sábado, 28 de maio de 2011

Directos a Conxo!

Dentro de poucas horas, o campo de terra de Conxo comezará a encherse de afeccionados vidos de todos os puntos de Galiza. Os siareiros chegarán portando bufandas e emblemas das súas equipas ou palanadores favoritos para darlles ese pulo que necesitan para acadar a vitoria.

É a 4ª edición do Play Off Nacional polo título de campión da LNB nas diferentes categorías, e a nosa conferencia é, xunto coa NorLeste, a única que participou todos os anos, obtendo diferentes resultados. No 2010, a temporada pasada, Roi Moris, actual campión de varados, conseguiu chegar ás semifinais; a súa equipa, as Filloas de Sangue, ficou na 4ª posición, só por detrás dos Billardeiros Musicais, Os Outros e os Pincharango. Filloas de Sangue e Xarutos, renovados con diferentes incorporacións, volven ser os representantes desta conferencia na categoría de equipas. Esperamos que os buffalos do NorOeste deixen a area de Conxo con máis éxito que nas anteriores edicións. Confiamos en vós, rapaces!

Os nosos palanadores darano todo por deixar as cores do NorOeste no máis alto. E ti, estarás alí para velo?
Billarda sempre, adiante co varal!

2 comentários:

Anónimo disse...

Parabéns Serxio! Gran papel

Anónimo disse...

Grande o NorOeste este ano!
Dos 12 palanadores que iban representando ao NorOeste pasaron dos grupos 8, e outro estivo loitando por pasar coma mellor 4º, chegaron 3 aos cuartos de final e o campión Ivan, tamén estaba representando ao NorOeste.
Primeiro título en Conxo para a Conferencia NorOeste que ademáis deixou moi boas sensacións con palanadores coma Serxio chegando a 4º de Final. E se non me equivoco tamén un palanador do NorOeste fixo un dos dous varados de 50 metros que houbo en todo o día, pola mañán no torneo de equipas.