SISTEMA DE PUNTUACIÓN





SISTEMA DE PUNTUACIÓN CONNOR 2017/2018


FASE DE GRUPOS
Establécese unha puntuación en función do número de golpes necesarios para superar coa billarda a liña do varal, deste xeito todos os xogadores ou xogadoras que o fagan no mesmo golpe (ou quenda) levarán a mesma puntuación:
- 1 golpe (varado): 6 puntos.
- 2 golpes: 5 puntos.
- 3 golpes: 4 puntos.
- 4 golpes: 3 puntos.
- Resto: 1 punto.
A puntuación final de cada participante na fase de grupos logo das carreiras disputadas é a suma dos puntos acadados por cada xogador ou xogadora en cada carreira

FASE DE CADROS OU ELIMINATORIAS.
Cada xogador o xogadora sumará para sí os puntos que consiga nas carreiras disputadas obtendo 1 punto por carreira gañada ou empatada e 0 puntos por carreira perdida.
Se despois de 4 golpes ninguén chegase á liña de varal darase por perdida a carreira para ambos os dous xogadores ou xogadoras.

FINAL A TRES.
Cada xogador ou xogadora sumará para sí os puntos que consiga nas 3 carreiras disputadas obtendo:
- 2 puntos por carreira gañada: se son dous no mesmo golpe levaran tamén a mesma puntuación.
- 1 punto se o fai no seguinte golpe: só se quedan dous xogadores ou xogadoras para desputalo.
- 0 puntos por carreira perdida: sempre que os outros xogadores ou xogadoras xa puntuasen nos anteriores golpes ou se quedan dous para desputar 1 punto ningún entre nese golpe. Se despois de 4 golpes ninguén chegase á liña de varal darase por perdida a carreira para os tres xogadores ou xogadoras.

CLASIFICACIÓN CATEGORÍA INDIVIDUAL ABSOLUTA.
Sumaranse os puntos que obteña cada participante en cada xornada.
En cada xornada os puntos que obteña cada xogador ou xogadora será a suma dos puntos obtidos na fase de grupos. Quen pase á fase de eliminatorias ademáis sumaránselles os seguintes puntos:
Por pasar á fase de eliminatorias: +1 punto.
Por cada eliminatoria gañada: +1 punto.
Gañador do aberto: +2 puntos.
2º clasificado do aberto: +1 punto. 

CLASIFICACIÓN CATEGORÍA EQUIPOS.
Sumaranse as 4 mellores puntuacións individuais do equipo en cada xornada.

CLASIFICACIÓN CATEGORÍA VARADOS.
Sumaranse os varados que obteña cada xogador ou xogadora en cada xornada.

CRITERIOS DE DESEMPATE NAS CLASIFICACIÓNS XERAIS.
Nas clasificacións xerais os desempates faranse na última xornada. Os xogadores e xogadoras que non asistan á última xornada perden o seu dereito a desempatar e quedarían na clasificación situadas por detrás do xogador ou xogadora que sí asistiu a esa última xornada.
- Clasificación individual absoluta: os desempates serán polo sistema de competición da fase de grupos pero disputándose tantas carreiras coma xogadores ou xogadoras teñan que desempatar e alternándose para comezar cada carreira. No caso de producirse aínda algún empate disputarase unha careira e de continuar o mesmo desempatarase a billarda longa comezando polo último xogador ou xogadora do grupo.
- Clasificación equipos: os desempates serán polo sistema de competición da fase de grupos polo que cada equipo escollerá 4 xogadores ou xogadoras que disputarán 4 carreiras pero alternándose para comezar cada carreira. Sumaranse os puntos para o equipo acadados por cada xogador ou xogadora en cada carreira. No caso de continuar aínda o empate desfarase o mesmo a billarda longa comezando polo último xogador ou xogadora do grupo.
- Clasificación varados: o desempate farase con 5 golpes desde a zona de saque. De facer varado máis de un xogador ou xogadora e continuar o empate atenderase á proximidade doutra billarda á liña de varal noutros golpes. Se ninguén fixese varado será por proximidade da billarda á liña do varal nalgún dos 5 golpes.
- Durante a tempada de liga: para a elaboración das clasificacións provisionais en cada xornada empregarase o criterio de quen obtivese maior número de puntos nunha xornada e quen fixese un maior número de varados nunha xornada.

Sem comentários: