domingo, 13 de março de 2011

Cerceda, epicentro mundial da billarda!

Palanadores e panaladoras, billardeiras e billardeiros, o sábado 26 de marzo non fagades plans porque Cerceda se prepara para ser sede dun dos maiores acontecementos da historia da nosa conferencia!
Na rúa do Centro de Saúde, en pleno centro da vila, desputarase unha nova xornada da nosa liga. Mais isto non é todo, xa que queremos celebrar como se merece que un novo concello se une ao tren da LNB. Tras o aberto, programado para as 12 h, celebraremos un xantar de confraternización coa xente da Asociación Cultural Lucerna, que está a organizar o evento, así como con palanadores das outras conferencias que se achegarán a Cerceda en tan sinalada data. O lugar escollido é a de Primo, e o prezo será de 10 €.
Pronto teremos o cartaz no que se recollerán todos os acontecementos do día, mais adiantamos que pola tarde-noite está programada unha festa na Taberna da vila con pinchadas de música galega.
Aínda que esta semana colgaremos mapas e máis información, podedes ir confirmando asistencia ao xantar da I Festa da Billarda de Cerceda enviando un correo a lnbnoroeste@gmail.com ou chamando a un destes teléfonos de contacto: 679908773 ou 658847377

Sem comentários: