segunda-feira, 6 de outubro de 2008
Segunda Xornada en Celas de Peiro
domingo, 5 de outubro de 2008
Zapateira en obras

así que houvo que improvisar un varal e iste foi o resultado



segunda-feira, 29 de setembro de 2008
Calendário
Boas Palanadores, xa temos calendário.
Dia Xornada 28 Setembro Xornada 1 12 Outubro Xornada 2 2 Novembro Xornada 3 16 Novembro Xornada 4 14 Dezembro Xornada 5 18 Xaneiro Xornada 6 8 Fevereiro Xornada 7 1 Marzo Xornada 8 29 Marzo Xornada 9 19 Abril Xornada 10
Clasificación
| Primeira Xornada 2008/2009 Comezou a primeira xornada da conferencia NorOeste cos Xarutos imparáveis no primeiro posto con 19 pontos, grazas en parte à nova fichaxe, Miguel, que xunto con Jano de Atreu lideran a clasificacion individual, e deixan aos segundos a 5 pontos de distáncia. O resto da franquícias entre 10 e 14 pontos agardan impacientes a segunda xornada para dar-lles caza aos Xarutos, se se deixan. Salientar a estrea de duas novas franquícias: Fenians Galegos e Furabolos. | ||
| Clasificación por franquícias | ||
| Franquícia | Pontuación | |
| Os Xarutos | 19 | |
| Filloas de Sangue | 14 | |
| Taravelas | 14 | |
| Fenians Galegos | 13 | |
| Atreu | 12 | |
| Furabolos | 10 | |
| Clasificación xeral | ||
| Xogador | Franquícia | Pontuación |
| Jano | Atreu | 6 |
| Miguel | Os Xarutos | 6 |
| Sergio | Os Xarutos | 5 |
| David López | Fenians Galegos | 5 |
| Alberto | Filloas de Sangue | 5 |
| David Fontán | Filloas de Sangue | 4 |
| Toño | Furabolos | 4 |
| Iago Lopéz | Fenians Galegos | 4 |
| Xaquin | Taravelas | 4 |
| Iago Carmuega | Fenians Galegos | 4 |
| Toninho | Taravelas | 4 |
| Maceira Xosé Antón Xavi Kiko | Os Xarutos Furabolos Taravelas Os Xarutos | 4 4 4 4 |
| Leti | Os Xarutos | 3 |
| José Moris | Filloas de Sangue | 3 |
| Antón | Atreu | 2 |
| Rafa | Os Xarutos | 2 |
| Anxo | Taravelas | 2 |
| Maria | Atreu | 2 |
| Roi | Filloas de Sangue | 2 |
| Iván | Furabolos | 2 |
| Daniel | Atreu | 2 |
| David Lamas | Filloas de Sangue | 2 |
| Luis Fontan | Filloas de Sangue | 2 |
| Sergio | Furabolos | 0 |
| Marica | Taravelas | 0 |
| Anabel | Atreu | 0 |
| Miguel | Atreu | 0 |
quinta-feira, 25 de setembro de 2008
Comeza a Super Liga de Billarda LNB 2008/2009!!
Esta fin de semana comeza a temporada billardeira. O domingo 28, às 16:30 na pista da Zapateira da Coruña comezamos nós a Conferéncia NorOeste.
Por outra banda o sábado 27, às 17:00 faino a Conferéncia Sur, na pista do coléxio Fernández López do Porriño, nas Festas do Cristo. e na Conferéncia NorLeste comezan tamén o domingo às 16:30.
Así que agarrade os paláns e afiade as billas que imos.
quinta-feira, 12 de junho de 2008
A piques de subir ao autocarro..
Con esta imaxe do primeiro All Star no que os daquela únicos palanadores da Galiza se achegaban á pista da Zapateira na Coruña, queremos ilustrar o post que anuncia que está todo listo no NorOeste para que esa data que todos levabamos agardando se produza co éxito que avanza o isuperabel cartaz de Nachok. Todos os palanadores e seguidores deste espectáculo están ansiosos por coñecer e participar no desenlace da competición e para eles vai a folla de ruta previa ao encontro das estrelas:
Venres ás 17:00
Pista da Zapateira
Os adestramentos servirán para a concentración psicolóxica antes do choque e a posta a punto do material, ademáis de facer piña entre os palanadores amigos e rivais durante un ano que agora partirán na mesma expedición cara Compostela. O adestramento estará dirixido por Lois Fontán, seleccionador do NorOeste.
Domingo ás 10:00
Esplanada de Riazor (diante do estadio do Liceo)
A autocarro do NorOeste partirá cara o complexo deportivo de Conxo no que se disputará o PlayOff, coas súas equipacións regulamentarias e cos siareiros e acompañantes incluido. O autocarro do NorOeste pon a disposición de todos os seguidores da billarda-LNB as prazas dispoñibles, polo que animamos a todos os seguidores (coñecidos ou non) a que se suban ao carro gañador.
13:00 Final do campionato de equipos
16:00 Final do campionato de varados
17:00 Final individual
terça-feira, 10 de junho de 2008
PLAY OFF
Auténtica envexa sinte calquera competición deportiva por este cartaz que anuncia a data que ficará para a historia:Primeiro Play-off Nacional de Billarda
Despois de anos de loita e décadas de arelas podemos gabarnos de poder anunciar a final da primeira competición deportiva nacional. A cita será recordada en décadas, porén non está sendo doada a preparación de tan ansiado día. Ainda así, e cun cartaz feito polo espectacular nachok que nen o mesmísimo Sonar chegará a alcanzar animámosvos a que vivades connosco o irrepetíbel Play Off.
Ésta é a equipa de valentes que enviamos para bregar en noble loita cos amigos e rivais da Conferencia NorLeste, capitaneados polo noso seleccionador Lois Fontán:
Equipa "Filloas de Sangue":
Roi
David
Lamas
Lois
Aitor
Alberto
Xende
Xogadores individuais:
Kiko
Sak
Sergio
Alberto
Lois Fontán
David Fontán
Juanjo
Roi
Suplentes: Leticia, Ghanito, Maceira, Besbe
Varados:
Juanjo
Sak
Lois Fontán
Sergio
Suplente: Ghanito
Mulleres:
Leticia, Besbe, Maria
