Con bastante retraso por temas de vacacións dos responsábeis da conferencia chega agora a crónica do 2º torneo. Fóronse consolidando postos na clasificación xeral, aínda que queda moita liga e todo está por decidir nesta emocionante LNB-NorOeste!
Os palanadores foron chegando pouco a pouco á pista de billarda da Zapateira, ca baixa de última hora de Mónica, que foi substituída por Alex Fente. A ela esperámola con ansia no próximo torneo! Aínda así o número de mulleres que participan nesta liga vai aumentando, como se demostra neste vídeo da nosa reporteira Besbe xunto con Leticia, Gertrudis e Bego. Poder feminino!!!
Cando foron realizados os emparellamentos comezaron as carreiras, con algunhas incorporacións ás plantillas das nosas franquicias. O palanador debutante Luis, dos Xarutos, obtivo 5 dos 6 puntos posíbeis, convertíndose na revelación desta xornada. Tamén hai que destacar os varados de Sak e Suso, ambos dos electrónicos, que se incorporan a esta clasificación na que xa estaban Jairo, Ghanito e Ilde. Ademais, os Xarutos substituíron aos Electrónicos na 1ª posición da xeral, mentres que as Filloas de Sangue se achegan ás dúas primeiras franquicias.
Outro detalle importante nesta xornada foron as innovacións no material co que se realizan as nosas billardas e os nosos paláns. Para mostrarvos isto Besbe entrevistou a Luís dos Xarutos e a Luís das Filloas de Sangue, que explicaron as novas madeiras que invaden as nosas pistas.
Feliz ano 2008 a toda a tribo billardeira!
Sem comentários:
Enviar um comentário