quinta-feira, 29 de março de 2012

Seguimos xogando!!

A pesares da folga xeral de hoxe, a impaciencia de algúns palanadores é tanta que temos que confirmar que despois de mes e medio sen xogar, xogaremos por segundo fin de semana consecutivo!!
Este Domingo volverá a acompañarnos o bo tempo, polo que mantemos a xornada que estaba marcada para o día 1 de Abril!!
Despois de dúas tentativas este ano, agora si que poderemos xogar na praza da Fábrica de Tabacos, ás 11:45, onde o ano pasado gañou Xosé Rodiño, conseguindo o Grand Slam (vitorias en todas as conferencias).

Lembrade que coas poucas diferencias que hai, esta pode ser unha xornada decisiva, xa que quedan tan só tres xornadas, e un erro sumado a unha boa xornada dos teus rivais a estas alturas pode ser mortal.

Na clasificación individual 3 puntos separan aos tres primeiros palanadores, entre os que vai a estar a desputa da Conferencia, Roi segue lider, con dous puntos de vantaxe sobre Serxio, estes dous palanadores foron os únicos que encabezaron a clasificación xeral ata o de agora, pero Daniel colocouse a un punto de Serxio e a tres de Roi coas súas grandes actuacións, e agora mesmo todos os palanadores o colocan coma o gran favorito da Conferencia, aínda que queda moito que falar.

Na clasificación por equipos os Filloas de Sangue levan dende que comezou a Liga no primeiro posto, e foron ampliando a súa vantaxe ata fai algunhas xornadas, na que parece que están acusando a presión dos Cochikeiros (que chegaron a estar a 28 puntos dos Filloas e agora están a 16), e agora tamen dos Bateas (que chegaron a estar a 43 puntos! e están agora mesmo a 17)

Na clasificación de varados, Daniel que ata esta última xornada estaba comodamente no primeiro posto, viu como Xan Rodiño e Lois colocáronse a falta de tres xornadas, soamente a dous varados de alcanzalo, polo que non pode relaxarse.. A boa nova para él é que o cuarto clasificado quedou xa demasiado lonxe.

Na clasificación feminina, é onde parece que está todo máis claro, con Geni coma lider destacada a 11 puntos de Leti.

Sem comentários: