segunda-feira, 3 de setembro de 2007

Inauguración

Saúdos! Hoxe inauguramos este blogue, que tratará de achegarvos a todos as noticias máis frescas da Liga Nacional de Billarda do NorOeste, que se estreará este ano na pista da Zapateira, nos arredores da cidade coruñesa (xa avisaremos da data do comezo da liga, aínda que adiantamos que será a mediados de outubro). Nesta pista, situada no Campus Universitario da Coruña, xa se disputaron os dous primeiros All-Stars da Billarda, ambos con moito éxito.
E a finalidade principal deste post de presentación é comunicarvos que todos vós podedes participar nesta liga, sen importar idade, raza, sexo, relixión, sistema operativo, compañía telefónica, marca de calzóns ou calquera outro aspecto que poida levar a discusión ;). Se queredes apuntarvos ou pedir información só tedes que mandarnos un e-mail ao noso correo (lnbnoroeste@gmail.com) indicando nome, e-mail e teléfono... Tampouco se precisa experiencia nen material, só ganas de pasalo ben practicando un deporte que foi creado polos compañeiros de O Varal da Confererencia Leste a partir do coñecido xogo tradicional.
Esperámosvos a todos na Conferencia NorOeste! Outro deporte é posíbel!!!


5 comentários:

outro deporte é posíbel!! disse...

A LNB-leste sauda totalmente emocionada ós irmans do noroeste, arrinca unha tempada histórica que desembocará no primeiro playoff billardeiro que vai rachar moldes!!

saude , terra e billarda para tod@s os irmáns da conferencia Noroeste!!

besbe disse...

Contade conmigo :) (e que trema a Conferencia Leste)

Gaceta disse...

Fermosa iniciativa.
Moita sorte, e saúde!

Toño Randeeira disse...

Moita sorte ... e agardando os playoff

tangaranho disse...

Pois venha, difundirei a notícia como poida...saúde e sorte!!!