quinta-feira, 6 de outubro de 2011

Comezamos!!

Por fin arrinca a V edición da Conferencia NorOeste da LNB!!
A xornada inaugural será o Domingo día 9 de Outubro ás 16:00 nun lugar ata o de agora descoñecido pola serpe multicolor da LNB, o Castrillón!! exactamente quedaremos no bar "O Xeitoso", arriba da praza de Pablo Iglesias!

Sobre o calendario que puxemos onte aquí no blog, faltounos por aclarar que esas son as datas que manexamos para as nosas xornadas, pero o máis probable é que desas 12 datas, soamente fagamos 10 xornadas de Liga, e as outras dúas sexan para abertos ou finalmente descártense.

O sistema de competición vai ser o mesmo que o ano pasado, un aberto no que primeiro faremos unha rolda de grupos, na que pasaran os mellores, para facer eliminatorias, no caso de ser poucas persoas, pasarán todos os palanadores, pero sempre haberá unha rolda de grupos, para ver as seguintes eliminatorias.

Outro punto que queremos deixar claro dende o principio, é que en caso de empate na xeral, o desempate será igual que en anos anteriores, desempatarase na última xornada, os palanadores que non asistan á última xornada perden o seu dereito a desempatar, e quedarían na xeral situados por detrás do palanador que asistiu a esa última xornada.

Un tema importante que cambia respecto ao ano pasado é que a pesar de que TODAS as nosas xornadas son abertas para todo o mundo, os palanadores que queiran aspirar a representar ao NorOeste nos play-offs de Conxo, teñen que avisalo dende a súa primeira participación na nosa Conferencia. Evidentemente os palanadores que non participen en ningunha outra Conferencia xa sabemos que soamente aspiran a representar ao NorOeste.

Esperámosvos a todos no Castrillón!
Adiante co Varal! e como sempre..
Avante o NorOeste!

Sem comentários: