipos estánse movendo todo o que poden para evitar que o título da nosa Conferencia marche fóra da cidade.

Podemos confirmar que tras unha tempada enteira sen participar na nosa Conferencia, a equipa do Atreu volverá a participar na liga. Tras ter coñecemento das clasificacións, lideradas por unha franquicia sen sede no NorOeste, os palanadores do Atreu decidiron xuntarse para loitar polo título. Os propios xogadores afirman que están a facer un conxunto moi competitivo, contando xa con 6 xogadoras nas súas filas.

Os Filloas de Sangue, campións da Conferencia en dúas das tres edicións da mesma, vén como se lles pode escapar a reválida do título, e hai quen di que están a falar coas súas vellas glorias para volver loitar polo campionato. Será verdade que os campións da primeira tempada na Conferencia Noroeste da LNB, Lamas e Alberto, teñen unha suculenta oferta dos mesmos para regresar ao equipo que levaron ao máis alto? Ademais da fichaxe de Carola a principios de ano e doutra posíbel incorporación da que aínda non podemos dicir nada máis, cóntase que Sak, xogador mítico do NorOeste, foi contratado por esta franquicia. Segundo nos confirmaron fontes próximas ao palanador, o mesmo tivo varias ofertas de equipos da Conferencia, incluidos os líderes Bateas, para regresar á liga, mais temos entendido que son os Filloas de Sangue os que apalabraron con el a súa volta.

Por outra banda, as Invencibles, a nova equipa feminina da Conferencia NorOeste, parecen estar buscando novas palanadoras para integrar nas súas filas, e así poder desbancar á líder da clasificación das mulleres, Carola, que segue primeira a pesar de non poder asistir á última xornada.

Por último, o rumor menos estendido, aínda que tamén podería dar moito que falar, é a volta de Kiko. O primeiro gañador absoluto da nosa Conferencia tamén está en conversacións co seu ex-equipo, os Xarutos, que despois de estar loitando ata a última xornada durante as tres edicións da liga do NorOeste, este ano queren conseguir por fin o campionato, e están dispostos a poñer todo da súa parte para facelo.

Cales destas novas serán verdade e cales non? O día 23 de xaneiro, data da disputa da terceira xornada, poderémolo saber.

Sen máis, e recordando ao recén finado Bobby Farrell, frontman de Boney M e fillo adoptivo de Galiza, desexámosvos un feliz ano 2011 a todos, cheo de éxitos billardeiros!

domingo, 12 de dezembro de 2010

2º Xornada

Clasificacións da 2º xornada da tempada na conferencia NorOeste, celebrada outra vez en Santa Margarida

Individual

Xan (Bateas) 10 puntos
Toño (Bateas) 8
Roi (Filloas de Sangue) 6
Xosé Rodiño (Bateas) 6
Alberto (Xarutos) 4
Serxio (Xarutos) 4
Lois (Filloas de Sangue) 4
Jandro (Bateas) 4
Maceira (Xarutos) 2
Xosé (Filloas de Sangue) 2
David (Filloas de Sangue) 2
Davide (Xarutos) 2
Cris (Las invencibles) 1
Bea (Las invencibles) 1
Lois (Bateas) 1
Leti (Xarutos) 1
Anxo (Taravelas) 1
Marica (Taravelas) 1
Alba (Las invencibles) 1
Anka (Bateas) 1


Feminina

Cris (Las invencibles) 1
Bea (Las invencibles) 1
Leti (Xarutos) 1
Marica (Taravelas) 1
Alba (Las invencibles) 1
Anka (Bateas) 1


Equipos

Bateas 28
Filloas de Sangue 14
Xarutos 11
Las invencibles 3
Taravelas 2


Varados

Roi (Filloas de Sangue) 1



Clasificacións xerais

Individual

Xan (Bateas) 20
Lois (Filloas de Sangue) 12
Roi (Filloas de Sangue) 10
Serxio (Xarutos) 10
Toño (Bateas) 8
Lois (Bateas) 7
David (Filloas de Sangue) 6
Xosé Rodiño (Bateas) 6
Alberto (Xarutos) 4
Jandro (Bateas) 4
Carola (Filloas de Sangue) 4
Cristian (Xarutos) 4
Anxo (Taravelas) 3
Xosé (Filloas de Sangue) 3
Leti (Xarutos) 2
Maceira (Xarutos) 2
Marica (Taravelas) 2
Davide (Xarutos) 2
Cris (Las invencibles) 1
Bea (Las invencibles) 1
Alba (Las invencibles) 1
Anka (Bateas) 1
Jorge (Taravelas) 1


Feminina

Carola (Filloas de Sangue) 4
Leti (Xarutos) 2
Marica (Taravelas) 2
Cris (Las invencibles) 1
Bea (Las invencibles) 1
Alba (Las invencibles) 1
Anka (Bateas) 1

Equipos

Bateas 44 puntos
Filloas de Sangue 34
Xarutos 22
Taravelas 6
Las Invencibles 3

Varados

Roi (Filloas de Sangue) 1

terça-feira, 16 de novembro de 2010

Clasificacións tras a 1ª xornada

Clasificación individual:

Xan (Bateas) 10 puntos
Lois (Filloas de Sangue) 8 puntos

Serxio (Xarutos) 6 puntos
Lois (Bateas) 6 puntos

Carola (Filloas de Sangue) 4 puntos
Cristian (Xarutos) 4 puntos
Roi (Filloas de Sangue) 4 puntos
David (Filloas de Sangue) 4 puntos

Anxo (Taravelas) 2 puntos

Jorge (Taravelas) 1 punto
Leti (Xarutos) 1 punto
Marica (Taravelas) 1 punto
Xose (Filloas de Sangue) 1 punto


Clasificación por equipas:


Ao ser tan só dous palanadores, os Bateas non foron capaces de impoñerse na clasificación por equipas, comandada polos Filloas de Sangue, beneficiados pola asistencia de cinco dos seus palanadores.

Filloas de Sangue 20 puntos
Bateas 16 puntos
Xarutos 13 puntos
Taravelas 4 puntos


Clasificación feminina:

A debutante Carola conseguiu chegar a 1/4, sumando así 4 puntos para os Filloas de Sangue e sitúandose como líder indiscutíbel desta clasificación, fronte a Leti e a Marica que non foron quen de pasar da fase de grupos.

Carola (Filloas de Sangue) 4 puntos
Leti (Xarutos) 1 punto
Marica (Taravelas) 1 punto

segunda-feira, 15 de novembro de 2010

Xan dos Bateas faise co 1º aberto da temporada!

Chegar e encher. Así se chama o que a equipa dos Bateas fixo onte no parque coruñés da Santa Margarida.
Sobre as 12 da mañán os palanadores do NorOeste foron chegando ao auditorio do parque, escollido para ser o lugar no que se disputaría o 1º aberto desta nova edición da liga da Conferencia NorOeste. Foi unha mañá de chuvia, que por sorte cesou cando ía comezar o aberto e permitiu que se desputase sen problemas, aínda que esa foi unha das causas de que a asistencia de palanadores á primeira xornada fora inferior ao esperado.

Cando a chuvia ía a menos, sobre as 12:30 h, deuse comezo ao aberto. O sistema foi o dunha fase de grupos da que saíron 8 clasificados que se emparellaron en 1/4 de final. Segundo se disputaba esta fase de grupos a chuvia deixou de caer, mais a pista aínda estaba moi mollada, polo que os palanadores decidiron non utilizar aínda as billardas de seco.
Sete xogadores clasificáronse de forma directa para esa ronda, mentres que Carola e Anxo, terceiros dos seus grupos, tiveron que ir á repesca. Tras unha dura loita, Carola, nova adquisición dos Filloas de Sangue e unha das revelacións da xornada, conseguiu deixar fóra da pelexa polo aberto a un billardeiro experimentado como Anxo, dos Taravelas. Mención especial merece Cristian, o xoven palanador dos Xarutos, que pasou a 1/4 como primeiro do seu grupo.
A pista secaba, e os dous Bateas asistentes, Xan Rodiño e Lois, comezaban a amosar por que están ben situados nas clasificacións de todas as conferencias da LNB. O segundo deixou fóra a Roi, vixente campión da nosa conferencia, mentres que o primeiro eliminou a Davide, tamén dos filloas, despois de varios desempates.
Os outros dous clasificados para semifinais foron Lois Fontán, dos Filloas, e Serxio, dos Xarutos, que deixaron fóra a Cristian e a Carola, respectivamente.
Así chegou a penúltima ronda, as semifinais, onde os emparellamentos enfrontaron a Xan Rodiño e a Lois, os dous dos Bateas, nunha loita fratricida polo título. Mentres, na outra semifinal pelexaban dous vellos coñecidos, Lois Fontán e Serxio. Xan Rodiño e Lois Fontán desfixéronse dos seus adversarios e enfrontáronse nunha final épica na que o xogador dos Bateas se fixo coa vitoria.
Dúas instantáneas tiradas polos nosos fotógrafos amosan a calidade destes dous finalistas, que lle brindaron ao público asistente golpes tan excepcionais como estes:

Lois Fontán, unha das estrelas dos vixentes campións Filloas de Sangue, suspéndese no aire para realizar un golpe maxistral.

Xan, dos Bateas, golpexa con rabia a billarda conseguindo así a vitoria neste 1º aberto da liga.

Os finalistas felicítanse deportivamente tras a desputa da final.
Por outra banda, temos que falar do concurso paralelo ao aberto que se realizou no día de onte patrocinado por Gz en Varados, programa de Tele-Varal conducido polos dous asistentes pertencentes á franquicia dos Bateas. Consistía en adiviñar o número de varados que se ían conseguir ao longo do aberto. Xan Rodiño, vendo as dificultades que presentaba a pista en cuestión, afirmou que non se ía conseguir ningún, e iso foi o que ocorreu, aínda que moitos golpes directos quedaron ás portas ou incluso foron rexeitados polos paus do varal.
Polo tanto, Xan foi dobremente campión na xornada de onte, aínda que amosando a súa deportividade e xenerosidade decidiu que o premio do concurso, unha botella de Carolines, quedase en mans dos organizadores da Conferencia NorOeste para futuras ocasións. Non temos máis que darlles as grazas polo seu xesto desinteresado. Iso si, hai quen di que os palanadores do NorOeste, coñecidos pola súa hospitalidade, non quixeron ser menos, e decidiron non facer ningún varado nin tampouco eliminar aos Bateas ao longo do aberto, agradecéndolles desa forma a súa visita á cidade coruñesa.
"É que son bos rapaces", escoitóuselle dicir a certo billardeiro do NorOeste nese entorno máxico de Santa Margarida.

sábado, 13 de novembro de 2010

I Aberto de Santa Margarida!

Palanadoras, palanadores todos, quedan xa menos de 72 horas para o inicio da IV Liga do NorOeste! Os rudos billardeir@s atlánticos chegan a esta cita histórica cargados de lume nas olladas e coa raiba batendo ben forte no peito debido aos últimos acontecementos que están a axitar o Sáhara, onde o terrorismo de Estado de Marrocos pretende calar a historia. Desde aquí amosamos a nosa máis forte repulsa ante estes feitos, e apoiamos o movemento de liberación desa flor queimada polo sol á que lle cantaban os Tamara a través da voz do crooner coruñés Pucho Boedo, orgullo de todos nós.

E para comezar esta nova edición da nosa liga, o lugar escollido, tras duras negociacións con outras posíbeis sedes, será o do auditorio de Santa Margarida, seguramente xa coñecido por todos vós, ás 12:00 h do domingo 14 de novembro. E é que aínda que este sexa o I Aberto de Santa Margarida incluído no calendario da nosa liga, xa se realizaron outros tres abertos independentes (dous deles para celebrar o Día das Letras) con grande éxito.
Alí foi onde se realizou tamén un adestramento-aberto preparatorio o fin de semana pasado, e dispoñemos dalgún material dese mesmo día que aquí poñemos á vosa disposición.









Atención, porque novas incorporacións de todas as idades, todas elas xa con experiencia, estiveron este domingo afacéndose ao terreo e chegan coa intención de ser a revelación deste novo curso billardeiro.
Cremos por isto que era case unha cuestión de xustiza que este lugar fose o escollido para dar a saída desta nova temporada, mais que a xente de Labañou, así como do resto dos barrios koruñentos, non desespere, xa que a serpe multicolor da LNB irase desprazando por todos eles, ademais de estabelecer campamento noutros concellos do NorOeste galego que xa figuran na nosa axenda.
Aínda non subiches ao barco atlántico da LNB-NorOeste? Esperámoste este domingo ás 12h no parque coruñés de Santa Margarida!
Nestes días nos que os galegos todos celebramos os magostos e o San Martiño, palanadores do NorOeste, collede a billarda polo fuciño!


E-mail da Conferencia NorOeste:
lnbnoroeste@gmail.com

Teléfonos de contacto:
- 679908773 (David Fontán)
- 658847377 (Roi Moris)

terça-feira, 19 de outubro de 2010

Arrincamos!

Os motores da Conferencia NorOeste comezan a ruxir un ano máis, soan a mar, quentan ao compás das ondas que veñen romper nesta cidade-barco á que lle chaman A Cruña. Mais non apampedes mirando o bravo mar bater na costa coruñesa, afiade as vosas billardas e agarrade ben os paláns porque chegan emocións ben fortes desde esta esquina do país.
Mentres A Coruña toda se prepara para recibir aos Diplomáticos como merecen, a LNB leva a cabo as súas negociacións para fixar o lugar onde se celebrará o comezo da temporada. E a serpe multicolor da LNB sabe que non hai mellor forma de dar principio á liga do Noroeste que establecendo campamento nun barrio emblemático como o de Labañou antes de dirixirse cara outras comarcas próximas.
Xentes do noroeste galego, acudide a esta chamada desde o bravo Labañou! A Coruña rabuña!
Arroutada e subversión, billarda e revolución!
Señora, non quede na casa,
colla a billarda e únase á tropa da tralla!




E-mail da Conferencia NorOeste:
lnbnoroeste@gmail.com

Teléfonos de contacto:
- 679908773 (David Fontán)
- 658847377 (Roi Moris)

sábado, 29 de maio de 2010

Alá imos!

Xa quedan menos de 24 h para o acontecemento do ano! Os palanadores que participarán nos Play Off de Conxo fixeron durante estes días os seus últimos adestramentos en terra para prepararse para a longa e difícil pista de mañá.
A tarde e a noite de hoxe serán de meditación, visualizando os mellores golpeos posíbeis, imaxinando as billardas que, voando sobre a area de Conxo, vaian achegando aos nosos palanadores ao título da LNB.

Aquí tedes o cartaz deseñado por Nachok para a Gran Muiñada de Conxo. Todo comezará ás 11:30, onde Leti e Marica loitarán, xunto coas clasificadas das outras conferencias, pola vitoria na categoría feminina. Unha hora máis tarde, a final por franquicias, con Filloas de Sangue e Xarutos buscando a gloria. Tras o xantar de irmandande, co que rememoraremos o famoso Banquete de Conxo, os nosos palanadores clasificados en varados e categoría individual desputarán as súas respectivas finais.
Concentración máxima, polo tanto, a dos nosos palanadores nestas horas previas á loita final. Adiante, búfalos e búfalas do NorOeste, confiamos en vós! A pola vitoria na area de Conxo!

quarta-feira, 26 de maio de 2010

No NorOeste tamén temos terra!

Confírmase o adiantado no anterior post. Acaban de ser enviadas a esta redacción unhas fotografías de palanadores do NorOeste adestrándose en pistas similares á que o domingo acollerá os Play Off da LNB. Brutal testimonio gráfico que deixa claro que os buffalos do NorOeste se preparan a conciencia para a cita de Conxo.
Avante a Conferencia NorOeste! Se van cagar, neno!


terça-feira, 25 de maio de 2010

Camiño de Conxo!

Case sen recuperarse do emocionante desenlace da nosa liga, os palanadores xa se preparan a conciencia para o próximo domingo, onde todas as conferencias da Galiza se reunirán para desputar os Play Off polo título nacional.
Os participantes do NorOeste non deixan de afiar as billardas, e soñan cada noite co golpe perfecto, con ese varado que os leve á vitoria na area de Conxo. Fontes que non deben ser reveladas confirmaron a esta redación que Filloas de Sangue, Xarutos e Taravelas, as tres franquicias que contan con clasificados para os Play Off, pasarán a semana adestrándose en pistas de terra para poder adaptarse ben ao campo de xogo de Conxo.

Aquí vos deixamos a lista dos participantes en categoría individual:
Roi (F. de S.)
Anxo (Tar)
Lois (F. de S.)
Maceira (Xar)
David (F. de S.)
Rafa (Xar)
Sergio (Xar)
Leti (Xar)
Xose (F. de S.
Miguel (Xar)
Xaquín (Tar)
Marica (Tar)*
*Entra na lista debido á baixa de Jorge, palanador dos Taravelas clasificado en 9ª posición.

As franquicias que loitarán polo título en Conxo son os Filloas de Sangue e os Xarutos.

Na categoría de varados, os clasificados son os seguintes:
Roi (F. de S.)
David (F. de S.)
Lois (F. de S.)
Sergio (Xar)
Miguel (Xar)

Só dúas mulleres, Leti e Marica, confirmaron a súa participación na categoría feminina, mais a forza coa que loitarán para facerse co título non deixará indiferente a ninguén.

Atentos todos, porque a marea do NorOeste aparecerá nos Play Off levantando a area de Conxo como se dunha estampida de buffalos africanos se tratase!

segunda-feira, 24 de maio de 2010

Último aberto 09-10!



Este domingo, baixo un abrasador sol coruñés, celebrouse na Sardiñeira o último aberto da Conferencia NorOeste, pechando así o ano III da nosa liga.
A historia da última xornada xa lle soaba a todo o mundo. Os Xarutos chegaban en primeira posición, mais seguidos ben de perto polos Filloas de Sangue, con só 3 puntos separando a estas dúas franquicias. Os primeiros clasificados dependían de si mesmos, mais a presión podía ser determinante. A franquicia dos Filloas de Sangue non tiña nada que perder, así que a palabra que resumía a súa estratexia era a seguinte: tranquilidade. A actuación da terceira franquicia na clasificación xeral, os Taravelas, tamén podía marcar o desenlace da liga.
O xogo comezou, e as rondas foron pasando, caendo algúns favoritos, como Serxio e Rafa, dos Xarutos. Seis palanadores chegaron ás semifinais: Anxo (Taravelas), Maceira (Xarutos) e catro Filloas de Sangue: Lois, Xose, Roi e David. Lois deixou fóra a Anxo, Maceira a Xose e David a Roi, o líder da clasificación individual, e que na primeira ronda nos agasallara cun fermoso varado, o único acadado nesta complicada pista da Sardiñeira. Na final a tres, os Fontán, Lois e David, xunto con Maceira, estrela dos Xarutos, preparábanse para loitar polo Aberto. Neste emocionante e axustado desenlace, Lois fíxose coa vitoria, deixando a Maceira e David en segunda e terceira posición, respectivamente. Lois conseguía así o seu segundo aberto consecutivo, deixando clara a súa boa forma de cara aos Play Off do próximo domingo, mentres que os pontos sumados por David, Roi e Xose eran importantísimos para a equipa, consumándose así a remontada. 16 de 18 puntos posíbeis para a franquicia nesta última xornada facían realidade o seu soño: conseguir a vitoria na Conferencia NorOeste e reeditar o campionato de liga do primeiro ano, que conseguiran tamén en detrimento dos Xarutos. Os propios Xarutos fregaban os ollos, vendo como se lles escapaba a liga na última xornada. E xa van tres anos.
O narración do ocorrido na xornada foi gravado por Tele-Varal con Serxio como reporteiro nunha dobre exclusiva.

"Eu xogho á estornela, n'o poido negar, teño unha billarda e o palán na man". Así comeza a primeira parte da mesma, na que Serxio nos resume a situación das principais franquicias ao remate da liga.

Na 2ª parte temos unha entrevista aos finalistas, que nos dan as claves do ocorrido neste último aberto e ameazan a toda a tribo LNB de cara aos Play Off de Conxo, a onde os palanadores adoecen por ir!
Resumindo, máis leña ao lume para esta rivalidade entre Xarutos e Filloas, que vai camiño de converterse nunha loita lexendaria dentro da serpe multicolor da LNB. Iso si, integrantes das dúas franquicias aclararon que todo isto queda de lado de cara ao próximo domingo, onde ambas loitarán fronte ao resto das franquicias clasificadas por traer para o NorOeste o trofeo que as acredite como vencedoras dos Play Off da LNB.
Se van cagar, neno!

sábado, 27 de março de 2010

sexta-feira, 12 de março de 2010

Nova xornada

Boas! Xa se poden usar as instalacións deportivas, polo tanto, este domingo ás 11:30 no frontón de Riazor vaise disputar a 4ª xornada da liga noroeste.

Agardamosvos!!!!

segunda-feira, 25 de janeiro de 2010

Clasificación 3ª Xornada

Moi boas!

Como xa sabedes onte tivemos nova xornada, unha mañá soleada e algúns chegaron casi que coas sabas ainda no lombo...

Desta volta Roi non fixo ningún varado cousa que esta tempada é noticia.

A clasificación queda así.

Deica a próxima xornada.

sábado, 23 de janeiro de 2010

3ª Xornada

Boas Palanadores e Palanadoras!

Mañá 24 de Xaneiro, ás 12:00 no frontón de Riazor, comenzará a 3ª xornada da liga Noroeste.

Lembrade que os capitans teñen que estar ás 11:30.

Agardámosvos

segunda-feira, 18 de janeiro de 2010

Clasificación 2ª Xornada

Boas palanadores e palanadoras!

Onte xogouse unha nova xornada, desta volta xogouse no polideportivo de Sada.

Temos que destacar a Roi que leva 4 varados en 2 xornadas, seica esta en boa forma...

Equí tedes como está a clasificación.

Deica!