quarta-feira, 9 de maio de 2012

Rumores

Pola Coruña nestes días todo o mundo está pendente da última xornada do Domingo... da LNB por suposto!

Escóitanse moitos rumores sobre a sede da última xornada, hai moito en xogo e a xente sábeo. Os palanadores esperan con ilusión e con responsabilidade esta última xornada, na que están case que todos os títulos da Conferencia en xogo.

Temos a un enviado especial intentando averiguar todos os pasos que dan os responsables da competición, e podemos adiantar que elixiron que a xornada decisiva sexa nun fermoso lugar da Coruña, pero aínda falta a confirmación do concello. Xa teñen incluso un cartaz preparado, que poderia ser filtrado á prensa en calqueira momento.

Por último recordamos as posibilidades dos palanadores na última xornada.

No individual o teñen moi preto dous palanadores míticos do NorOeste, coma son Roi, que xa ten algún título individual, de varados e por equipos e Serxio, que se merece un gran título que leva rozando varios anos pero que por un motivo ou outro sempre se lle escapa no último momento. Pero tampouco pode descartarse a outros dous grandes palanadores, que non son nativos do NorOeste, coma son Lois (campión matemático da Conferencia Sur desta tempada) e Balea, un palanador que está a facer unha grandisima tempada en varias conferencias.

Na clasificación por equipos os campións nacionais, os Bateas teñen moi moi preto o título, pero os Filloas de Sangue non se renden, e queren recuperar a hexemonía do NorOeste, que pode escapárselles por segundo ano consecutivo. Debaixo deles vai a haber unha loita moi moi intensa entre os Xarutos e os Cochikeiros, xa que se xogan clasificarse para Conxo, haberá moito sufrimento, pero para o que gañe pagará a pena.

Na clasificación por varados Xan ten case asegurado o título, ao igual que Geni na feminina, pero pode haber loita entre varios palanadores ou palanadoras por clasificarse para Conxo, xa que todos sabemos que poder participar nas finais de Conxo é un motivo de honra para todos os que un día comezan a xogar na LNB.

Recordade. O Domingo tedes un compromiso ca Conferencia NorOeste, axúdade a facer da despedida da tempada 2011/2012 unha bonita festa. Esperámosvos o Domingo ás 16:00 na Coruña.

Sem comentários: