sexta-feira, 24 de outubro de 2014

1ª XORNADA


Aproveitando o bo tempo que parece imos ter nesta fin de semana o Complexo Deportivo de Acea da Ma (Culleredo) acollerá este domingo 26 de outubro a partires das 11 da mañá a 1ª xornada da tempada.  Escollede ben as billardas pois o terreo é de terra dura con mistura de herba e area grosa.

Vémonos alí!

Avante NorOeste!

Complexo Deportivo de Acea da Ma
Avda. de Rutis - Culleredo
Coordenadas: 43.315358,-8.378648
https://maps.google.es/maps?q=43.315358,-8.378648&num=1&t=h&z=18&iwloc=near
A pista está fronte ao Complexo Acuático, ao final do aparcadoiro.
Contacto: 687607477 Berdillo

domingo, 19 de outubro de 2014

COMEZA A TEMPADA 2014-2015


 
Comeza xa a 8ª tempada da Liga Nacional de Billarda na Conferencia Noroeste. Realizaranse 12 xornadas que se disputarán en domingo, ás 11 da mañá, e coas que tamén tentaremos ir espallando a afección cara terras de Bergantiños e da Costa da Morte e así ir organizando xornadas en novos lugares. Ide preparando os paláns e aguzando as billardas que quedan poucos días.

O calendario da competición será o seguinte:
1ª xornada 26/10/2014 - Culleredo. Complexo Deportivo de Acea da Ma.
2ª xornada   9/11/2014 - A Laracha. Pista polideportiva de Vista Alegre.
3ª xornada 23/11/2014 - Cerceda. Pavillón do Piñeiro.
4ª xornada 30/11/2014 -
5ª xornada 14/12/2014 -
6ª xornada 21/12/2014 -
7ª xornada 11/01/2015 - V Aberto da Asociación Cultural Lucerna.
8ª xornada 25/01/2015 -
9ª xornada 01/02/2015 - II Aberto Homenaxe a Moncho Valcarce.
10ª xornada 01/03/2015 -
11ªxornada 22/03/2015 -
12ª xornada 12/04/2015 -


Tentaremos que non haxa cambios de datas nin de lugar de última hora. De producírense avisariamos coa maior antelación posíbel a través do facebook.com/billarda.lnbnoroeste.

O sistema de competición será o mesmo que o do ano pasado aínda que nos vindeiros días daremos conta do mesmo así como do regulamento.


Queremos animarvos a todos e todas a que participedes aínda que non formedes parte de ningún equipo ou non teñades palán e billarda pois todas as xornadas son abertas a quen queira pasalo ben polo que tan só ten que achegarse ao campo de xogo.

Agradecementos a todos os palanadores e a todas as palanadoras que manteñen viva a nosa Conferencia. 
Billarda sempre! Avante o NorOeste!