sábado, 15 de março de 2008

Xornada 5



Despois dun espectacular All-Star do que deu boa conta O Varal, Vieiros e moitos blogueiros (algúns deles nas filas do noroeste) (sentimos non poder darvos información de primeira man) chega unha nova xornada que se presenta moi interesante, en primeiro lugar pola apretada clasificación e en segundo lugar porque tras o mediático golpe do All Star é máis que probable a formación de novas franquicias. Como xa ven sendo costume, Vieiros, o grande medio de comunicación na rede ven informando puntualmente de todo o que acontece na LNB ademáis de sumarse activamente como patrocinador deste deporte.

Para todos os que queirades asistir á cita (coma expectadores ou coma palanadores) estes son os datos:

Día: Domingo 16 de Marzo
Hora: 17:00
Lugar: Pista e Billarda da Zapateira

Quedades convidados!!

Sem comentários: