terça-feira, 25 de outubro de 2011

Resultados da 2º Xornada

Éxito do I Aberto da Castaña de Celas de Peiro, con 30 palanadores. Vitoria aplastante dos Bateas con 26 puntos, boa parte deles aportados por Lois (gañador en individual e varados) e Balea, o seu contrincante na final, que foron coroados con candanseu colar de zonchos tras eliminaren en semifinais a Alberto (Maghúa) e David Fontán (Filloas de Sangue), respectivamente. Os Filloas de Sangue manteñen o liderado con 40 puntos, seguidos de Xarutos con 36 e Cochikeiros con 33. A clasificación individual aprétase: Serxio (Xarutos) é o novo líder con 13 puntos, seguido de Roi e David Fontán (Filloas de Sangue), con 12.



Individual

Lois (Bateas) 10
Balea (Bateas) 8
David (Filloas) 7
Alberto (Maghua) 7
Serxio (Xarutos) 5
Berdillo (Cochikeiros) 5
Xose (Filloas) 5
Maceira (Xarutos) 5
Elena (Bateas) 4
Antón (Cochikeiros) 4
Toño (-) 4
Christian (Xarutos) 4
Kiko (Maghua) 4
Cristian (Bateas) 4
Luis (Bateas) 4
Viqueira (Cochikeiros) 4
Lois Fontán (Filloas) 2
Roi (Filloas) 2
Isma (Cochikeiros) 2
Diego (Cochikeiros "B") 2
Adrián (Cochikeiros) 2
Ana (Madia Leva) 2
Luis Caminha (-) 2
Alberte (Cochikeiros) 1
Mabel (Maghua) 1
Leti (Xarutos) 1
Patri (Xarutos) 1
María (Xarutos) 1
Verónica (Cochikeiros "B") 1
Zaida (Cochikeiros) 1


Feminina

Elena (Bateas) - 4
Ana (Madia Leva) - 2
Mabel (Maghua) 1
Leti (Xarutos) 1
Patri (Xarutos) 1
María (Xarutos) 1
Verónica (Cochikeiros "B") 1
Zaida (Cochikeiros) 1

Varados

Lois (Bateas) - 3
David (Filloas) - 2
Isma (Cochikeiros) - 2
Serxio (Xarutos) - 2
Berdillo (Cochikeiros) - 2
Balea (Bateas) - 1
Xose (Filloas) - 1
Kiko (Maghua) - 1
Diego (Cochikeiros "B") - 1
Cristian (Bateas) 1

Equipos

Bateas - 26
Filloas de Sangue - 16
Cochikeiros - 15
Xarutos - 15
Maghua - 12
Cochikeiros "B" - 3
Madia Leva - 2



Xeral


Individual

Serxio (Xarutos) - 13
David (Filloas) - 12
Roi (Filloas) - 12
Lois (Bateas) - 10
Lois (Filloas) - 9
Adrián (Cochikeiros) - 9
Christian (Xarutos) - 9
Viqueira (Cochikeiros) - 9
Berdillo (Cochikieros) - 8
Balea (Bateas) - 8
Alberto (Maghua) - 7
Antón (Cochikeiros) - 7
Maceira (Xarutos) - 7
Juan (Xarutos) - 5
Xose (Filloas) - 5
Elena (Bateas) 4
Leti (Xarutos) 4
Toño (-) 4
Kiko (Maghua) 4
Cristian (Bateas) 4
Luis (Bateas) 4
Diego (Cochikeiros "B") 3
Carlinhos (Cochikeiros) 2
Isma (Cochikeiros) 2
Alberto (Filloas) 2
María (Xarutos) 2
Patri (Xarutos) 2
Verónica (Cochikeiros "B") 2
Adrián (Cochikeiros) 2
Ana (Madia Leva) 2
Luis Caminha (-) 2
Alberte (Cochikeiros) 1
Mabel (Maghua) 1
Zaida (Cochikeiros) 1


Feminina

Leti (Xarutos) - 4
Elena (Bateas) -
María (Xarutos) 2
Patri (Xarutos) 2
Verónica (Cochikeiros "B") 2
Ana (Madia Leva) 2
Mabel (Maghua) 1
Zaida (Cochikeiros) 1


Varados

Lois (Bateas) - 3
David (Filloas) - 2
Isma (Cochikeiros) - 2
Serxio (Xarutos) - 2
Berdillo (Cochikeiros) - 2
Balea (Bateas) - 1
Xose (Filloas) - 1
Kiko (Maghua) - 1
Diego (Cochikeiros "B") - 1
Cristian (Bateas) 1


Equipos

Filloas de Sangue - 40
Xarutos - 36
Cochikeiros - 33
Bateas - 26
Maghua - 12
Cochikeiros "B" - 5
Madia Leva - 2

quinta-feira, 20 de outubro de 2011

2º Xornada!!

O Domingo 23 de Outubro às 16:30, xunto à Torre de Celas, segunda xornada Billardeira da Conferencia Noroeste!!

Nestes momentos nos que toda Galiza esta pendente do facebook do Varal para poder buscar o seu nome na convocatoria do seleccionador galego Flores, os palanadores do NorOeste que non poidan estar o Domingo na Copa Cantábrica, esperan con ansias a 2º xornada da Conferencia para intentar gañar o I Aberto da Castaña, no que o gañador, como non podía ser doutra forma levará un colar de Castañas.
Nesta segunda xornada, viaxamos por segunda vez na historia da conferencia a Celas de Peiro! Nesta nova viaxe a Celas esperamos canto menos repetir aquela exitosa xornada, na que participaran ata 43 palanadores!

Dende a nosa Conferencia queremos desexarlle moita sorte a Auténtica no enfrontamento con Asturies e recordarvos que esperámosvos a todos os palanadores que desexedes acudir en Celas!


Celas de Peiro, Concello de Culleredo
AC 400, entre o quilometro 5 e o 6

Ver mapa!

terça-feira, 11 de outubro de 2011

Crónica do I Aberto do Castrillón!!

Emocionante primeira xornada no Castrillón para inaugurar a nova tempada da nosa Conferencia. Non se acusou a inactividade, e todos os palanadores demostraron as súas habilidades para conseguir comezar a tempada con bo pe.
O sistema de competición é moi semellante ao do ano pasado, cun unico cambio, que é o de que os xogadores que queden fora na primeira rolda seguen a xogar en dous grupos para pelexar por 3, 2 e 1 puntos.
Os 18 palanadores participantes neste aberto foron encadrados en 4 grupos, nun sorteo "dirixido" para evitar que 3 palanadores do mesmo equipo puideran coincidir no mesmo grupo.


Foto de grupo no Castrillón (faltan Christian-Xarutos e Diego-Cochikeiros B)

No 1º grupo, os clasificados foron Lois e Viqueira empatados a puntos, pero o desempate fixo que Lois pasara como primeiro de grupo. Neste grupo destaca o 3º posto de Leti, a veterana palanadora dos Xarutos, que quedou moi preto de clasificarse para as semifinais a pesar de ter mancado o brazo esquerdo!
No 2º grupo, Roi conseguiu o pleno gañando as 3 carreiras, Christian foi quen de empatarlle na primeira carreira, e quedar de segundo de grupo, deixando fora por moi pouco a Antón.
No 3º grupo, David e Juan clasificaronse, tamén cun empate, polo que o desempate coa billarda máis longa deulle a primeira praza a Juan. Neste terceiro grupo, cun gran nivel quedou fora outro palandor veteran, tamén dos Xarutos, neste caso foi Maceira, e destacar tamén a gran actuación de Berdillo, que a pesar da súa mala primeira carreira ao final estivo a piques de deixar fora a David e a Juan nunha emocionantisima 3º carerira.
No 4º grupo, Serxio conseguiu tamén un pleno, gañando as 3 carreiras desputadas, e Adrian conseguiu un meritorio segundo posto. Neste grupo Alberto e María, na súa primeira participación na LNB deron a cara, e estiveron loitando ata o final por un posto na seguinte rolda.

Despois desta primeira fase os palanadores clasificados para os cuartos de final tiveron uns momentos de descanso, que algúns aproveitaron para concentrarse, outros para seguir as evolucións dos palanadores eliminados, outros para tomar uns refrescos e algúns tamén decidiron apoiar a morte aos palanadores do seu equipo, xa que todos poden chegar a ser puntos importantes nunha conferencia que se espera moi igualada.
Nestes grupos, os palanadores que conseguiron os 3 puntos foron Leti (Xarutos), Antón (Os Cochikeiros) e Berdillo (Os Cochikeiros), este último vencendo no seu grupo con grande autoridade e deixando claro que vai dar moito que falar ao longo do ano.

Tras estes intres de descanso chegaron as eliminatorias, comezando polos cuartos de final . Neste primeiro aberto do ano decidiuse que se ían desputar ao mellor de dúas carreiras.
A primeira eliminatoria enfrentou a Lois (Filloas de Sangue) e a Christian (Xarutos). A primeira carrera foi para o xoven palanador dos Xarutos, pero na segunda Lois conseguiu empatar a eliminatoria, que teria que decidirse nunha última carreira. Christian foi presa dos nervios e o veterano palanador dos Filloas de Sangue conseguiu a clasificación para as semifinais.
Na segunda eliminatoria, Roi (Filloas de Sangue) conseguiu resolver pola via rápida a súa eliminatoria con Viqueira (Os Cochikeiros), que estaba a realizar un moi bo aberto, gañando as dúas carreiras.
A terceira eliminatoria enfrentaba a Juan (Xarutos) e a Adrian (Os Cochikeiros). A primeira carreira rematou en empate, polo que todo dependia da segunda carreira, na que Adrián conseguiu a vitoria e o pase para as semifinais.
Na cuarta eliminatoria, a eliminatoria estrela destes cuartos de final, enfrontábanse David (Filloas de Sangue) e Serxio (xarutos). Na primeira carreira, dous dos palanadores máis veteranos da nosa conferencia non podían coa presión, e despois de errar golpes que eles non adoitan perdoar acabaron cun empate, polo que todo se decidiría na segunda carreira. Aquí, os dous palanadores demostraron todo o seu potencial cun sendos bos primeiros golpes, quedando Serxio máis próximo ao varal. No segundo turno, Serxio non acertou a golpexar a billarda, mentres que David fixo un bo lanzamento que marchou fóra por poucos centímetros. No seguinte golpe Serxio non perdoou, mentres que David realizou outro golpe que saíu por fóra aínda a menos distancia do varal, e que polo tanto non lle serviu para acadar un novo empate e forzar a terceira carreira.

E chegaron as semifinais, que enfrentaron por unha parte a Serxio e a Lois e pola outra a Roi e a Adrian.
Comezaron Serxio e Lois, cunha grande primeira carreira, na que remataron empatando, o que fixo que outra vez ambos palanadores tiveran que xogarse todo na segunda. Serxio conseguiu controlar mellor os nervios e impoñerse a Lois, conseguindo así o pase para a final tras deixar un rego de sangue de filloas no seu camiño.
Na outra semifinal, Roi foi capaz de gañar as dúas carreiras contra un grande Adrián, que na súa primeira participación nun aberto da LNB conseguiu meterse nas semifinais, e que se consegue ir controlando a súa forza, é moi probable que consiga acabar a tempada nos postos altos da clasificación.
E así chegouse á gran final do aberto, entre dous vellos coñecidos, Roi e Serxio. Eran moitas as carreiras deputadas entre estes dous palanadores, a última delas nos oitavos de final dos Play-offs de Conxo, polo que de seguro que Roi estaría desexando devolverlle a xogada a Serxio e derrotalo nesta final, vingando tamén aos seus compañeiros David e Lois que foran eliminados in extremis en 1/4 e 1/2 do aberto e a Alberto, eliminado no grupo tamén por Serxio. Por outra banda, Serxio quería conseguir eliminar aos catro filloas participantes no aberto, facéndose así tamén cunha segunda vitoria consecutiva contra Roi e gañando o primeiro aberto da tempada, marcando territorio e poñendo por diante na xeral ao seu equipo, os Xarutos. Os espectadores alí presentes esperaban unha grande final.


Os finalistas.

A final debería disputarse tamén a dúas carreiras, e en caso de empate chegouse ao acordo de que poderían disputarse 5 carreiras, se despois de cinco carreiras proseguía o empate, o desempate sería a billarda longa.
E a final non defraudou, polo menos en emoción.
A primeira carreira foi para Serxio, unha bonita carreira na que, despois dun mal inicio dos dous palanadores, chegaron dous bos golpes de Serxio que o lle daban o primeiro punto da final tras erros de Roi.
Na segunda carreira Roi fixo un gran inicio, sendo Serxio o que erraba agora. Roi tíñao facil, pero no seu segundo golpe só conseguiu quedar á beira do Varal, mentres que Serxio fixo un gran golpe que o deixou a uns dez metros. Así, o palanador dos Xarutos tiña a vitoria na súa man. Roi definiu o seu golpe con claridade, era o turno de Serxio, que tiña no seu palan a vitoria do aberto e o liderato para os Xarutos na clasificación por equipos. Cun grande silencio na pista motivado pola emoción, o seu lanzamento saíu fora por escasos centimetros, o que significou o punto para Roi e o empate tras dúas carreiras.
A terceira e a cuarta carreira foron moi semellantes, coa única diferenza de que na terceira Serxio chegou en dous golpes e só lle deu a Roi a opción de empatar; mentres que na cuarta, Roi errou o primeiro golpe, e Serxio non foi quen de conseguir sentenciar a final no seu segundo lanzamento, no que a billarda lle volveu pasar a menos dun metro do varal.
Asi chegábamos a quinta carreira, a derradeira carreira do aberto, se volvía haber un empate todo se decidiría co método da billarda máis longa.
Comezaba Serxio errando, mentres que Roi se colocaba xa a escasos metros do varal. O segundo golpe de Serxio foi excelente, de máis de media pista, pero Roi tiña todo na súa man para poñer o remate a esta longa final. O palanador dos Filloas de Sangue non perdoaba, facéndose así coa vitoria neste primeiro aberto da V Edición da Conferencia NorOeste, e dándolle tamén a diferenza necesaria ao seu equipo para colocarse na 1ª posición da clasificación.

Sen máis, recordamos que a seguinte xornada xa está confirmada, será o esperado I Aberto da Castaña, o día 23 de Outubro a primeira hora da tarde en Celas de Peiro.
Alí vos esperamos, palanadores!!! Saúde e billarda!

domingo, 9 de outubro de 2011

1º xornada!!

Despois do I Aberto do Castrillón, as clasificacións quedan da seguinte maneira.
Ao ser a primeira xornada as clasificacións son tanto desta xornada como a xeral.

Individual

Roi (Filloas de Sangue) 10
Serxio (Xarutos) 8

Adrian (Os Cochikeiros) 7
Lois (Filloas de Sangue) 7

Cristian (Xarutos) 5
Viqueira (Os Cochikeiros) 5
Juan (Xarutos) 5
David (Filloas de Sangue) 5

Leti (Xarutos) 3
Antón (Os Cochikeiros) 3
Berdillo (Os Cochikeiros) 3
Carlinhos (Os Cochikeiros) 2
Maceira (Xarutos) 2
Alberto (Filloas de Sangue) 2
Patri (Xarutos) 1
Maria (Xarutos) 1
Veronica (Os Cochikeiros "B") 1
Diego (Os Cochikeiros "B") 1



Equipos

Filloas de Sangue 24
Xarutos 21
Os Cochikeiros 18
Os Cochikeiros "B" 2



Feminino

Leti (Xarutos) 3
Patri (Xarutos) 1
Maria (xarutos) 1
Veronica (Os Cochikeiros "B") 1



Varados

Non houbo ningun varado na longa pista do Castrillón.

quinta-feira, 6 de outubro de 2011

Comezamos!!

Por fin arrinca a V edición da Conferencia NorOeste da LNB!!
A xornada inaugural será o Domingo día 9 de Outubro ás 16:00 nun lugar ata o de agora descoñecido pola serpe multicolor da LNB, o Castrillón!! exactamente quedaremos no bar "O Xeitoso", arriba da praza de Pablo Iglesias!

Sobre o calendario que puxemos onte aquí no blog, faltounos por aclarar que esas son as datas que manexamos para as nosas xornadas, pero o máis probable é que desas 12 datas, soamente fagamos 10 xornadas de Liga, e as outras dúas sexan para abertos ou finalmente descártense.

O sistema de competición vai ser o mesmo que o ano pasado, un aberto no que primeiro faremos unha rolda de grupos, na que pasaran os mellores, para facer eliminatorias, no caso de ser poucas persoas, pasarán todos os palanadores, pero sempre haberá unha rolda de grupos, para ver as seguintes eliminatorias.

Outro punto que queremos deixar claro dende o principio, é que en caso de empate na xeral, o desempate será igual que en anos anteriores, desempatarase na última xornada, os palanadores que non asistan á última xornada perden o seu dereito a desempatar, e quedarían na xeral situados por detrás do palanador que asistiu a esa última xornada.

Un tema importante que cambia respecto ao ano pasado é que a pesar de que TODAS as nosas xornadas son abertas para todo o mundo, os palanadores que queiran aspirar a representar ao NorOeste nos play-offs de Conxo, teñen que avisalo dende a súa primeira participación na nosa Conferencia. Evidentemente os palanadores que non participen en ningunha outra Conferencia xa sabemos que soamente aspiran a representar ao NorOeste.

Esperámosvos a todos no Castrillón!
Adiante co Varal! e como sempre..
Avante o NorOeste!

quarta-feira, 5 de outubro de 2011

Calendario!

Despois do dobre Aberto de pretempada do Parque de Santa Margarida no que gañaron Roi, de filloas, o primeiro e Lois, de Bateas, o segundo, por fin vai dar comezo a Liga!

A V edición da Conferencia NorOeste comeza este Domingo a primeira hora da tarde, o lugar e a hora aínda están por confirmar, mañán ou esta mesma noite confirmaremos cal será o lugar elixido, iso si, o único que podemos confirmar polo momento é que será nunha pista na que aínda non xogamos nunca.

De momento deixamosvos o calendario, que consta de 12 xornadas, e coa confirmación do lugar e da hora da primeira xornada comentaremos tamén varios puntos que se trataron na reunión previa ao Aberto de pretempada.

Calendario Conferencia NorOeste:

1º Xornada -- 9 Outubro
2º Xornada -- 23 Outubro
3º Xornada -- 6 Novembro
4º Xornada -- 20 Novembro
5º Xornada -- 4 Decembro
6º Xornada -- 15 Xaneiro
7º Xornada -- 5 Febreiro
8º Xornada -- 26 Febreiro
9º Xornada -- 11 Marzo
10º Xornada -- 1 Abril
11º Xornada -- 29 Abril
12º Xornada -- 13 Maio