Os Xarutos non tiveron rival nesta segunda xornada da liga. Este equipo, que o ano pasado non conseguiu acadar o título do NorOeste, non pensa volver deixar escapar a victoria. Destacan as incorporacións que se produciron no seo da franquicia, que fai que se confirmen como os máis fortes no comezo da liga.
Máis desputada está a segunda posición por equipos, xa que Taravelas, Atreu e Filloas de Sangue se atopan nunha mínima distancia de dous puntos entre elas. Por detrás non se descolgan os Furabolos e os Fenians Galegos, mentres que os debutantes Curriolos foron outra das sensacións nesta segunda xornada, sendo a segunda mellor franquicia con 15 puntos.
Na clasificación individual sitúase líder con 11 puntos Sergio, dos Xarutos, mentres que os seus compañeiros de equipo Kiko e Maceira, e Jano, de Atreu, están a un só punto de distancia. A emoción está servida para os próximos encontros, onde se verá se hai sorpresas na cabeza da clasificación.
Tamén hai que destacar a inauguración da clasificación de varados. A pista de Celas foi propicia para os especialistas nesta modalidade, quedando David Lamas, Villarino, Iván e Xan cun varado cada un.
Así discorreu esta primeira incursión dos palanadores en terras de Celas. Permanecede atentos a este blog, onde se comunicará o lugar e a data do próximo encontro.
Afiade as billardas, camaradas, vémonos na próxima!
Sem comentários:
Enviar um comentário