domingo, 11 de maio de 2008

Final liga regular no NorOeste

O domingo 11 de maio de 2008 xogouse a oitava xornada da conferencia NorOeste na xa mítica pista de billarda da Zapateira. A esta xornada chegaban todos os palanadores conscientes das súas posibilidades reflectidas nas táboas finais pero un dos títulos máis desputados e cobizados era o de campión por equipos. Nunha histórica cita en Ledoira, electrónicos e filloas de sangue recurtaron distancias aos potentísimos xarutos; ficando a última xornada como decisiva.

E así comezaron as cousas cunha tensión que xa reflectían as crónicas lanzadas a o varal morse, que tentaban transmitir toda a tensión competitiva que se estaba a vivir na pista, na que os xogadores renunciaron ao típico quentamente previo ao partido 25 minutos antes deste, buscando concentración e soidade. Toda esta presión viviuse sobre o terreo de xogo, no que os xogadores das franquicias involucradas tiñan serios problemas para chegar aos seus habituais porcentaxes de acerto. Ainda así despois da primeira carreira de todos os xogadores comezouse a ver coma despuntaban os filloas de sangue, mentres xarutos e electrónicos se puñan nerviosos.



O partido avanzaba e os cálculos sobre as posibilidades de alcanzar aos xa en cabeza Filloas reducíanse ata chegar á última carreira na que Sak e Alberto se xogaban a victoria dos Filloas ou o empate e posterior prórroga; a tensión era máxima e nunha carreira en 5 interminables golpes Sak gañaba continuando coa emoción até o fin.

O desempate pactado antes do encontro consistía na escolla de 3 xogadores de cada franquicia a desempatar. O acaso quixo que Alberto e Sak voltaran a verse as caras na primeira das tres carreiras, mais o desenlace foi diferente, un empate que deixaba o resultado totalmente aberto. Despois foron Besbe e David, a este último non lle temblou o pulso e conseguiu unha carreira moi rápida que fulminou a Besbe. Por último Juanjo precisaba gañar para empatar e ir ao segundo desempate pactado, a billarda máis larga; mais Roi seguiulle á zaga e nun último punto no que se pararon os reloxos na pista, Roi tiña no seu palán o empate da carreira e por tanto a consecución do título para os filloas. Roi non fallou e a alegría estourou no equipo máis mozo da conferencia, que xuntaban nunha piña celebrándoo como os grandes campións que son. Axiña todos os palanadores os foron felicitar, nomeadamente os xa subcampións electrónicos e os tercieros clasificados xarutos.


Despois das felicitacións a foto de familia e dos equipos desta última xornada (especialmente mermada a tribu billardeira nesta ocasión) que quedarán para a historia.




FELICIDADES CAMPIÓNS!!!




E por último os comentarios dos palanadores no regreso de Televaral, en próximas edicións máis información deste impresionante día.



2 comentários:

Ghanito disse...

Que ben reflectida está a emoción do outro día na crónica!

suso disse...

pena non ter estado oh!!!