sexta-feira, 13 de janeiro de 2012

Todos ao parque!

Xa temos confirmado o horario e o lugar da 6º xornada da nosa conferencia, será o próximo Domingo día 15 de Xaneiro ás 16:00 no Parque de Santa Margarida.
Así poderemos seguir dicindo que todas as xornadas desta tempada xogaronse en pistas diferentes, algo diferente na Conferencia NorOeste, que adoitaba ser a Conferencia na que sempre se xogaba na mesma pista.
Chegamos ao ecuador da tempada con todalas clasificacións bastante abertas, especialmente a clasificación individual, na que Serxio e Roi levan toda a tempada loitando polo primeiro posto, e están sempre entre 2 ou 3 puntos de diferencia, deixando ao 3º clasificado, David, xa a 7 puntos do lider ata o momento.

Na clasificación por equipos, os Filloas levan toda a tempada ampliando pouquiño a pouco a súa vantaxe sobre os Xarutos, que a súa vez van vendo pouco a pouco a súa vantaxe sobre os Cochikeiros moi diminuída, é máis, xa hai soamente dous puntos de diferencia entre eles, e máis atrás están os campións galegos, no cuarto posto, vendo de lonxe aos tres equipos que teñen por diante, pero ninguén pode pensar que os Bateas deixen así as cousas, todo dependera de que poidan facer máis aparicións polo NorOeste para intentar repetir o éxito do ano pasado.

Na clasificacións de Varados pode darse unha xornada importante, xa que se na última xornada Daniel fixo 6 varados, a pista do Domingo tampouco e demasiado longa, polo que se algun palanador ten a súa tarde podería apretar a clasificación de novo.

E xa na feminina, Leti aguanta a primeira posición soamente un punto por riba da gran Geni, dos Roteiros, que foi finalista do último aberto.

Vendo a igualdade que hai ata o de agora, pode asegurarse que esta será unha tempada moi interesante, non vos perdades a 6º xornada e acercadevos a ver en directo quen consegue rematar a primeira metade da tempada no primeiro posto, ou nun posto que dea dereito a xogar os play-offs nacionais en Conxo. Esperámosvos a todos os palanadores que así o desexedes.
Recordade, o Domingo ás 16:00 no Parque de Santa Margarida!

Sem comentários: