sexta-feira, 25 de março de 2011

Chega o día!


Quedan poucas horas para que dea comezo a I Festa da Billarda de Cerceda. No día de mañán, un aberto desputado na rúa Saúl Ordas (a da farmacia) ou no pavillón do Piñeiro se chove, e que será puntuábel para a Conferencia NorOeste, abrirá unha xornada cargada de deporte, música e cultura. A Asociación Cultural Lucerna e a LNB estreitan lazos para que esta data quede marcada coma o ferro quente na memoria de todos os asistentes.
E por se a motivación de figurar como primeiro campión en Cerceda non fose suficiente, os palanadores deixarán a pel por facerse co cotizado premio que mañán se descubrirá.
A serpe multicolor da LNB non pode evitar facer unha parada en Cerceda. E ti?

1 comentário:

Anónimo disse...

Por favor, as clasificacións.
TodoLNB necesita ter información da actualidade da LNB. A actualidade, como ben se ensina na Facultade de XORNALISMO, non dura máis aló de 24 h. no mellor dos casos. Ánimo Roi, que non son tantos números, e ademais agora xa hai máquinas que che poden axudar a facer os cálculos (non¡ os dedos non son máquinas)

Grazas