quarta-feira, 28 de novembro de 2007

EXTRA EXTRA!!!


O VARAL nominado aos Premios do Deporte Galego na categoría de Mellor iniciativa no deporte tradicional!!


Como os recén chegados á tribu billardeira non podemos máis que felicitar a todos os que durante anos traballaron arreo para que o que xa se supuña perdido na memoria rexurda como proposta do século XXI para quedarse, e que agora o poidamos desfrutar no leste, no oeste e alén de calquera fronteira.

Este venres, unha ampla representación da asociación O Varal, entre os que se encontran representantes desta conferencia, da conferencia NorLeste, directivos da SuperLiga Galega e da Plataforma de Xestión da Auténtica, acudirán ao teatro Rosalía á Gala do Deporte Galego onde se entregarán os premios.

Como anfitrións do NorOeste, quremos convidar a toda a tribu billardeira á posterior celebración tas a entrega de premios, nas rúas coruñesas. Os interesados dirixídevos ao noso habitual e-mail:
lnbnoroeste@gmail.com


Parabéns para todos e hoxe máis que nunca, outro deporte é posíbel!

2 comentários:

Turzi disse...

outra vez, coma sempre, estades na vangarda.
con Manoel Antonio, SEMPRE MÁIS ALÁ! POR UNHA REPÚBLICA GALEGA (E BILLARDEIRA)!

Unknown disse...

Espero o teñades pasado ben e sinto non poder ter asistido a festa posterior. Pero xa haberá máis...