Este domingo despútase a 7ª xornada na Conferencia NorOeste, a penúltima do calendario deste ano; que terá o seu cumio o domingo 25 no grande play off en Compostela. Despois de ir abrindo camiño e ir sumando xogadores e franquicias nesta exitosa tempada, atopámonos nun momento no que a normalidade competitiva é total, un mérito de toda a familia do NorOeste que se implicou de xeito absoluto na competición. Mais este domingo subiremos un chanzo máis na ampliación dos dominios da Liga Nacional de Billarda xa que por primeira vez na tempada competiremos fora da cidade da Coruña.
A cita será en Ledoira un lugar do interior do noroeste galego, perto das vilas de Ordes e Cuntis; que xa está agardando con total expectación a serpre multicolor da LNB, gracias ao espectacular traballo de Sergio e de todos os Xarutos, que ademáis de grandes palanadores demostran a súa total implicación na LNB.
Ademáis desta magnífica nova, en Ledoira contaremos cunha nova franquicia ainda sen bautizar que se une á tribu billardeira. Se ti tamén queres unirte coma xogador federado, xogador por un día ou siareiro, a cita é en Ledoira ás 18:00. E se ainda non coñeces Ledoira, a expedición do NorOeste partirá ás 17:00 dende o centro de Ordes (Nugallás) ata Ledoira.
Únete ao espírito imparable da Liga Nacional de Billarda!!
Sem comentários:
Enviar um comentário