sábado, 29 de maio de 2010

Alá imos!

Xa quedan menos de 24 h para o acontecemento do ano! Os palanadores que participarán nos Play Off de Conxo fixeron durante estes días os seus últimos adestramentos en terra para prepararse para a longa e difícil pista de mañá.
A tarde e a noite de hoxe serán de meditación, visualizando os mellores golpeos posíbeis, imaxinando as billardas que, voando sobre a area de Conxo, vaian achegando aos nosos palanadores ao título da LNB.

Aquí tedes o cartaz deseñado por Nachok para a Gran Muiñada de Conxo. Todo comezará ás 11:30, onde Leti e Marica loitarán, xunto coas clasificadas das outras conferencias, pola vitoria na categoría feminina. Unha hora máis tarde, a final por franquicias, con Filloas de Sangue e Xarutos buscando a gloria. Tras o xantar de irmandande, co que rememoraremos o famoso Banquete de Conxo, os nosos palanadores clasificados en varados e categoría individual desputarán as súas respectivas finais.
Concentración máxima, polo tanto, a dos nosos palanadores nestas horas previas á loita final. Adiante, búfalos e búfalas do NorOeste, confiamos en vós! A pola vitoria na area de Conxo!

9 comentários:

Anónimo disse...

Este ano teremos moito que dicir en Conxo, á terceira vai a vencida, este ano saíremos de alí con algún título seguro!!!
Avante o Noroeste!!

Dende o Sur disse...

Dende o Sur queremos mostrarvos o no noso apoio nas finais. Se non gañamos os do Sur, nin os clasificados por Ourense, nin a Conf.USC, se os da conferencia centro quedan fora e perde o Norleste... entón oxalá que añe o Noroeste!!!

Anónimo disse...

Parece que os do Sur andades un pouco confiados de máis... A ver se non ides levar unha sorpresa, de tan subidos que ides para Conxo.
Avante o NorOeste!

Anónimo disse...

o noroeste somos os tapad@s , sen lugar a dúbidas, en Conxo, a confianza do sur vailes pasar factura , de arrincada imos liquidar ós esquirois do centro e despois imos linchar ós resto de iluminad@s!!

Anónimo disse...

Menos lobos caperucita

Anónimo disse...

Deixade de contestarlle ao do Sur, nós falaremos na terra de Conxo, falar aquí non serve de nada.. os demais que digan o que queiran!
AVANTE O NOROESTE! :@

armani disse...

vaise subvastar a camisa que lucíu Serxio dos Xarutos no Play off nacional de Conxo? por favor avisade!!

Amancio Ortega disse...

Eu teño xa 300 costureiras traballando nas suas casas 12 horas diarias para quitar unha replica a tempo para a tempada de verán 2010. Por 5€ mais poderase adquirir tamén o gorro de palla.

Anónimo disse...

cando voltais