sexta-feira, 21 de novembro de 2014

3ª XORNADA

Este domingo 23 ás 11 da mañá vémonos de novo no Pavillón do Piñeiro (Cerceda), resgardados da choiva, para disputar unha nova xornada de billarda. Despois do festival de varados da pasada xornada, esta tamén promete ser apaixonante. Vide ben espertos e almorzados que boa falta vos vai facer.


Avante Noroeste!

Localización do Pavillón do Piñeiro (Cerceda)

Sem comentários: