quinta-feira, 9 de março de 2017

BILLARDA ALL-STAR 2017. PRAIA DE LAXE

UN MAR DE BILLARDAS!


Golpean co palán e brincan as billardas aos ríos e ao mar.
 
As billardas de Billardeiros Musicais dende a ría comezan a percorrer o mar Cantábrico coas de Troitas Bravas que baixaron polo río Eo,  xuntándose coas de Remourelle Bulls e tamén coas da Ekipa Bítere que descenderon polo río Masma. As de Polka Miseria percorren o río Azúmara uníndose ás de Carabullo ata o río Miño e descendendo por este xúntanse coas de Chaínzos/Cadaval que viñeron polo río Lea e coas de Billarda Verde que baixaron polo río Chamoso, percorrendo todas o río Miño ata a súa desembocadura.

Dende a ría da Coruña as billardas de Filloas de Sangue e as de Zumbapaus percorren o mar Atlántico xuntándose coas de Croa do Castro-Cerqueda. As de Vimianzo percorren o río Grande. As de Billarda Campo da Feira-Paiosaco xúntanse coas de APB Santa Marta e descenden o río Anllóns. As de Cochikeiros da Billarda percorren río Lengüelle ata o río Tambre e polo que baixan as de Furabolos descendendo xuntas ata a ría de Muros e Noia.

Bótanse ao mar nas Rías Baixas as billardas de Valpaços-Terra Quente e van cara a ría de Pontevedra xuntándose coas de Corredoiras, as de Gharaboto, as de Rinoceronte, as de Armandiña, as de Andarela e as de Lúa de Forza. Seguindo cara a ría de Arousa únense ás de Laxe de Rons e ás de Casilledín que baixaron polo río Umia.

Percorren todas a costa galega, xúntanse na Costa da Morte e fronte á praia de Laxe forman un “mar de billardas”.



LNB-10 ANOS DE ACTIVIDADE E HIPERENXEBRISMO.

Este sábado 11 ás 6 da tarde no local municipal, sito na rúa Valle Inclán (detras da casa do concello), presentaremos o Billarda All-Star 2017 e falaremos do xogo-deporte da billarda e da historia da LNB-Liga Nacional de Billarda. Tamén poderás ver a exposición itinerante de carteis "LNB-10 anos de actividade e hiperenxebrismo".






PON A CAMISOLA DA LNB E PARTICIPA! 

Participar na Liga Nacional de Billarda e no All-Star Praia de Laxe é aberto, gratuíto e sen límites de idade. Só tes que achegarte e se traes o teu palán e billarda mellor, senón pretámosche nós o material para xogar. 



PARA O XANTAR É IMPRESCINDIBLE ANOTARSE NO TLF. 658596765 ANTES DO MÉRCORES 15.

Sem comentários: