quinta-feira, 17 de novembro de 2011

4º Xornada!!

Cuarta xornada, cuarta pista da tempada. A cuarta xornada da tempada da nosa Conferencia, será o Domingo ás 15:45h no frontón de Riazor. Nesta coñecida pista polos palanadores máis experimentados da Conferencia, Serxio (Xarutos) intentará manter o liderato na clasificación xeral ante a presión dos tres palanadores dos Filloas que lle seguen na Clasificación. Precisamente os Filloas son os que teñen no seu poder o liderato por equipos, que intentarán defender tamén nesta cuarta xornada no Frontón.
Espérase unha boa afluencia, posiblemente con bastantes palanadores doutras Conferencias. Xa sabedes que todolos palanadores que desexen participar neste novo aberto será benvido!

Queriamos agradecer a Maghua a súa colaboración para conseguir a pista do Frontón, e aclarar aos palanadores da nosa Conferencia, que aínda que falaramos de xogar pola mañán, foi totalmente imposible conseguir a pista do Frontón antes das 16:00h, xa que parece ser que pola mañán hai un partido de pelota vasca.

Sem comentários: